Tesouro de Corcoesto

Financiado o 31 / 10 / 2013
Cofinanciado!
Obtido
€ 8.461
Mínimo
€ 6.043
Óptimo
€ 11.979
180 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 5

    Mantémoste ao día

    Incorporarémoste á nosa base de datos como colaborador e avisarémoste de tódalas novidades deste proxecto (estrea, edición DVD, pases públicos, festivais...)

    > 14 Cofinanceiros
  • Achegando € 10

    Agradecemento

    O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 23 Cofinanceiros
  • Achegando € 20

    Estrea e descarga HD

    Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 64 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    Álbum da rodaxe

    Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película (personaxes, paisaxes, membros do equipo...)Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 24 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Comentarios nos créditos

    Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 19 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Produtos da horta!

    Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco +Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental coma colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 12 Cofinanceiros
  • Achegando € 200

    Visita guiada

    Acompañámoste a descubrir as principais localizacións deste documental e outros fermosos enclaves da Costa da Morte + Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco + Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando € 400

    Comida tradicional galega

    Comida a cargo dos autores do documental. Invitámoste a ti e a un acompañante a unha comida enxebre, poderemos coñecernos e falar sobre a historia deste traballo + Acompañámoste a descubrir as principais localizacións deste documental e outros fermosos enclaves da Costa da Morte + Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco + Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado ca temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental coma colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 500

    Patrocinios

    Aparecerás nos créditos como produtor adxunto (no caso de entidade ou empresa, incorporarase o teu logo)

    > 02 Cofinanceiros

TESOURO en NIGRÁN

11 | 03 | 2015
TESOURO en NIGRÁN

Ola a tod@s, avisamos un pouco in extremis (apenas confirmaron hora esta mañá) dun novo pase do documental. Será en NIGRÁN, este VENRES 13, ás 20h., dentro da I XORNADA NOSO AMBIENTE. Un foro que promete ser interesantísimo. Déixovos copia da convocatoria e anímovos a participar, presencialmente ou compartindo información. 

(Adianto: o próximo mércores 18, faremos proxección en Santiago de Compostela, avisaremos con detalles polo camiño)

Data: Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria, C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Couso, Proxecto Montenoso, Casa Colorida, Alg_a Lab.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do Val Miñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade. O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis diretamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute,autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

18:00h: Breve presentación do Proxecto MonteNoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga, unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

19:30h: Intermedio/Café 

20:00h: Proxeción Documental "O Tesouro de Corcoesto".

21:30H:  Intermedio/Café 

22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña, autora de "O Tesouro de Corcoesto".

Acompañarán nos intermedios desta xornada o Trio Folk do Val Miñor formado por  Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

Nota: Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e  tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

 

 

 

 

 

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario