En 2024 chega THE GLITCH, SUITE OF THE SAD YOUNG MEN, traballo totalmente diferente aos demáis en canto a estratexia e temáticas contando con moitas colaboracións.
dA Trío nace no 2019 como concepto e idea por parte de Narci Rodríguez (Vocais & baixos) en conxunción con Ilmarto(Baterías) e Zalo Ródriguez (Teclas e sintetizadores). Trátase dun traballo de autor en diferentes linguas con breve historia pero con moita proxección futura. dA trío preserva as boas formas do groove, as mesturas electro-acústicas e a procura da música como motor de concienciación humana.
Despois da súa aclamada ópera prima: REFLEXIÓNS chegou o INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO gravado tamén en Pouland Estudios o trío publicou ,cunha diferenza de 12 meses ,o seu segundo traballo. Tan só un ano depois no 2022 chega o terceiro e agardado disco, APOLLO III,Ad Infinitum, unha viaxe espacial con máis electrónica, sons futuristas e impresionistas revisiòns do R&B,soul e o groove màis directo.
En decembro do 2022 o trío lanza o DISQUETESK sesión ao vivo e diáfana onda revisan temas da discografía.
Características básicas
Preservando o xa amplo camiño andado o dA Trío olla para un novo escenario para plasmar as ideas: Gravar como se facía nos anos 70 con sesións de gravación conxunta, utilizando vellas técnicas de gravación evitando a maquillaxe propias dos tempos dixitais. Este proceso, fai que "THE GLITCH, SUITE OF THE SAD YOUNG MEN" sexa xa de por si un traballo diferente ao que adoitamos ver a dia de hoxe no mercado musical. Non so iso, se non que o dA Trío a través desto novo traballo, ofrecerá ao ouvinte cancións con varias colaboracións da escena galega e internacional: Guitarras de Sergio Albuín e voces como a de Ángeles Dorrio, Carmen Rey, Diana Tarín, De Vacas, Sergio Piñeiro, o Coro da Rá e Ramón Bermejo entre outros. Todo esta coidado e todo ten un mimo especial. Tal característica pódese apreciar non só no resultado musical, se non tamén na presentación final do produto, no que se contou co artista Manu Seoane. O artista inspirado polas musicas e as letras, utiliza o pincel para abrir novos debates aos ouvintes.
Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
A motivación e volver apostar polos procesos feitos con cariño, trascendencia e meticulosidade e vai dirixido por suposto a todo aquel que teña a sensación baleira, efímera e volátil no consumo de arte
Experiencia previa e equipo
NARCI RODRIGUEZ: Líder do proxecto cantante e baixista, compositor e productor comparte xunto co resto do equipo a experiencia de compartir a música, brindando polo traballo grupal e asumindo o papel de coordinador.
ZALO RODRÍGUEZ: Teclista da banda asume de forma innata a colaboración nos contidos das letras, sensibilidades e concienciación sobre diversos temas nos que se quere poñer á atención.
ILMARTO :Baterista da banda, ademáis dunha grande colaboración na produción derívase tamén en vixiar o son da banda e participar activamente nos procesos de gravación, mix e mastering.
ALBA PEGOC: Técnica de son e produtora co grao en Comunicación Audiovisual. Alba é a persoa que mellor entende o dA Trío na eido visual, de son e de intencionalidade artística.