COPYLOVE

  • Achegando £ 9

    Agradecemento web

    Aparecerás na web de Copylove.cc.

    > 18 Cofinanceiros
  • Achegando £ 17

    Autocolante e Chapa Copylove

    Recibirás o noso agradecemento e recoñecemento na web e nos materiais que publiquemos, que recibirás no teu correo electrónico. Enviarémosche chapa e autocolante Copylove.

    > 34 Cofinanceiros
  • Achegando £ 30

    Xornal Copylove

    Ademais do noso agradecemento, do recoñecemento na web e nos materiais, dunha chapa e dun autocolante Copylove recibirás unha publicación sobre Copylove vista baixo a ollada do artista Efrén Álvarez. Tamén che enviaremos por correo electrónico a publicación dixital resultante.

    > 23 Cofinanceiros
  • Achegando £ 43

    Camiseta exclusiva

    Apoiándonos con este importe recibirás como recompensa unha camiseta exclusiva ilustrada por Efrén Álvarez, mais os materiais publicados, un autocolante, unha chapa, o noso sincero agradecemento e o recoñecemento público na web e nos materiais dixitais.

    > 38 Cofinanceiros
  • Achegando £ 64

    Revista ESETÉ + Póster Kit Krak

    Con esta achega recibirás 3 números da revista ESETÉ editada por AMASTÉ e mais o mapa impreso de KIT-KRAK, ademais da camiseta exclusiva ilustrada por Efrén Álvarez, o xornal, a o autocolante e a chapa, e aparecerás nos agradecmentos e enviarémosche por correo electrónico a publicación resultante.

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando £ 77

    Libro de ZEMOS98 y DVD Educación Expandida

    Con esta achega recibirás "Creación e Inteligencia Colectiva" ou "Código Fuente: La remezcla" publicados por ZEMOS98, o DVD de "La Escuela Expandida" e a camiseta exclusiva de Efrén Álvarez. E por suposto o xornal, a chapa e o autocolante. Aparecerás nos agradecementos e enviarémosche a publicación ao teu correo.

    > 10 Cofinanceiros
  • Achegando £ 214

    Paquetes para Colectivos e Comunidades

    Unha recompensa pensada para colectivos ou comunidades. Ademais de 2 paquetes copylove (camiseta + xornal + autocolante + chapa), recibirás un paquete de publicacións de ZEMOS98 (2 libros e o DVD Educación Expandida) e un paquete ColaBoraBora (formado por 5 números da revista ESETÉ e o mapa impreso de KIT-KRAK Prototipos para el Cambio).

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando £ 643

    Obradoiro de 4 horas

    Nun formato curto, de 4 horas, presentámosvos as conclusións da investigación e poñémolas en común para seguir traballando nelas. Non serán 4 horas falando senón que activamos algunhas das liñas ou conceptos que se poñen en marcha. Iremos só un de nós e non incluímos o desprazamento e aloxamento. Esta recompensa é ideal para congresos, xornadas, colectivos, encontros... Ademais levámosvos 10 paquetes Copylove (xornal + autocolante + chapa).

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando £ 1,287

    Patrocinio

    Aparecerá o teu logo no pé da web e das publicacións. Ademais enviarémosche 5 paquetes copylove (xornal + autocolante + chapa) e os materiais dixitais.

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando £ 2,573

    Residencia en 2 xornadas

    Unha residencia COPYLOVE implica traballo coa comunidade local e un traballo previo, en todo caso neste formato reducido de 2 xornadas presentaranse as conclusións e activaranse grupos de traballo que desenvolvan e transiten polas diferentes liñas de traballo de COPYLOVE. Con esta recompensa faremos un traballo específico na túa comunidade. Non están incluidos os gastos de manutención, viaxe e aloxamento de tres persoas (unha de Sevilla, outra de Barcelona e outra de Bilbao). Pensamos esta recompensa para centros de cultura en xeral, institucións e espazos con intención de activar, pensar, repensar as súas comunidades. Ademais enviarémosvos 10 paquetes Copylove (xornal + autocolante + chapa) e teredes todo o recoñecemento na web e nas publicacións.

    > 00 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Investigación colectiva sobre aquilo que fai sustentábeis as comunidades: afectos, interdependencia, apoio mutuo, coidados.

Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Desarrollo de la investigación
3 medias xornadas (valoradas en 600 euros) durante 3 meses. As tarefas que implican isto inclúen a revisión colectiva do arquivo do proxecto, a ordenación e conceptualización do arquivo (taxonomía), a redacción de novos textos, a xestión, envíos e tarefas administrativas de contratación, soldos e seguimento orzamentario, o mantemento da web, con contidos, vídeos e documentos, e a comunicación e difusión dos mesmos.
£ 4,631
Deseño e maquetación da publicación
Honorarios de deseño e maquetación de plantilla para documentos PDF.
£ 257
Máis tempo para investigar
As mesmas tarefas x 2 meses.
£ 2,745
Necesidades Material Mínimo Óptimo
Gastos de envío
Por correo ordinario a España das diferentes recompensas.
£ 172
Chapas e autocolantes Copylove
Para enviar nas recompensas individuais e para agasallar nos eventos e packs.
£ 129
Produción de camiseta para recompensas
Camiseta exclusiva ilustrada por Efrén Álvarez con debuxos da Ontoloxía Copylove.
£ 386
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Dominio
Para pagar un ano de www.copylove.cc
£ 31
Total £ 5,575 £ 8,350
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Copylove é unha investigación en primeira persoa que trata de extraer das experiencias vividas cales son os tipos de vencellos e relacións que se estabelecen nunha comunidade de axentes cuxas prácticas e modos de facer xeran bens comúns para toda a comunidade. Copylove é un xeito de adentrarnos naquilo que consideramos que produce condicións de existencia desexábeis: os afectos, os procesos de interdependencia, a axuda mutua, o amor comunitario, os coidados. Con Copylove queremos expresar todo aquilo que producimos e reproducimos e que pode achegarnos ao "bo vivir", a unha vida sustentábel non só en termos meramente económicos. Estamos pechando a primeira fase do proxecto e con esta campaña de financiamento colectivo queremos armar unha publicación accesíbel (aloxada en www.copylove.cc) para posibilitar a súa aplicación desde outros contextos. Á súa vez, esta sistematización de contidos e metodoloxías deseñadas durante os últimos 3 anos permitiranos imaxinar novas fases que lle sexan útiles ao común.

Características básicas

Copylove iniciouse, de xeito local, como unha rede informal de investigación sobre commons e prácticas feministas. Esa comunidade local construíu o marco para unha investigación aberta e pública: “A Ontoloxía do Copylove”, un mapa conceptual relacionado que funcionou como o noso taboleiro de xogo.

Na actualidade o proxecto de investigación está coliderado por Sofía Coca (de ZEMOS98, Sevilla), Txelu Balboa (de ColaBoraBora, Bilbao) e Rubén Martínez (de ZZZINC, Barcelona). Desde 2011 Copylove puxo en valor espazos de co-investigación non centrados no logocentrismo mediante as denominadas Residencias (que se teñen celebrado en Sevilla, nos Encuentros de Verano da UNIA e mais no Museo Reina Sofía en Madrid). Estas residencias foron a mellor maneira de poder contrastar e lanzar hipóteses de traballo, e sobre todo, de recoller datos cualitativos con comunidades de diversos territorios do estado español. En 2013 creamos unha web www.copylove.cc que recolle, en bruto, as achegas realizadas mediante vídeos, esquemas, desenvolvementos metodolóxicos, recensións.

Copylove foi sempre unha investigación en aberto pero neste momento precisamos tempo para construír e afinar os conceptos, as relacións e as posíbeis derivas deste traballo. Sentimos que existe unha comunidade informal en torno ao concepto e lanzamos esta campaña de financiamento colectivo para poder devolver ferramentas útiles que permitan seguir usándoo e enriquecéndoo.

8640848800-315b8450cc-b.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Este achegamento aos commons, á economía feminista e aos novos procesos democráticos non só quere estar centrado no ámbito activista senón que fai chamadas á academia, ás persoas traballadoras da cultura e de entornos creativos, aos procesos de economía social e ás investigadoras sociais. Os resultados da investigación serviranlles tanto a organizacións, movementos sociais e cidadanía como, non pode ser menos, a outras investigacións.

copylove.jpg

Obxectivos da campaña de crowdfunding

Estamos a pechar a primeira fase do proxecto e con esta campaña de financiamento colectivo queremos armar unha publicación onde sistematizar os contidos e metodoloxías deseñadas durante os últimos 3 anos. Este proceso, á súa vez, permitiranos seguir imaxinando liñas de traballo baixo o paraugas de Copylove que lle sexan útiles ao común. Polo tanto, precisamos volver sobre o producido para ordealo e compartilo, á vez que descubrimos os seguintes pasos a dar. Coma se un arqueólogo se coase na dixestión dunha vaca e subise todo á rede baixo licenza aberta.

