AutonomaMENTE

Financiado o 03 / 10 / 2021
Cofinanciado!
Obtido
£ 3,781
Mínimo
£ 2,614
Óptimo
£ 6,384
35 Cofinanceiros

Achegando £ 4

Publicación do nome na páxina web

Publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 03 Cofinanceiros

Achegando £ 9

Xabón artesán + publicación do nome na páxina web

Recibirás un xabón feito na entidade coas plantas da horta e a publicación na páxina web de Xaruma co nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 13

Lámina exposición "Universos, unha viaxe pola saúde mental" + publicación do nome na páxina web

Con esta doazón recibirás unha lámina feita polos participantes da entidade para a exposición "Universos, unha viaxe pola saúde mental" (non hai dous iguais) e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 01 Cofinanceiros

Achegando £ 13

Xabón artesán + marcapáxinas + publicación do nome na páxina web (envío a España)

Recibirás un xabón feito na entidade coas plantas da horta, un marcapáxinas máis a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 18

Cadro obradoiro reciclaxe + publicación do nome na páxina web ( recollida na entidade)

Recibirás un dos cadros realizados no obradoiro de reciclaxe (deseños únicos e diferentes) e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 18

Xantar connosco + xabón artesán + publicación na páxina web (envío a España)

Poderás acompañarnos a un dos xantares que se realizarán no piso,ademais recibirás un xabón artesán e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 02 Cofinanceiros

Achegando £ 22

Lote de libros + publicación na páxina web (recollida na entidade)

Recibirás un lote de 4 libros (adultos ou infantís) e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 26

Cesta artesá: bote de plantas aromáticas + xabón artesán + marcapáxina + publicación do nome na web (envío a España)

Recibirás unha cesta composta por un bote de plantas aromáticas da nosa horta para infusións, xabón feito na entidade con plantas da horta e un marcapáxinas, ademais a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 01 Cofinanceiros

Achegando £ 44

Camiseta "sementando saúde" + bolsa de tea + publicación do nome na páxina web ( envío a España)

Recibirás unha camiseta elaborada no certame "sementando saúde" (tallas adulto ou infantil), unha bolsa de tea realizada no taller de costura e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 05 Cofinanceiros

Achegando £ 53

Tapiz + publicación do nome na páxina web (recollida na entidade)

Recibirás un tapiz e a publicación na web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 57

Saco de sementes + cesta artesá + bolsa de tea (recollida na entidade) + publicación do nome na web

Recibirás un saco de sementes realizado nos talleres de costura, unha cesta artesá composta por un xabón e un marcapáxinas, unha bolsa de tea (cada deseño será diferente) e a publicación na páxina web do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 70

Neceser + camiseta "sementando saúde" + publicación do nome na páxina web ( envío a España)

Recibirás un neceser realizado no taller de costura (cada deseño é diferente), unha camiseta elaborada no certame "sementando saúde" (tallas adulto ou infantil) e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 88

Neceser + saco de semillas + bolsa de tea + xantar connosco + publicación do nome na páxina web ( recollida na entidade)

Recibirás un saco de sementes, un neceser e unha bolsa de tea realizados nos talleres de costura (cada deseño é diferente), ademais poderás vir a un dos xantares que se realizan no piso e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora.

> 02 Cofinanceiros

Achegando £ 106

Neceser + 2 sacos sementes + 2 bolsas de tea (recollida na entidade) + publicación do nome na web

Recibirás un neceser, dous sacos de sementes e dúas bolsas de tea realizados nos talleres de costura (cada deseño é diferente) e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 132

Kit autocultivo + dúas bolsas de tea+ publicación do nome na páxina web (recollida na entidade)

Recibirás un kit de autocultivo composto por unha caixa decorada, substrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas plantar na túa terraza ou ventá, dúas bolsas de tea realizadas no taller de costura (cada deseño é diferente) e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 176

Kit autocultivo + cesta artesanal + xantar connosco + neceser (recollida na entidade)

Recibirás un kit de autocultivo composto por unha caixa decorada, substrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas plantar na terraza ou ventá ( cada deseño é diferente), unha cesta artenal con xabóns e sales de baño, ademais un dos xantares que se realizarán no piso e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 00 Cofinanceiros

Achegando £ 440

Kit de autocultivo + cesta artesanal + xantar connosco + saco de sementes + bolsa de tea + lámina exposición "Universos, unha viaxe pola saúde mental" + publicación do nome na web ( recollida na entidade)

Recibirás un kit de autocultivo composto por unha caixa decorada, substrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas sementar na terraza ou ventá, unha cesta artesanal con 2 xabóns e un bote de sales de baño, un neceser, un saco de sementes e unha bolsa de tea realizadas nos talleres de costura ( cada deseño é diferente) e unha lámina da exposición "Universos, unha viaxe pola saúde mental" ( non hai dous iguais), un dos xantares que se realizarán no piso e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 01 Cofinanceiros

Achegando £ 835

Kit de autocultivo + cesta artesana + xantar connosco + neceser + caderno + saco de sementes + bolsa de tea+ lote de libros + lámina exposición "Universos, unha viaxe pola saúde mental" + publicación do nome na web (recollida na entidade)

Recibirás un kit de autocultivo composto por unha caixa decorada, substrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas sementar na terraza ou ventá, unha cesta artesanal con 2 xabóns e un bote de sales de baño, un neceser, un saco de sementes e unha bolsa de tea realizadas nos talleres de costura (cada deseño é diferentes), un caderno realizado no obradoiro de reciclaxe, un lote de 4 libros de adultos ou infantís ( a escoller), unha lámina exposición "Universos, unha viaxe pola saúde mental" e a publicación na páxina web de Xaruma do nome da persoa colaboradora do proxecto.

