Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continuas navegando, considérase que das o teu consentimento para o seu uso. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies
LAR
LAR pretende sensibilizar e formar ao tecido socioinstitucional lugués no uso e vantaxes do micromecenado en liña como ferramenta para o financiamento de proxectos socioculturais e metodoloxía colaborativa para o desenvolvemento dos mesmos. Dotarmos dun canal propio na plataforma máis potente de Crowdfunding no nível ibérico como é goteo.org e complementalo no deseño e desenvolvemento dos proxectos co apoio dos equipos da propia Goteo e dos profesionais de Ith Crowdfunding, única plataforma galega e centrada nas ICC, pretende xerar unha sinerxia positiva que incremente o uso desta metodoloxía colaborativa de cofinanciamento cidadá de proxectos de ADN aberto como é tendencia e que tan bos resultados esta a dar a nivel mundial, mais que ten tan poca presencia na nosa provincia.