Acerca deste Proxecto
Amosar listado de necesidades
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Material
Edición de material para as recompensas: bolsas de tea, camisolas, chapas, adhesivos...
|
€ 750 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Envíos
Gastos dos envíos das recompensas aos/ás mecenas.
|
€ 250 | |
CAIXA DE RESISTENCIA
Imprescindible para cubrir os custos que implica para o persoal secundar a folga.
|
€ 3.000 | |
FONDO DE GARANTÍAS
Captación de fondos de resistencia para a asemblea de traballadores e traballadoras. Como garantía de autodefensa para o futuro.
|
€ 2.000 | |
Total | € 4.000 | € 6.000 |
Información xeral
As traballadoras e traballadores do 112 están en folga indefinida desde o pasado 15 de abril. Logo de máis dun mes de conflito desatado pola deslocalización da central de emerxencias, o colectivo busca intensificar a súa loita e garantir a súa sustentabilidade. Queremos contar coa solidariedade de todos os sectores sociais cómplices para fortalecer a nosa caixa de resistencia, de todas aquelas persoas sensibilizadas coa necesidade dun 112 de calidade e un traballo digno. É o propósito de traballadoras e traballadores que levan décadas prestando atención á cidadanía ante situacións de urxencia, coordinando os recursos necesarios.
Características básicas
Buscamos recadar fondos para nosa caixa de resistencia. Imos ofrecer recompensas de diferente valor para que calquera poida colaborar na medida das súas posibilidades. Publicaremos vídeos e material gráfico para amplificar a difusión da campaña. Contamos cun público atento no sector das emerxencias, así como do sindicalismo e as loitas sociais.
Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
Logo do anuncio do traslado do 112 desde Santiago para A Estrada, os traballadores e traballadoras organizáronse para reclamar compensacións e evitar así unha perda importante de poder adquisitivo. O colectivo de folguistas busca apoios entre os sectores sociais solidarios coa nosa causa e cun servizo de emerxencias de calidade.

Obxectivos da campaña de crowdfunding
Facer sustentable a continuidade da folga indefinida, para a edición de material, cobertura de gastos da campaña así como para paliar os efectos da protesta sobre a economía das traballadoras e traballadores, fortalecendo a caixa de resistencia.
Experiencia previa e equipo
O colectivo de traballadores e traballadoras do 112 leva anos defendendo os seus dereitos así como un servizo de emerxencias de calidade. Contamos co respaldo da Confederación Intersindical Galega (CIG) e organizámonos en asembleas abertas de todo o persoal que presta o servizo.
Compromiso social

Solidario
As e os folguistas do 112 buscamos tecer redes de solidariedade entre os sectores sociais que nos apoian para garantir a sustentabilidade da nosa folga indefinida. Denunciamos a temeridade que supuxo o traslado, efectuado cunha plataforma tecnolóxica inacabada e sen testar. Levamos meses reivindicando melloras na xestión das emerxencias, en defensa dun 112 de calidade, ao servizo das persoas.