12 No Camiño: a webserie

Imaxe de cabeceira
Ver vídeo
Financiado o 10 / 03 / 2023
Cofinanciado!
Obtido
€ 4.230
Mínimo
€ 4.000
Óptimo
€ 15.000
49 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 10

    VIEIRA
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 06 Cofinanceiros
  • Achegando € 20

    BORDÓN
    • Ligazón de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando € 40

    CABAZA
    • Versión dixital do libro ¡¡Buen Camino!! de Ramon Fernández Mazaira y Fernández Lamas
    • Ligazón de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando € 60

    ALBERGUE

    • Unha copia dedicada do cadro orixinal 12 no Camiño pintado por Ramón Fernández

  • Achegando € 70

    LIBRO ¡¡BUEN CAMINO!!

    Versión en papel do libro ¡¡Buen Camino!! de Ramon Fernández Mazaira y Fernández Lamas, o creador desta webserie, cunha dedicatoria personalizada. Só temos 20 unidades!

    • Ligazón de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando € 80

    ZAPATÓNS

    • Colección de 5 chapas das 5 etapas do Camiño Sanabrés desde Ourense
    • Unha copia dedicada do cadro orixinal 12 no Camiño pintado por Ramón Fernández
    • Versión dixital do libro ¡¡Buen Camino!! de Ramon Fernández Mazaira y Fernández Lamas
    • Ligazón de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    ETAPA

    • Tarxeta USB personalizada con contido extra

  • Achegando € 150

    CAMIÑO
    • Invitación á pre-estrea da webserie

  • Achegando € 250

    PEREGRINO

    PACK DOCE NO CAMIÑO

    1. Dous azulexos cerámicos simbólicos do Camiño (frecha e cometa)
    2. Tres pins variados do Camiño
    3. Un imán do Camiño

  • Achegando € 500

    COMPOSTELANA

    Para persoas físicas

    Crédito na webserie como Produtor Asociado

    PACK DOCE NO CAMIÑO

    1. Dous azulexos cerámicos simbólicos do Camiño (frecha e cometa)
    2. Tres pins variados do Camiño
    3. Un imán do Camiño
    • Invitación á pre-estrea da webserie
    • Tarxeta USB personalizada con contido extra
    • Colección de 5 chapas das 5 etapas do Camiño Sanabrés desde Ourense
    • Unha copia dedicada do cadro orixinal 12 no Camiño pintado por Ramón Fernández
    • Versión dixital do libro ¡¡Buen Camino!! de Ramon Fernández Mazaira y Fernández Lamas
    • Ligazón de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 500

    SOCIO PATROCINADOR

    Para empresas

    • Logo nos créditos da webserie
    • Logo destacado nos seguintes soportes: web, dossier e photocall na estrea
    • Mención en redes sociais e notas de prensa enviadas ós medios

    Tódalas recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renda.

    > 01 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Doce estudantes da universidade para maiores de 55 anos embárcanse nunha aventura polo Camino de Santiago

Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Persoal artístico
Altas do persoal artístico
€ 1.200
Música
Composición BSO orixinal
€ 500
Viaxes
Traslados do equipo técnico e artístico
€ 600
Aloxamentos
Estancias do equipo técnico e artístico
€ 400
Equipo técnico
Remuneración económica para o persoal de dirección, produción, fotografía, son, arte, maquillaxe e perruquería
€ 3.500
Posprodución de son
Edición de son, mesturas e foleys
€ 700
Montaxe
Edición e montaxe da webserie para a súa distribución
€ 1.000
Distribución e exhibición
Distribuidora para festivais e circuito internacional
€ 3.000
Necesidades Material Mínimo Óptimo
Arte e ambientación
Gastos de atrezzo adquirido e/ou alugado
€ 500
Vestiario
Aluguer de indumentaria
€ 300
Maquillaxe e peiteado
Gastos materiais
€ 300
Varios produción
Aluguer de vehículos, garaxes, limpeza, comunicación, seguros, etc.
€ 1.000
Maquinaria de rodaxe (fase 1)
Aluguer de cámara, ópticas e accesorios
€ 1.000
Maquinaria de rodaxe
Aluguer adicional de cámara, ópticas e accesorios
€ 500
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Recompensas
Materiais promocionais do crowfunding
€ 200
Comisións
Comisións Goteo e transaccións bancarias
€ 300
Total € 4.000 € 15.000
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

12 no Camiño é unha webserie que mestura ficción e documental, na que doce estudantes universitarios da chamada terceira idade inician unha peregrinación polo Camiño de Santiago Sanabrés, unha travesía que une Ourense con Santiago de Compostela por unha vía tan fermosa como pouco coñecida.

