https://vimeo.com/783594561
A Maceta é un espazo de traballo colaborativo e acción cultural. Un espazo dinamizador de innovación social e medioambiental dende o local, Muros, ao rexional e máis aló.
As nosas principais ferramentas son a creatividade e o traballo colectivo.
O elemento central do espazo é a mesa diálogo, a mesa Xeiteira. Unha mesa inspirada nas embarcacións tradicionais que antano vogaban na nosa ría. O xeito era a rede tradicional ca que se pescaba a sardiña, que é o aparello que dá nome á barca.
Co espazo, nace a asociación sen ánimo de lucro A Maceta, dende a que se queren impulsar diversas accións culturais en colaboración cos distintos axentes do territorio. A primeira desas accións é lanzar esta campaña de micromecenazgo dirixida a recadación de fondo para esa mesa tan significativa, a mesa de todos
Características básicas
O espazo forma parte dun edificio histórico da fachada marítima da vila de Muros. A Maceta sitúase na planta baixa, resgardada polos tradicionais soportais onde se gardaban barcos e apeiros de pesca. A rehabilitación do espazo é un paso firme na recuperación da memoria histórica do lugar.
O elemento central deste espazo é a mesa Xeiteira, a mesa da conversa, que é a protagonista desta campaña crowdfunding, inspirada na cultura e patrimonio locais.
Unha mesa que busca facilitar o diálogo entre persoas, o traballo colectivo utilizando a creatividade como principal ferramenta e a cultura como principal vehículo vertebrador das accións que nela se decidan levar a cabo.
É un todo, unha mesa diálogo, e ao mesmo tempo, divídese en catro, a mesa naufraxio. Permitindo así a organización en distintos grupos de traballo.
Está feita a man, con madeira 100% galega, mide máis de 4 metros de eslora e 1,6 metros de manga
Una mesa inclusiva y divertida
Una mesa de todos
Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
A actual crise ecosocial, medioambiental e de valores, lévanos a enfrentarnos a problemas de grande complexidade case desarmados. Necesitamos reconectar con nós mesmos e ca nosa Comunidade para concentrar esforzos que acaden un impacto maior dende a colectividade.
O rural presenta unha gran oportunidade tanto polos seus recursos naturais como culturais. Outra gran oportunidade é que somos parte dunha comunidade global, podemos aproveitar máis que nunca o intercambio de** información e talento que normalmente deixaba ao rural illado.
Por outra banda, levamos décadas perdendo os espazos físicos e culturais, de xeración e cultivo da Comunidade tan característicos do rural.
A Maceta nace como un espazo de conexión e inspiración que favoreza a creación de novas redes de colaboración. Un espazo que facilita a cooperación dos distintos axentes do ecosistema local co talento que poda acercarse doutras partes de Galicia e do mundo.
Un espazo aberto aos muradáns e ás persoas que transitan por estes lares a teletraballar, ás institucións e ás organizacións cidadás que precisan un lugar onde convocarse e presentarse. Imaxinamos unha comunidade diversa sentada ao redor dunha mesa**, a mesa diálogo, a mesa Xeiteira.
Experiencia previa e equipo
A Asociación A Maceta está formada por 3 grandes mulleres: Alba, Sara e Laura, que comparten inquedanzas, visión e propósito.
Alba, muradana, impulsora da iniciativa. Con máis de 10 anos de experiencia como arquitecta especializada en sostenibilidad, saúde e benestar con proxectos espallados en distintas comunidades do planeta. Extensa experiencia deseñadora que abrangue dende o deseño de obxetos cos principios de circularidade ao deseño de estratexias para rexeneración de comunidades.
Sara, muller curiosa e todoterreo. Poderíase resumir en que é unha enxeñeira especializada na mellora de procesos e medio ambiente que os roteiros da vida a foron levando a centrarse no que realmente importa: xerar impacto positivo no mundo empezando polo seu territorio. Vive na aldea onde sinte que está o seu fogar e colabora activamente no proxecto irmá da Maceta, Villa Regina, en Santa Comba.
Laura, acompañante da iniciativa dende o interese de fomentar o capital social, cultural e natural local traballando dende a innovación social e financieira campo no que se desenvolve profesionalmente dende hai máis de 10 anos.