DIBUJANDO UN FUTURO

Financiado o 15 / 08 / 2017
Cofinanciado!
Obtido
€ 3.250
Mínimo
€ 2.272
Óptimo
€ 3.724
65 Cofinanceiros
  • Achegando € 5

    Agradecémoscho de verdade!

    Agradecemento na web e as redes sociais; se queres que o teu nome se publique

    > 05 Cofinanceiros
  • Achegando € 15

    Marcapáxinas

    Recibirás na túa casa un marcapáxinas deseñado co logo da campaña Debuxando un Futuro

    > 07 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    Bolsa de tela

    Recibirás na casa unha bolsa de tela co logo da campaña Debuxando un Futuro

    > 12 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Camiseta

    Recibirás na casa unha camiseta co logo de Debuxando un Futuro

    > 11 Cofinanceiros
  • Achegando € 80

    Bolsa de tela + Marcapáxinas

    O paquete que chegará a casa comeza a ser máis grande.
    Con esta aportación obterás unha bolsa de tela co logo e o marcapáxinas oficial de Debuxando un Futuro

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Camiseta + Marcapáxinas

    Por esta aportación chegarache unha camiseta e o marcapáxinas de Debuxando un Futuro.
    Date presa se non queres quedar sen elas!

    > 05 Cofinanceiros
  • Achegando € 250

    Camiseta + bolsa de tela + marcapáxinas

    ¡E aquí está o todopoderoso paquete!
    Recibirás a camiseta + a bolsa de tela + o marcapáxinas, todo co logo de Debuxando un Futuro.

    > 02 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Dotar de materiais escolares aos nenos e nenas da Casa Amiga da Federación de Mulleres de Sucumbíos, Ecuador

Necesidades Material Mínimo Óptimo
Materiais escolares
O conxunto estimado do costo dos materiais escolares precisos para 50 nenos e nenas da Casa Amiga
€ 1.450
GASTOS DE CAMPAÑA
É a suma dos gastos da campaña en cuestión de materiais: impresións + envíos + producción
€ 661
Materiais escolares
Materiais que non son imprescindibles ou materiais de sustitución
€ 875
Materiais ludoteca
Se conseguimos cubrir os materiales escolares, o excedente destinarase a conseguir novos materiais para a ludoteca da Casa Amiga
€ 100
GASTOS DE CAMPAÑA
É a suma dos gastos de campaña en cuestión de materiais: impresións + envíos + producción
€ 371
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Persoal
O persoal que se encarga da campaña tanto dentro como fora das redes recibiremos un 5%
€ 73
Persoal
O persoal recibirá un 5% para susistir
€ 50
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Gastos administrativos e de xestión
Os gastos das transferencias bancarias + gastos de GOTEO (4%)
€ 88
Gastos administrativos e de xestión
Gastos de transferencia bancaria + gastos GOTEO (4%)
€ 56
Total € 2.272 € 3.724
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Este proxecto pretende acadar que os 50 nenos e nenas da Casa Amiga (Federación de Mulleres de Sucumbíos), un refuxio para mulleres vítimas da violencia de xénero xunto cos seus fillos e fillas, podan incorporarse á escola e recuperar a normalidade nas suas vidas.
O Ministerio de Educación do Ecuador establece uns materiais obrigatorios que cada neno e cada nena deben levar segundo os diferentes niveis educativos; a suma destos supón un alto costo, superior ás capacidades económicas da propia FMS. Debemos ter en conta que da FMS dependen outras moitas actividades relacionadas coa protección, a mellora e a defensa dos dereitos das mulleres e proxectos para a mellora das condicións de vida, que axuden a estas mulleres a procurar a súa independencia económica, ademáis da casa de acollida o que incrementa o peso presupuestario da Federación.

Características básicas

Este proxecto pretende que os nenos e nenas da casa de acollida, Casa Amiga, poidan acceder de maneira normalizada á educación pública. A financiación pública da Federación de Mulleres de Sucumbíos viuse moi reducida, polo que non se pode facer cargo das necesidades impostas pola compra destes materiais.
Este proxecto é o comezo dun programa maior. As relacións entre ASCUA e a FMS teñen por obxectivo a mellora das condicións de vida dos nenos e nenas vítimas da violencia intrafamiliar e de xénero. Para iso queremos comezar polo máis básico (de maneira urxente), que os e as menores de idade retomen canto antes a súa vida (ir á escola), posteriormente plantearase a especialización dos e das psicólogas do centro en educación emocional e terapias alternativas para menores, xa que os tratamentos céntranse nas mulleres.

foto16-1-.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Debuxando un futuro basase en que os 50 nenos e nenas da casa de acollida, Casa Amiga da FMS, retomen canto antes as suas vidas despois de ter sufrido e/ou tido no seu entorno situacións de violencia intrafamiliar de xénero. Para iso precisan volver ao cole, para o curso 2017-2018 os e as menores precisan novos materiais escolares diferenciados por idades (que o goberno obriga a que leven).

foto6-1-.jpg

Obxectivos da campaña de crowdfunding

Preténdese financiar de maneira urxente os materiais escolares precisos para que os nenos e nenas da Casa Amiga poidan ir á escola o curso escolar 2017-2018, o goberno de Ecuador cada ano envía ás familias un listado de materiais obrigatorios, diferentes para cada curso escolar. Sen esa lista completa os nenos e nenas non poden acceder de forma normal á educación pública.
O noso obxectivo é que, a pesar da sua situación familiar e personal, ingresen ó curso en igualdade de condicións que o resto de nenos e nenas da escola. Intentando erradicar calquera diferencia dentro da escola e aportar melloras que faciliten a sua educación.
Pero esta chamada de urxencia non quedará soamente nesta axuda económica, forma parte dun convenio de colaboración maior co que pretendemos mellorar a vida dos e das nenas da Casa Amiga, especializando aos e as psicólogas do centro en terapias emocionais e alternativas para menores de idade.

copia-de-foto-2.jpg

Experiencia previa e equipo

ASCUA leva dous anos realizando actividades de sensibilización e formación no entorno de Granada (España), ademáis de colaborar con diferentes asociacións e ONGs que comparten os nosos valores, entre elas a Coordinadora Granadina de ONGDs, a Red Granadina polo Refuxio e a Acollida, así como a participación activa dentro do Consello de Cooperación do Concello de Granada.
ASCUA está composta por un equipo técnico multidisciplinar, especializado en cooperación para o desarrollo.
A Federación de Mulleres de Sucumbíos (Ecuador) leva 29 anos creando equidades, loitando por cambiar o sistema imperante e construindo a provincia de Sucumbíos dende a perspectiva das mulleres. A FMS está composta por mulleres lideresas, persoas que aspiran a cambiar a provincia, a xenerar cambios individuais e colectivos (familiares e institucionais). Hoxe contan con 110 organizacións locais e máis de mil socias de tódolos cantóns da provincia. Ademais, son parte do Movemento de Mulleres de Sucumbíos e do Movemento de Mulleres Populares Luna Crecente.

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Salud y bienestar

    Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades

  • Educación de calidad

    Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todos

  • Reducción de la desigualdad

    Reducir la desigualdad en y entre los países