A plataforma Goteo é unha parte fundamental da Fundación Goteo, que impulsa ferramentas para o financiamento cívico, onde facemos posíbel que moitas iniciativas tiren cara adiante. Temos tres áreas moi importantes: a ecolóxica, a social e a democrática, que lle dan sentido ao que facemos:

  • Non deixamos a ninguén atrás, dando soporte "caso por caso e paso a paso", con formación, difusión e acompañamento a máis de 200 proxectos ao ano.
  • Innovamos dun xeito cívico por defecto, liderando procesos innovadores de financiamento corresponsable xunto a institucións públicas e privadas.
  • Compartimos o que temos, e apostamos polo software libre, abrimos os nosos datos e liberamos o noso código, para medrar en comunidade, reforzar a sociedade do coñecemento e participar activamente nela, sen complexos!
Goteo / Fundación Platoniq

Todo un equipo traballando por un crowdfunding cívico!

Os nosos custos
230.661€
Gastos operativos 2018
29%
Gastos cubertos polo 4% de comisión
78%
Gastos adicados a salarios

No 2017, recadamos máis de 1.150.000€ para financiar proxectos. A comisión recadada aos proxectos con éxitos é do 4%, o que supón acadar o 29% dos nosos custos operacionais. E cales son os nosos custos operacionais? Sobre todo, os soldos das persoas que fan posible o día a día da organización. Consulta aquí as nosas contas do 2017 e axúdanos a continuar co noso traballo.

Todas as doazóns á Fundación Goteo son desgravables. Por exemplo, se doas 100€, Facenda devolverache 75€. Emprega a nosa Calculadora Fiscal para calcular a desgravación que se che aplicará. Recibirás o certificado de doazón que che corresponde.

Tes dubidas canto a túa doazón á Fundación Goteo? Escrébenos a donate@goteo.org