Avantva é un proxecto de obradoiro cosmético compartido, baixo o paraugas dunha cooperativa de servizos sen ánimo de lucro. Non temos coñecementos doutros proxectos en Catalunya destas características. A cooperativa é asemblearia, reinvirte os seus beneficios nela mesma, e os seus cargos non son remunerados. A nosa cooperativa ten os valores da economía social e solidaria e, polo tanto, pon ás persoas no centro dos seus intereses.
Actualmente son escasas as iniciativas de obradoiro compartido onde se poidan elaborar produtos cosméticos, polas altas esixencias que se piden por parte das autoridades sanitarias. Isto fai que se lles dificulte moito ás artesás cosméticas poder emprender de forma regularizada e, individualmente, tamén polos altos custos derivados. Con Avantva esperamos poder acompañar a 20 mulleres artesás co seu propio proxecto para facelo posible.
Características básicas
O noso espazo estará ubicado nos lagares dunha antiga masía do s.XVIII, declarada de Ben de Interese Cultural Local, no medio do Poal, un pobo de 600 e poucos habitantes, no Pla d'Urgell, Lleida. Tempo atrás, como en case todos os pobos, a xente axudábase os uns ós outros, sobre todo en época de colleita. Sabemos, pola xente maior do pobo, que como non sempre había medios en todas as casas, o viño de todo o pobo se “piava” (pisábase a uva) aí, e se gardaba nos 4 lagares que aínda se conservan. A casa tiña moitos terreos, e a maioría da xente do pobo traballaba a xornal, facendo que as portas da casa estivesen sempre abertas, con xente entrando e saíndo. A casa é querida por todo o mundo, recórdana apaciblemente, e nós queremos devolver este espírito. Queremos que volvan a traballar, a entrar e saír as persoas, queremos que volva cobrar vida, e tamén queremos devolver esta parte social e cohesionadora tan importante ó Poal e ó territorio.
Temos un proxecto transversal, onde contaremos con un obradoiro artesán compartido con punto de venda de proximidade e un espazo cultural e social, dinamizador e transformador.
Queremos facer posible o noso proxecto de obradoiro agroalimentario e obradoiro de cosmética ecolóxica nun contorno rural, para as mulleres emprendedoras, unindo forzas para impulsar e levar a cabo os nosos propios proxectos con todas as garantías legais, e dar visibilidade ó noso oficio sen perder a esencia, cos valores da sostibilidade e da economía social e solidaria.
Necesitamos adecuar a zona dos antiguos lagares para ubicar as instalacións dos obradoiros, almacén, etc. O edifico está datado aproximadamente de principios do século XX, e está construído con parede de tapia e cuberta de tella árabe. Queremos conservar o seu carácter histórico de arquitectura popular, e aproveitar as súas calidades naturais para potencialas. De acordo coa nosa filosofía, a adecuación levarase a cabo de acordo cos principios da bioconstrucción, empregando materiais ecolóxicos e respetuosos. Este é o principal motivo que fai encarecer o presuposto, posto que en todo momento utilizaremos materiais sostibles e sen tóxicos, en coherencia con noso proxecto e co noso compromiso ambiental.

Pero non só é o noso proxecto. Somos tantos proxectos como inquedanzas temos todas as persoas que integramos Avantva, e lle damos forma a través duns valores que nos definen, e que son, á súa vez, unha declaración de principios:
1- Un espazo para cooperación e a creatividade. Somos moi conscientes dos valores dunha cooperativa, o traballo horizontal e en equipo é un dos nosos puntos fortes. Co-crear este espazo permítenos ser creativas e apoiar proxectos comúns individuais para podelos levar a cabo e empoderarnos como persoas.

2- Un lugar para aprender, ensinar e medrar como persoas. Queremos medrar como persoas e como comunidade. Desexamos compartir os nosos coñecementos coas persoas, para construir unha mellor sociedade, sensibilizar e tamén aprender as unhas das outras.
3- Un espazo onde regular os nosos produtos de cosmética natural. A cosmética natural forma parte da sostibilidade, e é indispensable para poder seguir ofrecendo os nosos produtos coa calidade e seguridade esixidas.
4- Abrazar os valores da sostibilidade e cooperativismo, tan necesarios hoxe. É a nosa forma de aportar conscientemente estes valores para o mundo que queremos e necesitamos para as próximas xeracións.