Esta road movie constará de 6 capítulos de 10 minutos cada un, cunha metraxe total de 60 minutos. Falaremos da capacidade transformadora do Camiño, da solidariedade, o compañeirismo e a amizade que xorde entre as persoas que se atopan durante as peregrinaxes, e o máis importante: falaremos dunha terceira idade emprendedora, activa e aventureira. Porque o Camiño é para todo o mundo, independentemente da súa condición ou da súa idade.

Características básicas

En cada capítulo de 12 no Camiño centrarémonos na historia de dúas personaxes que nos levarán da man a través dunha etapa do Camiño, viaxaremos do pasado ó presente baixo unha premisa: os nosos protagonistas non foron quen de acadar o seu obxectivo, pois un suceso inesperado impide que un deles continúe a travesía. Os seus compañeiros e compañeiras solidarízanse con el, e deciden deterse ata que, finalmente, o grupo consegue xuntarse de novo para rematar o Camiño todos xuntos.

O noso obxectivo neste sentido é grande, pero sinxelo: queremos amosar a capacidade emprendedora destes homes e mulleres, queremos promover valores como a amizade, a solidariedade e a empatía, e queremos tamén falar da importancia de facernos maiores de xeito activo e saudable.

dsc-893.jpg pa150496.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

O Camiño é unha experiencia única, durante a cal establécense lazos moi especiais coas persoas que nos acompañan ou coas que nos imos atopando. É unha viaxe transformadora, que nos axuda a coñecernos a nós mesmos e, incluso, pode que nos faga cambiar certos aspectos da nosa vida. Queremos achegar esa mensaje a tódolos galegos espallados polo mundo, e facer que se sintan un pouco máis cerca da casa; a tódolos amantes do Camiño de Santiago, sexan do país que sexan, e tamén a quen o desconoza; a persoas da xeración dos nosos doce protagonistas, que poidan sentirse motivados polas súas vivencias; e tamén a xeracións de xente nova a quen achegar a realidade de persoas maiores capaces de vivir aventuras, meterse en liortas e pasalo en grande.

dsc-0074.jpg

Experiencia previa e equipo

12 no Camiño é un desafío audiovisual para o noso equipo artístico, que carece de experiencia previa diante e detrás das cámaras. O seu creador, Ramón Fernández, é un namorado do Camiño, un home que peregrinou en numerosas ocasións por distintas rutas, e que decide agora escribir esta carta de amor ó Camiño de Santiago. Os nosos doce protagonistas tampouco son actores profesionais: son, realmente, doce estudantes de Universidade de Vigo / Campus de Ourense do Programa Universitario para Maiores, un grupo de compañeiros e amigos que decidiron embarcarse nesta aventura ilusionante, un camiño cheo de aprendizaxe, esforzo e diversión.

O equipo técnico estará formado por distintos profesionais do sector audiovisual, como son Andrés Rozados, Diego R. Aballe ou Amanda Seijas. Andrés ocupa o rol de director de produción, quen comezou este proxecto con Ramón tras dirixir a produción doutros proxectos como Entroidar, Superpunky: el musical, Fálame do silencio o Castelao: de chumbo a verba entre outros. Con máis de 10 anos de experiencia na produción de programas de TV, curtas, documentais e cine, destaca na súa experiencia a xefatura de produción de 8 programas para a TVG e a película Premio do Público en Sitges, Jacinto. Pola súa banda Diego, co rol de director, formouse en dirección actoral na ESAD de Galicia e en dirección cinematográfica na ESCAC de Catalunya; posteriormente forma en Galicia a súa propia produtora, Coven Films, coa que produce no 2019 a súa primeira curtametraxe, Canibalismo, con máis de 40 seleccións e 8 premios en festivais nacionais e internacionais. Amanda encargarase da dirección artística, formada en escenografía pola ESADg e en dirección de arte pola ESCAC, conta con anos de experiencia no deseño de espazos para cine, televisión, moda e publicidade, sendo tamén produtora e directora de arte na curtametraxe Canibalismo.

dsc-0182.jpg dsc-469.jpg

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Salud y bienestar

    Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades

  • Igualdad de género

    Lograr la igualdad entre los géneros y empoderar a todas las mujeres y las niñas

  • Vida de ecosistemas terrestres

    Gestionar sosteniblemente los bosques, luchar contra la desertificación, detener e invertir la degradación de las tierras y detener la pérdida de biodiversidad