Bibliotecas Vivas

Imaxe de cabeceira
Ver vídeo
Archivado o 07 / 06 / 2016
Arquivado...
Obtido
€ 700
Mínimo
€ 2.000
Óptimo
€ 3.450
22 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 5

    "Fundador"

    Recoñecemento "Fundador" na páxina web da asociación e do proxecto "Bibliotecas Vivas".

    > 08 Cofinanceiros
  • Achegando € 10

    OS DE ANTES + CHAPA PROXECTO

    Recoñecemento "Fundador" na páxina web da asociación e do proxecto + a chapa con el logo de "BibliotecasVivas".

    > 03 Cofinanceiros
  • Achegando € 25

    OS DE ANTES E CADERNO EXCLUSIVO DE "BIBLIOTECAS VIVAS"

    Recoñecemento "Fundador" na páxina web da asociación e do proxecto + a chapa con el logo de "BibliotecasVivas" + o caderno personalizado de "Bibliotecas Vivas".

    > 05 Cofinanceiros
  • Achegando € 55

    RECOÑECEMENTO "BIBLIOTECARIO PRINCIPAL" + CHAPA + CAMISETA

    Recibirá un novo recoñecemento especial desde este nivel de cofinanciación + a chapa + o caderno personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta limitada co logo "BibliotecaVivas", asi que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto!

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Os DE ANTES + VISITA GUIADA

    Recibirá un novo recoñecemento especial desde este nivel de cofinanciación + a chapa + o caderno personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta limitada co logo "BibliotecaVivas", asi que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto! Ademais poderá facer unha visita guiada co equipo da asociación para ensinarvos o descuberto grazas ao proxecto "BibliotecasVivas".

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 150

    Os DE ANTES + ELIXE O teu ENTREVISTADO

    Recibirá un novo recoñecemento especial "Bibliotecario Máximo" desde este nivel de cofinanciación + a chapa + o caderno personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta limitada co logo "BibliotecaVivas!", asi que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto! Ademais poderá facer unha visita guiada co equipo da asociación para ensinarvos o descuberto grazas ao proxecto "BibliotecasVivas". Con este último nivel de cofinanciación terás a exclusiva posibilidade de elixir unha persoa maior que coñeces para unha intrevista especial que imos engadir ao proxecto.

    > 01 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Nunca pensaches que as bibliotecas son aburridas? Imos facelas VIVAS!

Necesidades Material Mínimo Óptimo
Cámara digital
O que necesitamos máis para o proxecto, unha camara para sacar vídeos e fotos de boa calidade.
€ 600
RECURSOS PARA AS ENTREVISTAS
Os gastos derivados do traballo de campo: consumo de combustible, desprazamento e dietas para poder realizar ata 165 entrevistas nos concellos ourensáns.
€ 700
GASTOS DE APOIO PARA FACER MÁIS ENTREVISTAS
Os gastos adicionais para ampliar a recompilación da información ata 165 intrevistas máis.
€ 700
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
EDICIÓN DE VIDEO
Gastos para a edición e maquetación das gravacións realizadas nas entrevistas.
€ 200
Deseño web
Deseño e aloxamento web desde onde daremos difusión aos vídeos, fotografias, gravacións que realizaremos durante o proxecto.
€ 500
ASISTENCIA INFORMATICA PARA PLATAFORMA DE DATOS
Deseño e mantemento dunha plataforma web onde poñer as informacións recollidas
€ 550
GASTOS ADICIONAIS PARA A EDICIÓN DE VÍDEOS
Gastos para a edición e maquetación das gravacións realizadas para as entrevistas adicionais.
€ 200
Total € 2.000 € 3.450
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

O coñecemento humano pasa de xeración en xeración, no pasado como agora queremos deixar constancia do noso pensamento, a nosa memoria, a noso xeito de ver o mundo e a realidade en rexistros, escritos, obras de arte e agora tamén recordos dixitais. Pero non sería mellor vivir estas memorias? Claro que si!

Bibliotecas Vivas é un proxecto de recuperación directa da memoria da comarca de Ourense (concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Esgos, Nogueira de Ramuín, San Cibrao das Viñas, Barbadás, Toén, A Peroxa, Coles, Amoeiro e Vilamarín) mediante a recollida e recompilación das historias que protagonizaron o mosaico rural da provincia. Isto conformou a sociedade que somos hoxe e que debemos reconstruír e difundir empregando aos protagonistas reais da mesma, as persoas maiores que hoxe habitan estos sitios.

A través de lembranzas ou memorias queremos tamén atopar e descrubrir lugares esquecidos dende anos e recuperalos, facelos vivos outra vez.

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Para ser un Libro non fai falla ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saber con que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.

Características básicas

O obxectivo principal do proxecto é a recollida da informacións de forma directa das persoas maiores sobre a realidade galega antes da revolución urbanistica dos anos 70. Despois de recoller as informacións se xeoposicionarán as historias para poder apreciar as disparidades entre os diferentes lugares. O importante é dar valor ás vidas anónimas das persoas maiores que habitan nas nosas casas, que acoden aos centros sociais das aldeas, ou que viven nas recidencias da terceira idade.

Ao final temos que facer dispoñible a información en diversos formatos para facilitar o acceso e poderllo mostrar aos que queiran conecterse a estas historias.

FASES DO PROXECTO:

  1. Contacto coas entidades colaboradoras.
    O contacto coas persoas transmisoras de información realizarase empregando a comunicación coas asociacións de veciños, centros de día, residencias de maiores e particulares. Tamén os arredores ourensáns e os seus cidadáns serán suxeto de investigación.