Desde os seus inicios, Copylove quixo ser aplicábel en diferentes contextos alén dos lugares desde os que se activou e das xentes que o puxemos en marcha. Se ben a investigación que comezamos en 2011 se desenvolveu sempre de maneira aberta, a expansión dos seus contidos, debido ao uso de diferentes metodoloxías e de infinidade de materiais e recursos, non facilitan a súa replicabilidade. Tamén descubrimos unha gran virtude que se comporta como excitante limitación: Copylove é tremendamente contextual. Por iso, cómpre organizar todos eses materiais tanto conceptual como funcionalmente co obxectivo de facilitar a súa aplicación desde diferentes contextos. Isto permitirá que, máis alá de replicar algunhas metodoloxías ou reproducir algúns conceptos que xa se poden atopar online, se poida acceder ao seu código íntegro; non só ter acceso ao que, senón tamén ao como e ao por que.

O amplo caixón de conceptos, reflexións, dinámicas e situacións vividas en Copylove precisa non só ser ordenado senón convertido nun formato que permita a súa reinvención noutros lugares a mans de quen queira activalos. Isto permitirá que non se repliquen as metodoloxías, senón que se inventen as propias; que non se reproduzan conceptos, senón que se engadan acepcións ou se inventen outros; que non se dupliquen as reflexións, senón que se tracen camiños que leven ás mesmas, ás seguintes ou ás contrarias. En conclusión, unha publicación que permita non tanto pensar Copylove para un novo contexto, senón pensar Copylove desde calquera contexto.

6924065414-fcf6994e38-b.jpg

Experiencia previa e equipo

Desde 2011 levan sido moitas as persoas, colectivos e entidades que participaron no proxecto (Tramallol, Ehcofab, Marina Garcés, Ateneu Candela, Patio Maravillas, Carolina del Olmo, Helvéticas, Mujeres de Negro, Taraceas, Marta Malo, Débora Ávila, Etcéteras, Histeriak Kolektiboa, Lakabe, Despacho de Pan, Periódico Diagonal, Carolina León… unha lista que abrangue máis de 200 persoas). Ademais o proxecto recibiu o apoio e financiamento do Festival ZEMOS98 (sendo acollidos nas residencias do Centro das Artes de Sevilla), os cursos de verán da Universidad Internacional de Andalucía e o Museo Reina Sofía.

O equipo de coordinación de Copylove está formado por:

Txelu Balboa
Cursou o “pack completo” de artista: belas artes, cursos de doutoramento e mestrado de especialización en Arte Vasca. Isto axudoulle a saber onde non quere estar. Reconduciu o seu compromiso como artista a formar parte de, primero, a oficina de ideas AMASTÉ, e actualmente (como parte dunha evolución lóxica) en ColaBoraBora (http://www.colaborabora.org), unha illa entre a realidade imperante e o desexo proxectado, na que acontecen distintos tipos de accións e procesos para a xeración de outras formas de organización, produción e relación en torno ao común, o libre e o aberto. ColaBoraBora centra a súa actividade arredor de todo o que ten que ver co procomún, as prácticas colaborativas, o coñecemento libre e o código aberto e mais a emprendizaxe social. Pódelo buscar en www.twitter.com/volantebb

Sofía Coca
É licenciada en xornalismo pola Universidade de Sevilla e membro do equipo de coordinación de ZEMOS98 desde 2005 (http://www.zemos98.org). Participou no desenvolvemento, produción e comunicación de proxectos como o Festival ZEMOS98, edición de publicacións, proxectos de investigación cultural e formación en seminarios, workshops, conferencias, exposicións, charlas, cursos e proxeccións en distintos espazos culturais. Foi a responsábel do podcast semanal RADIOACTIVOS, programa de radio sobre cultura libre que se emitiu en Radiópolis desde 2007 ata 2011. Na actualidade coordina e programa o Festival ZEMOS98 e participa no 98lab como docente e titora. Pódela buscar en www.twitter.com/preescolar

Rubén Martínez
Dedícase á investigación e a proxectos de formación e produción cultural. Co-fundador e membro da plataforma ZZZINC, laboratorio de I+D en cultura. Entre 2002 e 2011 foi co-director e fundador de YProductions, produtora desde a que se realizaron diferentes achegas para unha economía política da cultura. Actualmente realiza a súa tese no departamento de ciencia política da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) sobre a articulación de procesos de innovación social e fomento da xestión comunitaria. Forma parte do grupo de investigación IGOPnet (IGOP/UAB). É profesor/consultor no Grado de Teoría de la Cultura da UOC. Pódelo buscar en Ley Seca (http://leyseca.net/)

7073561943-2c521bcd30-b.jpg 6927480604-aa7c6fe7c4-b.jpg 7073562525-a08b4ee335-b.jpg

Compromiso social