Tesouro de Corcoesto

Financiado o 31 / 10 / 2013
Cofinanciado!
Obtido
€ 8.461
Mínimo
€ 6.043
Óptimo
€ 11.979
180 Cofinanceiros
Achegando € 5
Mantémoste ao día

Incorporarémoste á nosa base de datos como colaborador e avisarémoste de tódalas novidades deste proxecto (estrea, edición DVD, pases públicos, festivais...)

> 14 Cofinanceiros
Achegando € 10
Agradecemento

O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 23 Cofinanceiros
Achegando € 20
Estrea e descarga HD

Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 64 Cofinanceiros
Achegando € 30
Álbum da rodaxe

Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película (personaxes, paisaxes, membros do equipo...)Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 24 Cofinanceiros
Achegando € 50
Comentarios nos créditos

Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 19 Cofinanceiros
Achegando € 100
Produtos da horta!

Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco +Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental coma colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 12 Cofinanceiros
Achegando € 200
Visita guiada

Acompañámoste a descubrir as principais localizacións deste documental e outros fermosos enclaves da Costa da Morte + Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco + Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado coa temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental como colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 01 Cofinanceiros
Achegando € 400
Comida tradicional galega

Comida a cargo dos autores do documental. Invitámoste a ti e a un acompañante a unha comida enxebre, poderemos coñecernos e falar sobre a historia deste traballo + Acompañámoste a descubrir as principais localizacións deste documental e outros fermosos enclaves da Costa da Morte + Envío a domicilio de 5kg de produtos da horta de Coristanco + Poderás introducir un comentario (max. 150 caracteres) relacionado ca temática do documental, que aparecerá tralos créditos finais co teu nome +Álbum de fotos dixital sobre a rodaxe da película +Terás unha butaca reservada na estrea + Acceso en primicia á descarga directa en HD do documental + O teu nome aparecerá nos créditos do documental coma colaborador/a + Avisarémoste de tódalas novidades do proxecto

> 00 Cofinanceiros
Achegando € 500
Patrocinios

Aparecerás nos créditos como produtor adxunto (no caso de entidade ou empresa, incorporarase o teu logo)

