Coa túa axuda, fíxose posible a película sobre a "Ciudad de la Selva".
En primeiro lugar, desde o equipo de Metropolis.coop, queremos agradecer a túa xenerosidade e simpatía co proxecto. Empezamos a segunda fase do crowdfunding con 40 días de campaña por diante, sendo conscientes de que o conseguido é impresionante e de que precisamos xerar novas sinerxias para seguir avanzando. O noso obxectivo mínimo nesta segunda fase é acadar os 55.000€ antes do 10 marzo.
Sodes case 400 as persoas que apostastes por este proxecto, e non temos dereito a pedirvos nada máis. O voso esforzo superou todas as nosas previsións.
Á súa vez, creemos que podemos ampliar tremendamente a base social do proxecto. Por iso, quen teñades tempo e ganas para ser unha vez máis motor da "Ciudad de la Selva", invitámosvos a que escollades a 3 persoas da vosa contorna ás que saibades que lles vai a namorar a idea do documental. Unha chamada, unha mensaxe de audio, un WhatsApp a tres persoas distintas pode levarnos aos 1.000 COAPORTANTES en marzo de 2021. Sería a mellor forma de asegurar que conseguimos chegar aos 55.000€ e ver así a nosa película coa mellor banda sonora posible e cunha animación que perfile a vida dos protagonistas da nosa historia: a guerrilla.
Non nos cansaremos de repetilo: quen non temos a capacidade económica para financiar un proxecto tan marabilloso coma este, temos unha sorte maior, que é a de contar co apoio e o respaldo de centos de persoas, que entenden ademais, que a memoria é un ben social dun valor incalculable.
Grazas de todo corazón.
Miguel Riaño; Director de "Ciudad de la Selva" e cooperativista de Metropolis.coop
http://www.ciudaddelaselva.com
https://www.facebook.com/CiudadDeLaSelva
https://www.instagram.com/ciudaddelaselva/