Diego Alonso - Nihil

1ª rolda Restan 22 días
Obtido
€ 1.182
Mínimo
€ 2.300
Óptimo
€ 5.910
35 Cofinanceiros
  • Achegando € 5

    IMPULSO

    Podes aportar desde 5€ ata o valor que ti queras, pero neste tipo de colaboración non hai recompensa.
    Se queres cofinanciar o proxecto pero a precariedade non che permite aportar máis, esta pode ser a túa aportación.

    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 4€ e o teu gasto real será 1€ (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 15

    DESCARGA DIXITAL
    • Descarga do álbum Nihil en formato dixital de alta calidade

    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 12€ e o teu gasto real será 3€ (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 06 Cofinanceiros
  • Achegando € 25

    DIXITAL + 1 ILUSTRACIÓN
    • Descarga do álbum Nihil en formato dixital de alta calidade
    • 1 ilustración a escoller (indicar na caixa de comentarios)

    Gastos de envío incluídos
    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 20 € e o teu gasto real será 5 € (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    LP "Nihil"
    • Descarga do álbum Nihil en formato dixital de alta calidade.
    • Álbum en formato vinilo

    Gastos de envío incluídos
    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 24€ e o teu gasto real será 6€ (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 13 Cofinanceiros
  • Achegando € 45

    PACK LP + 2 ILUSTRACIÓNS
    • Descarga do álbum Nihil en formato dixital de alta calidade.
    • Álbum en formato vinilo
    • 2 ilustracións a escoller (indicar na caixa de comentarios)

    Gastos de envío incluídos
    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 36€ e o teu gasto real será 9€ (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 03 Cofinanceiros
  • Achegando € 75

    PACK ILUSTRACIÓNS
    • Descarga do álbum Nihil en formato dixital de alta calidade.
    • Pack de todas as ilustracións

    Gastos de envío incluídos
    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 60€ e o teu gasto real será 15€ (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    FULL PACK
    • Descarga do álbum Nihil en formato dixital de alta calidade
    • Álbum en formato vinilo.
    • Pack de todas as ilustracións

    Gastos de envío incluídos
    Lembra que podes desgravar un 80% da túa donación
    Facenda devolverache 80€ e o teu gasto real será 20€ (mais información en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 03 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Axuda a financiar "Nihil", o primeiro álbum do quinteto de Diego Alonso

Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Gastos Gravación
Salarios, estudo de gravación, mestura e máster.
€ 2.300
Distribución dixital
Custes asociados á distribución do álbum en plataformas dixitais
€ 160
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Axudas de custo e transporte
Gastos de manutención, transporte e aloxamento da gravación
€ 600
Gastos de xestión e comisións
Gastos de xestión e comisións asociadas á campaña
€ 550
Necesidades Material Mínimo Óptimo
Edición de vinilos e láminas
Custes de fabricación dos vinilos e de impresión das láminas
€ 2.300
Total € 2.300 € 5.910
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

O obxectivo deste proxecto é a autoedición de "Nihil", o primeiro traballo discográfico do quinteto de jazz liderado polo saxofonista vigués Diego Alonso, que será publicado en formato dixital e LP de vinilo.

Os eixos sobre os que se estrutura este proxecto son, por un lado, as composicións musicais do líder da formación e, por outro lado, o desenrolo das ilustracións que acompañarán á edición do álbum. Deste modo, o proxecto presenta un álbum con 6 composicións orixinais acompañado de 6 ilustracións de Pablo P. Moledo.

Este álbum supón o primeiro como líder da miña propia formación, despois de máis de dez anos como sideman en diversas formacións de diferentes estilos. Aglutina composicións que van desde o ano 2014 ao ano 2021 e representa algunhas das miñas inquedanzas musicais onde os conceptos de azar e necesidade na evolución bióloxica de Jacques Monod, o existencialismo de Sartre, a filosofía de Nietzsche e a idea da modernidade líquida de Baumann, así como as influencias de músicos como Joe Lovano, Chris Cheek, Seamus Blake, Kurt Rosenwinkel, Guillermo Klein ou Chassol conforman o transfondo estético dun traballo musical intimista e persoal no que a interacción entre os membros da banda e a improvisación acaban de dar forma ás composicións nun contexto de jazz contemporáneo transitando polas emocións de ansiedade, alegría, loita e redención.

Este é un álbum gravado en directo durante dous dias nos estudos CARA-OJM de Matosinhos, á maneira antiga, polo que é unha boa representación de cómo soa a banda nas súas actuacións ao vivo.

Características básicas

As doazóns obtidas axudarán a cubrir os seguintes gastos de produción e edición en dúas etapas:

  1. Gravación, mestura e máster do álbum.
    Esta etapa cubrirá os gastos de produción do rexistro discográfico.

  2. Elaboración das recompensas.
    Esta etapa cubrirá os gastos de edición, distribución e envío da descarga dixital, do vinilo e das láminas que formarán parte das recompensas, así como os gastos de envío das recompensas e as comisións asociadas á propia campaña.

1-seq-intro-coches-bien.00-03-30-18.still032.jpg todos-3.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

No ano 2021 xorde a oportunidade de iniciar o meu propio proxecto con músicos do meu redor cos que teño unha forte vinculación tanto no musical como no persoal. É así como, ao amparo do ciclo de Jazz na Caixa promovido pola asociación O Eixo do Jazz, o quinteto dará un primeiro concerto na Casa das Artes de Famalicão, ao que lle sucederán actuacións nas salas Sinattra e A Casa de Arriba de Vigo, no Jazz Filloa da Coruña, no Clavicémbalo de Lugo, no festival Ames Jazz e na feira internacional MUMI.

Este é un proxecto totalmente autoxestionado, de creación musical nun campo alternativo aos circuítos comerciais habituais. Isto fai que os músicos nos vexamos limitados económicante á hora de poder xestionar os múltiples gastos de produción derivados da gravación dun disco. Por iso é importante o apoio do público e dos afecionados á música tanto nos concertos como na edición de álbuns coma este.

Se queres apoiar a creación de música alternativa feita en Galiza e axudar a que os músicos podamos seguir traballando de maneira digna, este pode ser un bo momento. Lembra que con Goteo a túa donación desgrava na declaración da renda, polo que coa túa aportación beneficiaraste dun desconto, recibirás a recompensa correspondente e axudarás moito ao proxecto ao mesmo tempo que colaboras co desenvolvemento da cultura na sociedade.

miguel-estima-jazz-da5tet-2.jpg imagen-de-whatsapp-2024-04-02-a-las-20.-43.58-2201a

Experiencia previa e equipo

O quinteto está formado por músicos de grande proxección nas escenas galegas e portuguesas, contando con músicos consolidados e novos valores do jazz peninsular:

Diego Alonso: saxofón e composicións
Virxilio da Silva: guitarra eléctrica
Xan Campos: piano
Pablo Patiño: contrabaixo
Antón Quintela: batería

Gravado os dias 17 e 18 de novembro de 2023 nos estudos CARA-OJM (Matosinhos).

Captación e mestura: João Bastos (Porto)
Master: Cem Oral de Jammin' Masters (Berlín)
Deseño e ilustracións: Pablo P. Moledo
Vídeo: @guil.wav
Fotos: Miguel Estima e @guil.wav

1-seq-intro-coches-bien.00-01-59-18.still014.jpg regie.jpg

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Salud y bienestar

    Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades

  • Educación de calidad

    Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todos

  • Trabajo decente y crecimiento económico

    Promover el crecimiento económico sostenido, inclusivo y sostenible, el empleo pleno y productivo y el trabajo decente para todos