5- Un espazo onde desenvolver proxectos emprendedores comúns. Estas cousas pasan cando mulleres con tanto potencial se unen e crean. En Avantva tamén potenciaremos isto, e desde o principio xa plantexamos formular e producir una marca común, con diferentes produtos que tamén nos unirán e nos servirán de fío condutor.
6- Un soño, que podemos construír xuntas. Para nós isto pasará de ser un gran soño a realidade! Moitas persoas teñen que abandonar os seus proxectos pola falta dun obradoiro onde ter a oportunidade de profesionalizar e visibilizar o seu oficio. Agora, xuntas, e con vós, o poderemos conseguir.
7- Un proxecto onde nos comprometemos co territorio. Para nós o territorio é unha parte moi importante do noso compromiso. Coa súa xente, e a súa implicación, é como poderemos chegar lonxe. Todas e cada unha de nós comprometémonos a abrir as portas de Avantva para compartir tanto coas persoas, como coas entidades afíns á nosa tarefa. Convírtese nun punto de intercambio. Tanto é así que abriremos tamén un punto de venda nas nosas instalacións para apoiar a outras produtoras locais e obradoiros próximos, intercooperando.

8- Un proxecto con responsabilidade social, medioambiental e económica. É un dos piares que fai coherente este proxecto: a sostibilidade. Non só buscamos a sostibilidade para cada proxecto individual compartindo recursos, senón que ademais, o trasladamos a todos os campos. Un espazo onde poñemos no centro ás persoas, que xestionamos con enerxías verdes, e que adecuamos de acordo cos principios da bioconstrucción. Tamén cremos na dinamización do territorio, como motor transformador da sociedade.
9- Un espazo para materializar o noso proxecto e minimizar a nosa impronta ambiental. Se nos axudades a facelo posible, non só estaredes apoiando ó autoemprego, senón que, compartindo, tamén xeraremos menos polución. En Avantva ofrecemos compartir as materias primas, especialmente seleccionadas, cunha altísima calidade e de fontes sostibles, sempre que sexa posible, de provedores próximos e obtidas de forma respetuosa e baixo condicións laborais dignas.
10- Un lugar onde profesionalizar o noso oficio de artesás sen perder a esencia. Para nós é importante non desvirtuar a artesanía, onde cada unha, co seu proxecto e os seus coñecementos, escolle de forma moi coidadosa, un por un, os ingredentes para facer un produto de calidade, sen tóxicos e beneficioso para a persoa que os empregará. Hai moito de nós en cada un dos produtos, preparados a conciencia e en pequenos lotes.
En definitiva, un espazo para compartir, crear e construír en comunidade. Temos uns obxectivos comúns e uns valores firmes!

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
Un bo día (seguro que así foi) despertamos e xa existía Avantva. Pois non! Pero si que auguramos que despois daquel primeiro bo día virían moitos máis.
Detrás de Avantva hai moitos días de traballo, individual e en equipo. O que vedes aquí son moitas horas de plantexamentos a como dar forma á idea. Tivemos outros nomes, outras variantes, pero finalmente acabou conformándose coa súa mellor versión.
O proxecto foi primeiro pensado como individual (podedes ver o post en instagram), pero a súa evolución lóxica fíxonos comprender que tiña que ser compartido con outras mulleres, para unir forzas e inquedanzas con outras persoas con realidades e situacións afíns. E agora todas esas mulleres camiñamos xuntas cara o noso proxecto común.
Por que nos chamamos Avantva? Porque esta palabra antiga, tan de Poniente (Lleida), ten unha connotación que transmite forza e brío, vai cara adiante.
Avantva naceu como resposta a unha situación concreta, e dá finalmente lugar á cooprativa sen ánimo de lucro.
Ser muller e ser emprendedora non é fácil. Parece un cliché, pero é así. Se ademais decides ter familia e nenos, a cousa vaise complicando. O poder realizarse profesional e personalmente á vez que concilias o teu traballo, convírtese nunha odisea, e se ademais es artesá da cosmética, iso é un hito para o cal necesitas moita máis imaxinación para levalo a cabo.
Todo o mundo que algún día se propuxo emprender sabe o que custa. As artesás da cosmética natural, á hora de regularizar os nosos produtos, atopámonos cunha lexislación que non sempre contempla a artesanía como forma de vida. Partimos de que as esixencias e medidas que se piden están normalmente fóra do noso alcance. Por iso, compartir sempre resulta unha opción que nos permite poder lograr con máis facilidade (sen deixar a súa complexidade) esta meta.
Avantva podería ser o resumo desta idea imaxinativa que propoñemos para que 20 destas mulleres poidamos chegar a elaborar os nosos produtos, de forma sostible e responsable co medioambiente, e tamén co territorio, dando cabida ás produtoras de proximidade e ós valores éticos da economía social e solidaria.