> 02 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Un documental sobre o proxecto de mina de ouro en Corcoesto
Infraestrutura Mínimo Óptimo
Vimeo
Aluguer de espazo para colgar en Vimeo o documental en HD en varios idiomas durante 2 anos
€ 100
Desprazamentos e viáticos
Desprazamentos e viáticos, Galicia e Asturias
€ 750
Rodaxe
Gastos de supervivencia para os membros do equipo durante os meses de rodaxe restantes
€ 1.600
Edición
Gastos de supervivencia durante as tarefas de montaxe, posprodución e difusión
€ 1.100
varios
Teléfono e comunicacións
€ 300
COMISIÓNS
Comisións plataforma Goteo + bancaria (11% orzamento total)
€ 493
WEB
Dominio e aloxamento web 2 anos
€ 120
Avioneta
Aluguer de avioneta para tomas aéreas comarca Bergantiños e territorio afectado pola actuación mineira
€ 150
Estancia en Bergantiños
Estadía e viáticos engadidos para os membros do equipo de rodaxe na comarca de Bergantiños
€ 1.100
DESPRAZAMENTOS E VIÁTICOS
Viaxe a Madrid equipo rodaxe e extensión viaxe Asturias e desprazamentos Galicia
€ 500
COMISIONES
Comisiones plataforma Goteo + bancaria (11% presupuesto total)
€ 486
Material Mínimo Óptimo
Funxibles
Disco duro postprodución + outros funxibles rodaxe
€ 580
Cartelería
Carteis para a estrea e outras proxeccións
€ 100
Música
Música de catálogo de internet
€ 150
Recompensas
Gastos en recompensas para colaboradores (inclúe materiais e desprazamentos equipo)
€ 450
Festivais
Envío postal a festivais nacionais e internacionais
€ 150
Edición DVDs
Edición 300 DVDs
€ 300
FESTIVAIS
Incremento en envío a festivais nacionais e internacionais
€ 150
DIFUSIÓN
Gastos difusión 2 anos
€ 250
Tarefa Mínimo Óptimo
Deseño
Deseño de cartel, material promocional e adaptación a web e plataformas de internet
€ 150
Posprodución de son
Posprodución e mestura de audio
€ 400
Grafismo vídeo
Créditos e grafismo vídeo
€ 500
RODAXE E POSPRODUCIÓN
Incremento en remuneración persoal por extensión temporal para os 3 membros do equipo de rodaxe, posprodución e difusión
€ 1.200
MÚSICA
Composición música orixinal
€ 900
Total € 6.043 € 11.979
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Este documental xorde da urxente necesidade de falar do novo modelo extractivo que se pretende instalar en Galicia. Está centrado no caso da mina de ouro en Corcoesto, na comarca de Bergantiños. Un proxecto determinante, non só polas graves secuelas que podería deixar na saúde humana e ambiental, senón porque se considera o punto de partida deste novo plan da Xunta de Galicia para manexo do territorio. Seguiriamos así a tendencia que se estende pola Europa máis debilitada pola crise de poñer en saldo os recursos e a terra, ao servizo de multinacionais e do sector financeiro internacional
A firma canadiana que está detrás da mina de Corcoesto quere facer unha explotación a ceo aberto, dinamitando o monte e extraendo o ouro da rocha mediante o uso de inxentes cantidades de cianuro. Na actualidade, á empresa só lle falta obter o respaldo financeiro necesario para que a Xunta de Galicia autorice o inicio da extracción, que afectaría directamente a unhas 400ha de terreos agroforestais.
Unha estratexia empresarial opaca. Unha aposta política por un modelo de desenvolvemento irracional. Unha realidade socioeconómica deprimida, polarizada nun SI ou NON á mina. Científicos e ecoloxistas que se opoñen á aprobación ambiental da Xunta, e que unen forzas coas asociacións antimina para presentar batalla legal e concienciar ao resto da poboación dos seus perigos. Medios de comunicación que se comportan como voceiros do poder. Paralelismos con proxectos similares en distintos lugares do mundo. Esta é a complexa realidade que se nos presenta, toda unha maraña que intentaremos desembeleñar co noso documental.

