• Ser unha casa viva que fomenta o encontro e busca a transformación do pensamento crítico desde a práctica; onde se impulsa o bo vivir desde a convivencia horizontal, o feminismo, o eco-socialismo, a soberanía alimentaria…
• Ser unha casa comunitaria para o encontro de “defensoras/activistas de dereitos” migrantes ou autóctonas, en tránsito ou permanentes, aloxadas ou non. Un refuxio solidario que procura o seu descanso, e é a súa retagarda, refuxio e voz. Tamén un espazo de formación e reflexión sobre como lograr unha acollida xusta a persoas migrantes e refuxiadas. E unha escola de experiencias para a aprendizaxe de novas prácticas a través do contraste coas defensoras e os diversos activismos creando itinerarios e circuítos.
• Ser un espazo en activo que fomenta o encontro e busca a transformación do pensamento crítico desde a práctica. Así, un espazo para o encontro dos movementos; unha escola transversal dos diferentes movementos sociais, que sirva para avanzar na teoría e na práctica cara a un novo activismo no actual contexto. Confluencia e encontro de organizacións sociais –intercambios, reunións, obradoiros, cursos, conferencias, congresos... Tamén talleres de agro-ecoloxía, saúde, acollida, desobediencia civil… Escola popular permanente que interactúa e colabora con outras escolas e talleres que levan tempo traballando na formación popular.
• Ser casa-cruzamento do activismo e a xente de Arratia e da súa contorna. A súa casa para unha aproximación natural entre o activismo e a xente do val/arredores. E un espazo de coordinación da rede Artea Sarea.
Características básicas
Basoa quere adentrarse na filosofía do bo vivir, combinar a solidariedade e a práctica política co gozo e o coidado. Será unha casa viva que fomentará a transformación do pensamento desde a práctica.
Basoa será a casa comunitaria das defensoras dos dereitos humanos. Ofreceralles un refuxio solidario, descanso, e tempo e coidado para recuperar a voz que quixeron silenciar nos seus territorios de orixe. Protexeremos as defensoras dos dereitos humanos como acción solidaria, pero tamén porque é unha forma de facer fronte ao sistema e de visibilizar e denunciar as causas que provocaron a persecución ou expulsión destas persoas.
Basoa quere transformar a sociedade, pero tamén hai que investigar, reflexionar e difundir como transformala. Para iso, será unha escola permanente para a formación do novo activismo, baseada na formación popular. Será un espazo de encontro de movementos sociais e redes de acollida, de intercambio de vivencias e experiencias de quen se reúna aquí. Realizaranse reunións, talleres, cursos, conferencias... e contarase cun espazo de coordinación de Artea Sarea. Alimentarase Basoa -serán abono das nosas árbores- da defensa dos dereitos humanos, a desobediencia civil, o ecofeminismo.... O bosque favorecerá a confrontación contra o sistema, pero non desde a simple oposición, senón ofrecendo e experimentando alternativas.
Basoa está situado en Arratia e tamén quere dedicar a Arratia os froitos das súas árbores. Basoa pretende ser un cruzamento de camiños do activismo da comarca: un punto de encontro entre axentes e persoas de Arratia e arredores. Enraizado en Arratia, centrarase no euskara e a cultura vasca, pero terá como obxectivo a diversidade cultural.
Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
Dirixido a todas as persoas migrantes, refuxiadas, defensoras e activistas, vivan onde vivan. Aínda que a casa estea fisicamente no val de Arratia, en Bizkaia, ten a vocación de traspasar fronteiras físicas, mentais e simbólicas.
Queremos chegar a todas as persoas, organizacións, comunidades e movementos sociais que queiran combinar a transformación social radical e o desafío aberto ao poder establecido, coa construción de espazos liberados e formas de vida articuladas desde abaixo e polas de abaixo, para sementar rebeldías silenciosas, fóra do estado e fóra do mercado. Un territorio libre para ir construíndo utopías, aquí e agora.
Experiencia previa e equipo
A nosa experiencia previa en acollida é moi grande porque na nosa rede ou equipo neste proxecto atópase a xente da Rede Artea, unha rede que leva desde 201Dirixido a todas as persoas migrantes, refuxiadas, defensoras e activistas, vivan onde vivan. Aínda que a casa estea fisicamente no val de Arratia, en Bizkaia, ten a vocación de traspasar fronteiras físicas, mentais e simbólicas.
Queremos chegar a todas as persoas, organizacións, comunidades e movementos sociais que queiran combinar a transformación social radical e o desafío aberto ao poder establecido, coa construción de espazos liberados e formas de vida articuladas desde abaixo e polas de abaixo, para sementar rebeldías silenciosas, fóra do estado e fóra do mercado. Un territorio libre para ir construíndo utopías, aquí e agora.6 con acollida de inmigrantes e refuxiados en diversas casas. En Artea están, actualmente tamén, xestionando a taberna do pobo que ten bar, restaurante e hostal. Este hostal xunto cunha rede de casas en Bizkaia estiveron coidando e dando acubillo a máis de 700 persoas nos últimos anos. É por iso que a nosa experiencia en dar esta protección é ampla.
Ademais temos unha asemblea e un equipo de traballo distribuído en diversas comisións (finanzas, defensoras, loxística, comunicación, calendario-eventos, equipo motor) que está formado por persoas con ampla experiencia de activismo en movementos sociais e organizacións.