A quen vai dirixido o proxecto?
O proxecto, mentres vai collendo forma, medra de forma transversal. O proxecto ten tres pilares que se complementan e suman. Enfocámonos sobre todo nas tres vertentes importantes de Avantva para responder a esta pregunta:
- Os obradoiros compartidos. No primeiro obradoiro elaborarase cosmética natural e ecolóxica. Dixido a persoas artesás que poderán fabricar os seus propios produtos e tamén da marca cooperativa, coas garantías e permisos vixentes, facendo que poidan profesionalizarse e vender legalmente os seus produtos. Tamén ás persoas que crean o noso proxecto, poñendo énfase nestes puntos, como obxectivos a longo prazo:
- Conseguir un prezo accesible á cosmética ecolóxica.
- Produción artesanal viable con lotes pequenos, sen perder a esencia do oficio.
- Produtos de maior calidade, compartindo materias primas máis frescas.
- Reducción da pegada ecolóxica polo abastecemento de materiais.
- Produtos feitos con consciencia, en condicións idóneas e sen estrés.
- O punto de venda físico e online. Deste xeito, as artesás pode vender os seus produtos nun punto físico e tamén na web da cooperativa, dándolles visibilidade e promoción. Dixirido ás artesás da coopertiva, ás produtoras de proximidade e, en especial, a aquelas persoas que participen da ESS e consuman produtos con estes valores. Tamén ás persoas que crean nos estilos de vida saludables, a soberanía alimentaria e cosmética e a redución de residuos. Conseguimos con este espazo:
- Visibilizar a tarefa e os produtos das artesás.
- Crear grupos de consumo.
- Dar un lugar de preferencia ás produtoras de proximidade.
- Sensibilizar sobre aspectos de sostibilidade.
- Soberanía alimentaria e cosmética.
- O espazo polivalente. É tamén vontade da cooperativa dinamizar o territorio tanto de xeito social como cultural. Dirixido ás divulgadoras e a outras entidades, ademais do público consumidor, o facer de Avantva un punto de encontro con outras familias para compartir inquedanzas e iniciativas que nazan destas:
Ser un punto de encontro para familias e entidades.
Converterse nun polo de dinamización territorial e transformación social.
Ser un espazo de acollida de iniciativas.
Fomentar a relación, colaboración, participación e, se acontece, o voluntariado.
Crear e apoiar a creatividade, a arte, a cultura, a educación e a creación.

Experiencia previa e equipo
Somos un equipo moi ben complementado, tanto na parte impulsora coma os outros axentes e persoas que o conforman, con competencias moi diferenciadas, que garantizan a viabilidade do proxecto desde o inicio. A súa experiencia en ámbitos tan diversificados apórtanlle riqueza e o enfoque necesario para levalo a cabo, formando un equipo sólido e altamente capacitado, con pericia para podelo consolidar.
Equipo impulsor
-
Esther. A alma do proxecto. Xestora cultural. Tamén formada en Artes Plásticas e Deseño, relacionada sempre coa cultura. Cursou estudos de comunicación. Traballou como freelance no estranxeiro, en centros de arte e no Instituto de Investigación de Identidades e Sociedades (UdL), como técnico de investigación. Tamén traballou no concello como dinamizadora xuvenil e facendo tarefas de programación cultural e cohesión social. A súa tarefa neste proxecto é a coordinación e xestión dos diferentes aspectos do proxecto: redacción, plazos, difusión e comunicación, e máis adiante xestionará o funcionamento e coordinación da cooperativa, acompañamento das socias, xestión de espazos e apoio á técnico do obradoiro.
-
Alfredo. Enxeñeiro agrónomo especializado en industria agroalimentaria e estruturista. Actualmente compaxina a docencia (certificados de profesionalidade e reinserción laboral polo SOC, e Universidad Rovira i Virgili), coa súa propia enxeñería Asedeco. El é unha peza tamén clave no proxecto. Non só pola parte técnica, senón pola creativa. El encárgase da planificación e do proxecto técnico, e será quen dirixirá as obras de adecuación do edificio, mantendo as súas características propias e con técnicas de bioconstrucción, priorizando as enerxías renovables.
-
Natàlia. Graduada en Enxeñería Informática e Máster de Enxeñería de Software Libre. En 2011 foi seleccionada polo programa de becas ICEX e estivo durante un ano traballando na oficina de comercio exterior da embaixada española en Oslo, Noruega. Viviu en Noruega ata o 2017, cando decidiu que quería volver ás raíces e regresou a Lleida. Actualmente traballa nunha empresa de seguridade informática. Natàlia ten unha gran experiencia en todo o ámbito da informática e encaixa especialmente no proxecto polo seu coñecemento e implicación na comunidade do software libre, que é a forma de software que máis se axusta ós valores do noso proxecto. Ela será quen axude na xestión interna da cooperativa e desenvolverá as ferramentas informáticas que se necesitarán, como o son a web, a intranet e a tenda online.