> 01 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Apoio para acondicionar, reformar o piso e realizar actividades de habilidades para a vida autónoma de persoas con trastorno mental

Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Demolicións
Levantado porta, retirada do chan, retirada de rodapé, picado do chan cerámico e morteiro de recheo
£ 838
Axuda arranxo goteira local
Axuda arranxo da goteira da sede de Xaruma, lugar do que emana o propio proxecto AutonomaMENTE
£ 528
Solados e alicados
Morteiro autonivelante
£ 1,176
Axuda arranxo goteira local
Axuda arranxo da goteira da sede de Xaruma, lugar do que emana o propio proxecto AutonomaMENTE
£ 528
Necesidades Material Mínimo Óptimo
Carpintería madeira e vidro
Porta corrediza, porta plegable de madeira e porta de vidro temperado
£ 1,112
Solados y alicatados
Baldosas
£ 1,888
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Xestión
Custos de xestión e de recompensas
£ 136
Xestión
Custos de xestión
£ 178
Total £ 2,614 £ 6,384
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

O proxecto AutonomaMENTE consiste en levar a cabo actividades da vida diaria no piso, como unha vivenda normalizada onde poder adestras as habilidades necesarias para a vida independente e autónoma, nun entorno no que contribúa a reducir os síntomas da enfermidade mental.
Non é só unha convivencia, senón que será un proceso de formación que se adapte ás características e habilidades de cada persoa, onde se fomente o traballo en grupo e os lazos afectivos nun clima relaxado e participativo.
Pretendemos, desta forma, xerar un espazo que proporcione á persoa unha alternativa normalizada de apoio persoal e social onde pór en práctica as habilidades básicas para a vida diaria e, á súa vez, proporcionar un respiro familiar a familias coidadoras. Isto realizarase mediante as seguintes actividades básicas:
• Aula cociña: Será un espazo de aprendizaxe sobre a alimentación. Onde se van impartir obradoiros de alimentación saudable e sostible que se trasladarán á execución de receitas. La alimentación cobra moita importancia no mantemento da saúde, tanto física como mental. Relaciónase coa autoestima, o autoconcepto, a enerxía, a motivación, o cansanzo, o estado de ánimo...
• Aula limpeza: Non se pode falar de vida autónoma sen ter en conta o coidado das condicións de habitabilidade. As persoas participantes aprenderán a limpar cada unha das estancias dunha casa. Aprenderán a organizar e repartir o traballo, a facer unha compra de limpeza e a ordenar. Ademais se realizaran cursos formativos sobre limpeza de pisos.
• Salón impulso: queremos potenciar as habilidades sociais e o traballo individual e colectivo en canto a toma de decisións, iniciativa e quebra de autoestigma.
• Espazo convivencia: A convivencia entre persoas diferentes asúmese como un punto importante, por iso vanse traballar valores como a empatía, o compañeirismo, o traballo en equipo e a confianza noutras persoas.
• Terraza participa: Outro dos puntos importantes é a participación na comunidade das persoas que participan no piso. Crearase un espazo de participación co barrio, sentíndose parte dunha comunidade.
Por iso para o posta en marcha de este proxecto necesitamos reformar o piso para poder facer máis accesible e poder atender a máis persoas.

Ademais, incorporamos tamén a axuda ao arranxo da goteira que se atopa na sede de Xaruma, lugar do que emanan o resto de proxectos.

Recorda que a túa aportación ten unha desgravación fiscal de ata o 80%. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

Características básicas

O obxectivo principal é potenciar a autonomía persoal e social das persoas con trastornos mentais dentro da comunidade a través da adquisición, melloras e mantemento das habilidades da vida diaria.
Para a posta en marcha deste proxecto necesitamos realizar unha reforma no piso que nos permita:
• Abrir espazos para poder atender a máis persoas.
• Facer o piso accesible e dotalo dunha distribución máis favorecedora para a convivencia.
• Realizar as actividades para o adestramento de habilidades básicas para a vida autónoma.

reforma-final-piso.jpg planta-inferior-sen-reformar.jpg planta-baja-2.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Este proxecto vai dirixido principalmente a persoas maiores de 18 anos cun trastorno mental diagnosticado, as familias e a comunidade máis próxima.
Un dos nosos fins do estatuto e o de realizar con carácter habitual actuacións de integración de persoas con discapacidade e especialmente para persoas con trastornos mentais. Por iso nosas principais acciones atenden a unha dobre intervención: promover a autonomía de persoas con enfermidade mental e reducir a dependencia desta á súa familia, producindo así unha mellora na calidade de vida de todo o círculo familiar.

p1150156.jpg img-20170307-wa0017.jpg

Experiencia previa e equipo

Levamos traballando neste proxecto dende o ano 2010, aínda que os seus orixes foros diferentes a como entendemos agora o proxecto.
2010-2012: Durante unha e dúas semanas do verán alugábase un piso/casa fóra de Vigo e realizábanse actividades da vida diaria e a convivencia. Era algo parecido a unhas vacacións.
2012-2015: Durante unha e catro semanas no verán alugábase un piso/casa en Vigo e se realizaban actividades da vida diaria e convivencia. Asumiuse esta actividade como unha formación en habilidades básicas para a vida autónoma.
2015-2019: Durante unha cinco semanas de convivencia no verán. O resto do ano realizando diversas actividades de cociña e limpeza. Enténdense estas actividades como unha aprendizaxe total.

img-20170302-wa0005.jpg

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Salud y bienestar

    Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades

  • Agua limpia y saneamiento

    Garantizar la disponibilidad de agua y su gestión sostenible y el saneamiento para todos

  • Paz, justicia e instituciones sólidas

    Promover sociedades, justas, pacíficas e inclusivas