Características básicas

Trátase dunha longametraxe documental en formato HD. O formato é documental de creación sobre a base dunha extensa investigación. En parte, este documental é unha crónica dun proceso en marcha. Estamos en fase de rodaxe, pero tamén de documentación, localización de personaxes, guión e busca de financiamento. Polo de agora, calculamos ter rodado arredor da metade do material: entrevistas, actos institucionais, reivindicativos e de denuncia, así como actividades cotiás e festivas na zona. Temos pendente gravar outras explotacións de megaminaría en Galicia, e pasar máis tempo facendo o seguimento ao proceso de instalación mineira e resistencia popular, para o que precisaremos pasar unha pequena tempada na comarca de Bergantiños (de conseguirmos o orzamento óptimo). Tamén imos facer unha viaxe a Asturias, co gallo de coñecer de primeira man o único exemplo de minaría de ouro a ceo aberto presente na península (ademais de executado polas mesmas empresas), e para indagar na activa e , polo momento, exitosa resistencia á implantación doutro proxecto de natureza similar. Ó que hai que sumar outra viaxe a Madrid, para entrevistar a un experto en minaría internacional.
Unha vez finalizada a rodaxe, quedarannos uns poucos meses para rematar o traballo, tralas tarefas de montaxe, posprodución e subtitulado. No tocante á difusión posterior, acollémonos á licenza Creative Commons, que permite acceso libre por internet e un uso non comercial do documental por parte de calquera persoa que o desexe.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Ao primeiro, as persoas que facemos este documental implicámonos nesta tarefa motivados polo amor a unha comarca, pois intuiamos a grande ameaza que podía significar o proxecto mineiro e comprobamos que a información sobre el movíase entre opostos, de catastrófico a beneficioso, dependendo de quen a contara. Isto incentivou a nosa urxencia por entendermos o proceso e as súas consecuencias, en especial as ambientais. Iniciamos, así, unha investigación que está sendo o máis exhaustiva e contrastada posible, convencidos de que un formato de doado acceso como o documental, permitirá levar esta investigación a un público maioritario.
O traballo está dirixido, en primeiro lugar, aos directamente afectados polo proxecto mineiro de Corcoesto, os habitantes da comarca de Bergantiños.
En segundo lugar, propoñémolo como unha ferramenta ó servizo do pensamento crítico para toda a sociedade galega respecto do que pode supor unha revolución no manexo do territorio e unha ameaza para o seu patrimonio natural e cultural. Pode ser que o proxecto de Corcoesto permaneza en aparencia durmido, á espera de que a empresa consiga fondos e despunte o prezo do ouro, pero a ameaza mineiro/extractiva segue presente e cómpre posicionarse ó respecto pois as súas consecuencias non son banais nin de corta duración.
Do que queremos falar, en termos xerais, é da crecente e perigosa escisión sociedade/natureza que propón o noso modelo de desenvolvemento capitalista. Tendo en conta o auxe mineiro que estamos a vivir en todo o planeta, consideramos que esta crónica pode enlazar ou ser contrastada con outras situacións críticas noutras partes do mundo. As estratexias de implantación das compañías móstranse moi semellantes, e tamén as respostas sociais. É por isto que consideramos moi importante compartir información a nivel global, trasladando unha problemática nacida nunha pequena parroquia da Costa da Morte ó mundo enteiro.

Obxectivos da campaña de crowdfunding

Recurrimos ó financiamento vía crowdfunding movidos por dous obxectivos básicos:

  • Independencia de toda coacción por parte de calquera grupo de poder.
  • Difusión libre do documental, unha vez rematado.
    O traballo realizado ata agora o temos autofinanciado, pero necesitamos da vosa colaboración para poder chegar ata o final: desprazamentos, dietas/estadías, remuneracións puntuais para colaboradores indispensables, trámites de xestión e difusión, e custos mínimos de supervivencia, xa que o documental está requerindo da nosa dedicación a tempo completo.
    O noso primeiro obxectivo económico (6.043€) é imprescindible para finalizar o proxecto de forma artesanal e sinxela. O óptimo (11.979€) axudará a completar a factura profesional da película (axeitada dedicación en tempo e recursos ás tarefas de rodaxe, montaxe, grafismo, planos aéreos e tratamento profesional do son en posprodución). Tamén se destinará á súa difusión e proxección futura (participación en festivais nacionais e internacionais, edición de copias en DVD e material promocional).
    Confiamos no apoio social para avalar un proxecto que, pola súa temática e independencia, queda fóra dos circuítos habituais de produción e difusión audiovisual. Desta maneira abrimos unha plataforma libre, na que podedes participar todos aqueles que, dun xeito ou doutro, desexedes contribuír e formar parte do noso cometido.

Experiencia previa e equipo

Este traballo é unha aposta da directora Cora Peña, dedicada profesionalmente ó formato documental, e con especial afinidade cara os temas medioambientais. Neste eido conta cunha valiosa experiencia en relación co tema do neoextractivismo, reflectida na longametraxe documental Apash, los de fuera (https://vimeo.com/49375347), rodada na Amazonía peruana, que trata sobre o conflito dos indíxenas con goberno e multinacionais.

A carón dela, concienciados pola urxencia de dar visibilidade a esta problemática a través da edición dunha película de difusión libre, pecha filas un reducido e voluntarioso grupo interdisciplinario, que contribúen ó enfoque da película dende as súas diferentes ópticas e especialidades, científicas, técnicas e humanísticas.

Compromiso social