Tesouro de Corcoesto

Financiado o 31 / 10 / 2013
Cofinanciado!
Obtido
€ 8.461
Mínimo
€ 6.043
Óptimo
€ 11.979
180 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 5

    Mantémoste ao día

    Incorporarémoste á nosa base de datos como colaborador e avisarémoste de tódalas novidades deste proxecto (estrea, edición DVD, pases públicos, festivais...)

    > 14 Cofinanceiros
  • Achegando € 10

    Agradecemento

    O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 23 Cofinanceiros
  • Achegando € 20

    Estrea e descarga HD

    Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 64 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    Álbum da rodaxe

    Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película (personaxes, paisaxes, membros do equipo...)Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 24 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Comentarios nos créditos

    Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 19 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Produtos da horta!

    Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco +Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental coma colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 12 Cofinanceiros
  • Achegando € 200

    Visita guiada

    Acompañámoste a descubrir as principais localizacións deste documental e outros fermosos enclaves da Costa da Morte + Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco + Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando € 400

    Comida tradicional galega

    Comida a cargo dos autores do documental. Invitámoste a ti e a un acompañante a unha comida enxebre, poderemos coñecernos e falar sobre a historia deste traballo + Acompañámoste a descubrir as principais localizacións deste documental e outros fermosos enclaves da Costa da Morte + Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco + Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado ca temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental coma colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 500

    Patrocinios

    Aparecerás nos créditos como produtor adxunto (no caso de entidade ou empresa, incorporarase o teu logo)

    > 02 Cofinanceiros

ALBRICIAS DE OUTUBRO

12 | 10 | 2015

Prezad@s colaborador@s,

para aqueles de vós que aínda non estades ao tanto, compartimos unha estupenda e esperanzadora noticia aparecida hai uns días nos xornais: 

 

A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU.

Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pretendida mina a ceo aberto de Corcoesto, polo que ao decaer os dereitos mineiros (concedidos irregularmente e que foran denunciados pola veciñanza organizada na Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, así como por outras organizacións sociais) inviabilizan na práctica totalmente o proxecto mineiro de Corcoesto.

 
 
Sumámonos a alegría dos veciños e activistas que conseguiron tan grande logro. A historia vai ubicando o noso documental como a crónica dunha victoria. Non sempre se poden dar exemplos positivos de éxito da acción popular contra os desmáns dos poderosos, así que estamos encantad@s de poder sumar miguiñas á esperanza.
 
Por outra banda, este mes convocamos a dous dos últimos pases-coloquio do docu:
 
- LALÍN: xoves 15, 20:30h. Salón Teatro (xunto Auditorio Municipal). Organiza Asoc. Petón do Lobo coa colaboración do Concello de Lalín.
 
- OURENSE: luns 26, 20:30h. e 23h. Cineclube Padre Feijoo (Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Púlbica de Ourense, rúa Concello, 11). Organiza CGAI e Cineclube P. Feijoo.
 
A sorpresa está en que a Asociación Ambiental Petón do Lobo elixíu a Cora Peña, directora de Tesouro de Corcoesto, como unha das destinatarias dos seus premios Lobo e Territorio 2015, os cais serán entregados este mesmo xoves 15, tralo pase do documental en Lalín. É complicado asumir este recoñecemento, sendo tanta a xente que traballa arreo no eido ambiental, empezando pola mesma asociación que entrega os premios. Pero non lle imos dar máis voltas. Agradecemos o premio e compartímolo con todos os loitadores pola vida, a saúde e a terra en Bergantiños e en Galicia. E con todos vós, que contribuístes a que este documental vise a luz.
 
Grazas e ata pronto
 
 

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario