CARRAXE

Imaxe de cabeceira
Ver vídeo
Financiado o 17 / 02 / 2022
Cofinanciado!
Obtido
£ 9,437
Mínimo
£ 6,393
Óptimo
£ 16,803
158 Cofinanceiros
  • Achegando £ 13

    POALLA
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 41 Cofinanceiros
  • Achegando £ 26

    ORBALLO
    • 3 postais con cartelería de CARRAXE
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 23 Cofinanceiros
  • Achegando £ 43

    CHUVISCA
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 26 Cofinanceiros
  • Achegando £ 68

    ARROIADA
    • 1 botella de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 07 Cofinanceiros
  • Achegando £ 85

    BALLÓN
    • Fanzine dixital con cadernos de rodaxe + guion + entrevistas actores + making of
    • 1 botella de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 15 Cofinanceiros
  • Achegando £ 128

    BÁTEGA
    • Fanzine físico con cadernos de rodaxe + guion + entrevistas actores + making of
    • 2 botellas de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Cartaz de CARRAXE tamaño A2 firmado polos actores
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 10 Cofinanceiros
  • Achegando £ 171

    XISTRA
    • Camiseta de algodón de CARRAXE (tallas S-M-L-XL)
    • Fanzine físico con cadernos de rodaxe + guion + entrevistas actores + making of
    • 2 botellas de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2 firmado polos actores
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 05 Cofinanceiros
  • Achegando £ 256

    DIOIVO
    • Invitación a preestrea da curtametraxe
    • Xersei de algodón de CARRAXE (tallas S-M-L-XL)
    • Fanzine físico con cadernos de rodaxe + guion + entrevistas actores + making of
    • 2 botellas de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2 firmado polos actores
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando £ 427

    TREBÓN

    Para persoas físicas

    • Crédito como Produtor Asociado
    • Invitación a preestrea da curtametraxe
    • Xersei de algodón de CARRAXE (tallas S-M-L-XL)
    • Fanzine físico con cadernos de rodaxe + guion + entrevistas actores + making of
    • 2 botellas de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2 firmado polos actores
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando £ 427

    NÉBOA

    Socio Patrocinador

    • Logo nos créditos da curtametraxe
    • Logo destacado no dossier e cartelería
    • Mención nas redes sociais e notas de prensa enviadas aos medios

    Todas las recompensas desgravan entre un 30 y un 75% en tu próxima declaración de la Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando £ 854

    TREBOADA

    Para persoas físicas

    • Crédito como Productor Asociado principal
    • Invitación a preestrea da curtametraxe
    • 1 Xersei de algodón de CARRAXE (tallas S-M-L-XL)
    • 1 camiseta de algodón de CARRAXE (tallas S-M-L-XL)
    • 1 caixa de botellas de viño Ribeiro (branco ou tinto)
    • Fanzine físico con cadernos de rodaxe + guion + entrevistas actores + making of
    • Cartel de CARRAXE tamaño A2 firmado polos actores
    • Link de visionado online exclusivo
    • Agradecementos nos títulos de crédito

    Todas as recompensas desgravan entre un 30 e un 75% na túa próxima declaración da Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando £ 854

    BRÉTEMA

    Socio Patrocinador Principal

    • Estratexia de product placement a acordar coa equipa
    • Posibilidade de colocar roll ups corporativos na preestrea da curtametraxe
    • Invitación á preestrea da curtametraxe
    • Logo nos créditos da curtametraxe como patrocinador principal
    • Logo destacado no dossier e cartelería
    • Mención nas redes sociais e notas de prensa enviadas aos medios como patrocinador principal

    Todas las recompensas desgravan entre un 30 y un 75% en tu próxima declaración de la Renta.
    Calculadora Fiscal

    > 00 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Unha historia marcada pola desigualdade, a incomunicación, a violencia machista e o instinto de supervivencia

Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Persoal Artístico
Altas Seguridade Social
£ 325
Equipo Técnico
Altas Seguridade Social
£ 2,337
Transporte
Aluguer furgoneta, taxis, gasoliña, peaxes, transporte público, etc.
£ 854
Aloxamento
Estancias equipo técnico e artístico
£ 384
Localización Rodaxe
Aluguer da localización principal
£ 342
Postprodución de Son
Gravación de mesturas e arquivos de efectos sonoros
£ 512
Dereitos Discográficos
Dereitos Discográficos de canciones
£ 1,708
Material de Son
Aluguer de material de son que mellore o que disponemos: Tarxeta de son, micrófonos, cables, pértiga, etc.
£ 128
Máster DCP
Preparación e exporte do DCP para salas de cine
£ 128
Gastos Xerais
Mensaxería, xestoría, comida e gasoliña fóra de rodaxe (días previos de preparación)
£ 683
Distribución
Distribución da curtametraxe en festivais, aluguer de salas de cine para a estrea, etc.
£ 2,989
Cartelería/ Deseño Gráfico
Deseño dos cartéis da curtametraxe
£ 427
Necesidades Material Mínimo Óptimo
Seguros
Seguro de responsabilidade civil, seguro de interrupción de rodaxe e Plan Prevención Riscos Laborais
£ 658
Vehículo (Fase 1)
Vehículo en escena para accidente
£ 171
Perruquería (Fase 1)
Materiais básicos
£ 43
Maquillaxe (Fase 1)
Materiais básicos
£ 43
Varios Produción (Fase 1)
Copias de guion, fotocopias en rodaxe, xeradores de electricidade, etc.
£ 43
Dietas
Comida equipo técnico e artístico
£ 256
Arte /Ambientación (Fase 1)
Atrezzo e comida en escena
£ 43
Vehículo (Fase 2)
Vehículo en escena para accidente
£ 342
Vestiario
Vestiario, zapatería e complementos
£ 85
Animais
Aluguer de cans adestrados
£ 171
Perruquería (Fase 2)
Materiais básicos
£ 21
Maquillaxe (Fase 2)
Materiais básicos
£ 21
Varios de Produción (Fase 2)
Copias de guion, fotocopias en rodaxe, xeradores, etc.
£ 128
Material de Cámara
Aluguer de material de cámara que mellore o que dispoñemos: Cámara principal, lentes especiais, "slider", "CameraCar", combo, accesorios, etc.
£ 1,307
Material de iluminación
Aluguer de material de iluminación que mellore o que dispoñemos: Focos, trípodes, reflectores, etc.
£ 342
Dietas (Fase 2)
Comida equipo técnico e artístico
£ 598
Magnético e Varios
Carretes fotografía analóxica e discos duros para copias de seguridade
£ 299
Arte/ Ambientación (Fase 2)
Atrezzo e comida en escena
£ 137
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Recompensas
Materiais promocionais do crowdfunding
£ 854
Comisións
Comisións Goteo e transaccións bancarias
£ 427
Total £ 6,393 £ 16,803
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

CARRAXE

substantivo feminino

1. Profunda irritación do ánimo producida por algún suceso adverso.

SINÓNIMO rabia
COMPÁRESE cólera, furor, ira, irritación

CARRAXE é unha curtametraxe de ficción independente. Este drama psicolóxico en lingua galega terá unha duración de 10 min. aproximadamente e rodarase na primaveira do 2022 na provincia de Pontevedra, Galicia.

SOLE, a protagonista, vive illada e incomunicada nunha casa que perde o significado de fogar e adquire a definición de prisión. A súa voz queda enmudecida por unha rutina cíclica e repetitiva, un inferno no que é vítima da violencia machista exercida polo seu marido, MARIO. Tras moitos anos sufrindo malleiras e todo tipo de malos tratos, SOLE decide fuxir. Desatada e embriagada pola carraxe, nace nela un desexo de vinganza.

Características básicas

A desestruturación emocional e racional que sofre a protagonista ( SOLE) por mor dos malos tratos, lévaa a confundir a súa realidade. Os desexos de fuxir do fogar mestúranse cun sentimento de vinganza. A montaxe alterna a realidade co desexo, o presente da personaxe co seu futuro, atendendo ás emocións e á rabia da protagonista. Esta fragmentación verase reflectida na propia narrativa do filme coa que pretendemos facer fincapé nas consecuencias irreparables dunha traxedia destas características.

Queremos denunciar a violencia machista e centrarnos no ámbito rural, unha contorna illada e incomunicada afastada da realidade das cidades, onde existen máis recursos e concienciación acerca das violencias que sofren as mulleres día a día. Queremos romper co costume de situar este tipo de historias en parellas novas de contextos urbanos e levar as problemáticas e os roles de xénero a un cinema que parta do rural galego e que estea protagonizado por un matrimonio entrado na vellez.

A intención é impactar ao espectador/a para mergullalo na frustración e impotencia que sofre a protagonista e enfrontalo á realidade de tantas mulleres que sofren, por desgraza, esta situación.

instagram-post-23.png instagram-post-35.png

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

CARRAXE nace da motivación de mostrar o lugar do que vimos, a terra, o primario. Unha Galicia rural e verde da que sempre facemos marca pero que tamén ten os seus claroscuros e que deixamos de certo xeito abandonada. No paso do campo á cidade deixamos atrás moitas realidades que quedaron illadas, con falta de recursos e, sobre todo, con falta de acompañamento e soporte. A historia de SOLE, contextualizada nunha Galicia rural e envellecida, é a historia de moitas mulleres que non teñen a quen recorrer e que viven escondidas nunha contorna na que “os trapos sucios lávanse na casa” e sófrense en segredo. É por iso que recollemos a frustración e a dor que pode sentir unha muller ante unha situación similar, o abandono e soidade dunha muller da terceira idade cos seus familiares, cos seus veciños, etc. xunto coa desatención administrativa e a incomunicación que sofren moitas persoas no rural galego.

Esta curtametraxe vai dirixida a todas aquelas persoas que vexan necesarias historias como esta, nas que se denuncie e se expoñan as inxustizas sociais, a desigualdade e a violencia machista. Queremos enfrontar ao espectador a esta ficción que pon sobre a mesa un problema que a día de hoxe séguese cuestionando, negando unha realidade que vulnera e atenta contra os dereitos humanos. Tamén vai dirixido a quen queira apoiarnos no noso primeiro proxecto como produtora e, por suposto, aos amantes do cinema. Estamos a coidar os detalles para tratar co respecto que merece un tema tan complexo e delicado como o que tocamos, enfocándoo dende un lugar cru e directo coa intención de sensibilizar ao espectador/a.

dsc5701.jpg dsc5780.jpg

Experiencia previa e equipo

MURIEL PERNAS

Director, guionista e actor. Formado na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en interpretación textual, bolseiro pola Deputación de Coruña para a ampliación de estudos artísticos, conta cun máster de interpretación da Central de Cinema de Madrid e o máster de Cinema e Televisión da Universidade Carlos III. Desenrolou a súa carreira artística como actor tanto en teatro como no audiovisual, traballando en series da Televisión de Galicia como Fontealba e Pazo de Familia; ou Hit, de Televisión Española, serie na que ademais traballou no departamento de dirección. En 2020, o festival Notodofilmfest premia a Carmesí, unha curtametraxe da súa autoría, producido por GenteMala; esta curtametraxe foi seleccionada en festivais como Seleccionado en Rome Prisma Indepedent Film Awards (2021), Très Court International Film Festival (2021), Boden International Film Festival (2021), Equilibrium Cinefest (2021), The Filmy Monks Film Festival, Farce: Festival Internacional de Curtas-metragens de Faro (2021), Festival BEFREE (2021) entre outros. O seu último traballo dentro do departamento de dirección é a nova película de Paco León, Rainbow.

LUCAS ORLANDO

Director de fotografía, editor e colorista freelance con 10 anos de experiencia no sector audiovisual. Graduado pola Universidade de Salamanca en Comunicación Audiovisual, cursou un Máster en Postproducción e 3D na Escola TRAZOS de Madrid que lle abriu as portas da publicidade traballando con clientes como Disney, Seat ou Visionlab. Durante os seus anos de profesión, combinou o traballo na contorna corporativa con proxectos máis persoais como videoclips, arte visual para eventos culturais ou documentais. En 2021 decide dar o salto ao cinema con Manual de la Siega, un documental dirixido por Samuel Fernandi no que participa como operador de cámara e colorista, e que foi estreado recentemente na Sección Oficial do 59 Festival Internacional de Cinema de Xixón (FICX).

Na actualidade, LUCAS ORLANDO e MURIEL PERNAS xúntanse como produtores executivos para fundar a produtora de cinema independente QUEIMA STUDIO.

Os protagonistas de CARRAXE están interpretados polos recoñecidos actores galegos MABEL RIVERA e ROBERTO LEAL. Ambos contan cunha longa traxectoria tanto en teatro como en cinema e televisión.

MABEL RIVERA

Actriz con longa traxectoria e experiencia teatral e audiovisual. Iniciouse no teatro nos anos 70, participando aproximadamente en 10 espectáculos antes de 1984, ano en que se funda o Centro Dramático Galego, onde comeza a traballar como profesional incorporándose a un dos primeiros elencos desta compañía institucional. En Galicia é coñecida dende fai máis dunha década como a protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina, ata que lle chega o recoñecemento a nivel nacional ao ser unha das actrices da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España á Mellor Actriz de Reparto o Premio Sant Jordi de Cinematografía á Mellor Actriz Española e outra longa lista de recoñecementos e excelentes críticas.

ROBERTO LEAL

Comezou os seus estudos teatrais en Arxentina en 1976 no Centro de Formación Actoral. En 1981 diplomouse en Formación Actoral e Dirección Teatral pola Universidade Nacional do Centro (Buenos Aires). Ao ano seguinte, realizou un seminario sobre Dinámica de Grupos no Ámbito Teatral en Buenos Aires e en 1984 fixo un Curso de Dirección Teatral. En Galicia realizou distintos cursos e talleres organizados polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 impartiu multitude de talleres e aulas de teatro en colexios, institutos e na Universidade da Coruña. Entre 1997 e 2000 foi director teatral do Departamento Pedagóxico da Fundación Eugenio Granell (Santiago). No ano 2002 foi responsable de docencia da Asociación de actores, directores e técnicos de escena de Galicia. No audiovisual cabe destacar os seus papeis en series como A familia Pita, Matalobos, Serramoura, ou O sabor das margaridas; e películas como Elisa e Marcela de Isabel Coixet e Olvido y León de Xavier Bermúdez.

A realización do teaser promocional e este primeiro achegamento ao proxecto de CARRAXE, non sería posible sen este equipo de profesionais composto por:

Guion / Dirección / Dirección de Produción: MURIEL PERNAS

Dirección de Fotografía (DOP) / Montaxe / Cor: LUCAS ORLANDO

Dirección de Arte: DANIELA RODAS

Axudante de Dirección: LARA RODRÍGUEZ

Xefa de Produción: CARMEN CHAMADOIRA

Coordinador de Produción: ANDRÉS ROZADOS

Gaffer: TOMÉ GONZÁLEZ

Maquillaxe e Salón de peiteado: ALICIA GIL

Vestiario: NAILA RODRÍGUEZ

Xefe de Son: VÍCTOR GONZÁLEZ

Pertiguista: PALOMA GARCÍA

Foto Fixa: SARA TEMES

Axudante de Cámara: ABEL GONZÁLEZ

Auxiliar de Produción: FRAN DURÁN

Auxiliar de Produción: ROSARIO CRUZ

Música Orixinal de NICOLÁS VIEITES e ADRIÁN SEIJAS

Deseño Gráfico: ELENA DEL ÁGUILA

Comunicación RRSS: LAURA VILLALBA

Co participación: Deputación de Pontevedra

Colaboracións: Art&Care, Faiado da Memoria, SonsVigo

Agradecementos: Manuel Torres Misa, Elena Torres, Adrián Verde, Pontevedra Rugby Club, Jose Mari Martínez, Isaac Pazos, Coven Films, Dani Viqueira, Quique Lojo, Anxela G. Abalo, Mercedes Mendía, Orlando Gómez, Rodrigo (adestrador cans).

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Fin de la pobreza

    Poner fin a la pobreza en todas sus formas en todo el mundo

  • Salud y bienestar

    Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades

  • Educación de calidad

    Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todos

  • Igualdad de género

    Lograr la igualdad entre los géneros y empoderar a todas las mujeres y las niñas

  • Reducción de la desigualdad

    Reducir la desigualdad en y entre los países

  • Paz, justicia e instituciones sólidas

    Promover sociedades, justas, pacíficas e inclusivas