Engádense como parte actora as membros da cooperativa, as artesás que forman parte da asamblea, aportando tamén recursos e coñecementos propios, as cales tamén toman decisión e debuxan a folla de ruta de Avantva Coop, sendo parte do equipo e impulsoras á vez. Organizarémonos en comisións de traballo e grupos motores para as diferentes tarefas. Na actualidade practicamente logramos o número mínimo de artesáns para facer viable o proxecto economicamente. Somos Laura, Come, Consuelo, Tània, Paula, Anna, María José, Marta, Roxana, Pepa, Ángela, Amaia, Chatón, Sònia, Sonia (somos dúas, si!), Esther…
Integramos tamén a Ariadna, enxeñeira química, que desde os inicios do proxecto foi a nosa asesora, intervindo no deseño dos espazos para a súa máxima optimización e para ter en conta as infraestruturas necesarias. Ten unha ampla experiencia na creación e xestión de obradoiros compartidos, nos cales traballou durante moitos anos da súa traxectoria profesional. Ela terá a tarefa da homologación e permisos para o obradoiro. Ademais, dará o servizo de acompañamento e de asesoramento técnico no proceso de elaboración na formulación, creación de novos produtos, e a supervisión e liberación dos lotes fabricados no obradoiro. Establecerá os criterios de boas prácticas e protocolos de procedemento de traballo dentro do obradoiro cosmético.
Infraestruturas
Dispoñemos dunha infraestructura con moitas posibilidades e moi potente a nivel estratéxico para facer este obradoiro.
- O espazo que ocupará a cooperativa son dous antigos almacéns de finais do século XIX, principios do XX, feitos de muros de tapia, e de máis de 4 metros de altura, que eran empregados antigamente para almacenar produtos agrarios e facer viño (aínda se conserva a parte onde se elaboraba o viño, con 4 lagares, que é onde se ubicará o punto de venda, para preservalos). Temos como ventaxa que os almacéns están situados xunto co casco urbano, que é zona peatonal e, polo outro costado, temos a parada do autobús.
- Equipamentos. Actualmente os almacéns só teñen a estructura, a pesares de que se foron facendo algunhas intervencións, coma o anexo onde se ubicarán os servizos. Ten feita a instalación da auga, así coma tamén dispón de fibra óptica. As próximas actuacións xa serán as propias da rehabilitación e adecuación de cada un dos espazos, cando se fagan as obras.

Tecnoloxía. No proxecto tamén está ideado que as instalacións poidan funcionar con tarxetas intelixentes e non con chave. Optouse por esta tecnoloxía para maior flexibilidade das artesás e outras entidades que empreguen as instalacións fóra dos horarios laborais convencionais, para poder cubrir a parte de conciliación familiar e que cada cal poida adaptarse ós seus propios horarios. Por outro lado, as reservas, xestión de espazos, remisións de documentación, etc., xestionaranse a través dunha intranet que estará programada e especialmente deseñada por unha das nosas impulsoras, Natàlia. Para este cometido utilizaremos software libre. En canto á páxina web, xa en uso, seguirase actualizando a medida que crezan as necesidades como, por exemplo, introducir unha área de usuario, ou ben a tenda online.
O noso proxecto está pensado para ser un obradoiro con dúas salas brancas, unha para xabóns e cosmética sólida, con secadoiro, e outra para cosmética fina. Estas dúas salas asegurarannos que se poida traballar de forma individual e coa máxima dispoñibilidade. Tamén teremos unha zona de almacenamentos individual e colectiva, vestiarios, sala de peso, as correspondentes salas de acondicionamento, unha sala de expedición e un laboratorio de microbioloxía para facer as probas básicas antes de que as mostras sexan enviadas ós laboratorios.
Está pensado para ser un circuíto e optimizar sempre os recursos. Todos os materiais respestuosos que estean permitidos para a homologación das salas estarán integrados. O intercambio de aire realizarase dúas veces á hora, e tamén está presupostada a presión positiva para a eliminación de patóxenos.
Outros recursos
Durante este tempo, a Cooperativa Avantva foi realizando varias actuacións e a contratación de diferentes axentes necesarios para levar a cabo os obradoiros compartidos. Neste punto, a propia cooperativa realizou diferentes gastos en conceptos de honorarios, proxecto de obras de adecuación, proxecto de actividade, informes técnicos, dirección de obra, CSSFE, creación da cooperativa, actuacións previas, etc.) por un valor aproximado de 30.800€.
Agora toca o último tramo para poder materializar todo o proxecto nunha realidade.
Recibiredes as vosas recompensas cando as obras do obradoiro estean rematadas. Estrearémolo facendo o voso xabón entre todas as artesás.