  2. Selección dunha mostra representativa.
    Deseñarase un campo de sondaxe por todo o territorio de Ourense (concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Esgos, Nogueira de Ramuín, San Cibrao das Viñas, Barbadás, Toén, A Peroxa, Coles, Amoeiro e Vilamarín). Unha vez que se posúa unha relación de potenciais participantes facilitadas polas entidades contactadas con información de idade, sexo, orixe, profesión, e residencia habitual establecerase a selección para abarcar todos os campos (diferentes profesións, procedencia, formas de vida, estatus social-económico,...)

  3. Realización das entrevistas.
    A recollida de información realizarase cunha cámara realizando unha entrevista cun cuestionario deseñado especificamente para os diferentes perfís.

  4. Recollida fotográfica.
    Durante o proceso, realizarase unha recollida fotográfica de imaxes que cumpran os estándares establecidos de data, lugares e representatividade de costumes tradicionais.
    Complementariamente á recollida verbal de información realizarase unha recompilación gráfica do material do que dispoñan tódalas persoas da entidade colaboradora que cumpran os requisitos de idade e orixe obxecto do proxecto.

  5. Deseño dunha base de datos.
    Deseñarase unha base de datos para a información que permita poñer a disposición as fotografías, vídeos e información en texto, así como filtrala por parámetros de lugar, época, costumes, tradicións, etc..
    Unha vez recollida a información volcarase na base de datos onde estará organizada por oficios, lugares, costumes, buscador por palabras. Tamén se transcibirá a información oral recollida para poñela dispoñible en formato texto.

  6. Difusión dos resultados nunha plataforma web.
    Poñer a dispocición os resultados e do material recolleito nunha plataforma web que dispoñerá de:

    • Sistemas de procura da información.
    • Disposición da información xeoposicionada.
    • Visualizador fotográfico e de audiovisual.
img-3226.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

A motivación que suscita este proxecto reside na vontade de recoller as historias e as memorias das persoas maiores sobre a realidade ourensá antes dos eventos dos anos 70 que transformaron en profundidade a estrutura social e económica.

Ademais queremos difundir estas informacións e facelas dispoñibles para todos os que queiran aprender sobre a historia ourensá e galega. Por fin queremos descubrir sitios naturais e rurais que quedaron no esquecemento, revitalizalos e levalos á luz a través de entrevistas, mostras fotográficas e vídeos.

Este proxecto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas na rehabilitación do patrimonio etnográfico, social e natural a través dunha campaña de recolección das memorias colectivas e individuais.

img-3197.jpg reconpensas.jpg

Obxectivos da campaña de crowdfunding

A intención deste proxecto é utilizar a información recuperada das memorias dos cidadáns maiores da cidade e tamén da proviancia ourensá para poder atopar historias, lugares, eventos que existiron antes da revolución urbanística dos anos 70. Isto conformou a sociedade que somos hoxe e que debemos reconstruír e difundir empregando aos protagonistas reais da mesma, as persoas maiores que hoxe habitan a nosa provincia.

Unha vez que completamos esta recollida de información, queremos ordenalas e facelas dispoñibles. Deseñarase unha base de datos que permita organizar e por a disposición dos interesados as fotografías, vídeos e información en texto, así como filtrala por parámetros de lugares, época, costumes, tradicións, etc..

Para iso necesitamos empezar cunha campaña de CROWDFUNDING de xeito que podamos dar inicio a este proxecto. Os fondos recollidos serán utilizados para o seguinte:

  • Conseguir todos os materiais para recoller os recordos dos cidadáns maiores ourensáns a través de entrevistas, vídeos, fotografías e eventos organizados.

  • Cubrir os gastos para as actividades do proxecto.

  • Conseguir recursos para xerar documentación e contribuír ao coñecemento colectivo publicando os resultados da búsqueda a través de licenzas libres e abertas.

  • Conseguir recursos para crear espazos de reflexión, participación e espallar o coñecemento e información atopada cos demais interesados a aprender as historias recollidas.

goteo-libreriasbibas-1.jpg

Experiencia previa e equipo

A nosa aventura ten as súas raices no ano 2011 cando un grupo de amigos decidiron comprometerse e mudar a cidadáns activos, comezar a facer algo importante para a protección do territorio e da natureza galega.

Somos unha asociación non lucrativa que fixa o desenvolvemento sustentable como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais.

Esta iniciativa xorde de diversas persoas relacionadas co sector ambiental, que preocupadas pola súa situación queren afrontar os seus problemas achegando experiencia e coñecementos técnicos.

Os nosos fins son o estudo, a divulgación, defensa do Medio e a promoción dun cambio posible e necesario, da relación do ser humano coa Natureza actuando para promover un modelo sustentable, de aí xorde o nome da asociación, "Sustinea".

Sustinea conta de maneira estable cun equipo multidisciplinar de profesionais titulados con grande experiencia no desenvolvemento de cada programa e actividade. A formación continua, a innovación, a creatividade e a implicación do equipo de persoas que forman Sustinea, constitúen as bases do noso Proxecto. A repartición de funcións realízanse a partir do tipo de tarefa, o perfil da persoa e as súas preferencias persoais e profesionais, xogando un papel fundamental a comunicación e coordinación interna entre os diferentes membros do noso equipo.

Este ano Sustinea conta tamén con voluntarios europeos do programa “Erasmus+” promovido pola comunidade europea e que fan parte activa do noso equipo. Estes voluntarios están motivados e cren nos valores de Sustinea participando nos proxectos e ás actividades da asociación.

Todo o equipo humano está altamente implicado co colectivo e participa activamente en actividades, formacións, programas para actualizarse e poder dar resposta idónea á diversidade de accións que se lles demanda e á ampliación dos seus ámbitos de traballo.

bv-1.jpg

Compromiso social