Achegando € 5
Pendella
Agradecimiento en los créditos
> 15 Cofinanceiros
Corre O Vento
Agradecimiento en los créditos
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Poster digital oficial del proyecto
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Poster digital oficial del proyecto
Entrada para la premiere del corto en el Courel
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Poster digital oficial del proyecto
Entrada para la premiere del corto en el Courel
Coloquio online con el equipo
Docu-Ficción sobre el despoblamiento rural, la comunidad y la persistencia de la memoria en la Sierra del Courel.
Tarefa | Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Viajes y comida
Transporte del equipo de Barcelona al Caurel y comidas (desayuno, comida, cena y mantenimiento) de todo el equipo durante los 10 días de rodaje.
|
€ 2.300 | |
Furgoneta
Alquiler de la furgoneta para el transporte de material.
|
€ 1.300 | |
Alquiler de material de fotografía
Alquiler de material de fotografía más adecuado para nuestro proyecto para complementar del que ya disponemos.
|
€ 1.400 | |
Inscripciones a festivales
Cubrir el coste de las inscripciones a festivales de cine y cortometrajes tanto nacionales como internacionales.
|
€ 500 | |
Total | € 3.600 | € 5.500 |
En Vilar, unha pequena aldea da montaña galega, aprécianse as consecuencias do despoboamento rural. As antigas e enormes casas familiares teñen agora as portas tapiadas e as enredadeiras aférranse con forza ás pedras dos seus muros. Unha noite, coa chegada de Branca, retornada dende Barcelona, estraños acontecementos comezan a inundar o lugar. Durante os días, os últimos habitantes da aldea viven a súa cotidianidade en soidade e silencio. Mais coa chegada da noite, espértase inconscientemente a súa memoria. Recordos do pasado, antigas lendas e rostros esquecidos guían aos personaxes a través de bosques máxicos e camiños nos que conseguen reencontrarse. Un vento avelaíño comeza a sacudir as árbores e coarse entre as fendas das casas, enchendo os espazos. As luces e as sombras proxéctanse nos escombros e os retratos das paredes semellan fitar atentamente. Este mundo onírico impregna cada vez máis o relato ata desembocar nun incendio que destrúe a maleza que os invade e deixa, no seu lugar, unha espesa néboa.
Corre o Vento fue seleccionado por Escac Films como candidato para recibir una dotación económica para su producción, quedando tercero en una larga lista de proyectos. Así mismo, está respaldado también por el ayuntamiento de Folgoso do Courel y por la Fundación Uxío Novoneyra, ambas instituciones basadas en la Sierra do Courel. Sin embargo, se trata de un proyecto ambicioso, y para llevarlo a cabo toda ayuda es bienvenida.
A nosa idea nace dunha serie de conversas ou entrevistas que mantivemos cos habitantes do Courel. Cada vez que nos cruzábamos cunha persoa, e intetábamos manter unha charla cotiá con ela o que obtíñamos eran anécdotas do pasado e memoria. A imaxe dunha muller soa no medio dunha aldea falando sobre as súas pantasmas e aferrándose a elas pareceunos algo demasiado importante coma para non ser contado. Nós pertencemos a esos mesmos lugares, e inda que mantemos alí as nosas raíces e familias, tamén somos os seus desertores. Por moito que o neguemos, polo simple feito de marcharnos de alí, acabamos converténdonos nunha das razóns da súa desaparición e sentenciandoo tamén a ese baleiro ao que tanto tememos. Pode que sexa ese remordemento o que nos obriga a empregar as poucas ferramentas que temos para intentar devolverlle á nosa terra o que ela nos deu.
Ao preguntarlle a unha das nosas avoas como poderíamos renderlles unha homenaxe digna por manter a nosa identidade viva, contestounos que era imposíbel. As palabras exactas de Elita foron "O pasado non se pode recuperar". Aquí démonos conta da dor que se esconde tras esta reticencia a transmitir a memoria xa que, dalgunha forma, implica liberarse dela. Si queremos falar de algo que apele á emoción dos nosos veciños debemos atopar os lugares exactos onde habitan as pantasmas, non intentando representar o pasado senón evidenciandoo no seu presente.
Tras observar ao noso redor buscando algo que se mantiña invisíbel ao ollo, encontramos unha unión que falaba de todo o que eles non mencionaran : terra, corpo e memoria. As pantasmas estaban ahí, na forma na que falaban delas, nos seus ollos, nos espazos que manteñen baleiros para elas, na terra que traballaron... Unha muller contounos que a maior dor que sentiu trala morte da súa nai fora ter que desfacerse da horta que ela cultivaba, e este mesmo relato repetíase constantemente con cada persoa coa que falábamos. Sentimos que para poder falar das súas vidas debemos facelo dende as súas preocupacións e temores.
A nosa intención é a de crear un mundo paralelo a esta verdade documental e real, que nace das súas historias personais e mitoloxía, no que o pasado dos nosos personaxes inda non desapareceu e no que poden reecontrar a súa comunidade perdida a través da memoria e os recordos. Só a través da reconciliación coas súas pantasmas este pobo poderá liberarse da súa carga e seguir adiante. O medo á desaparición fai que a dor destrúa a memoria, impedindo que esta se verbalice e se transmita.
O pasado morto non se pode recuperar, o que se foi non se pode representar, mais as pantasmas permanecen na vida: nos rostros, nos ollos, nas engurras, nas sombras, nos espazos, nos baleiros, na terra e na memoria. Mentres a memoria persista as pantasmas seguirán entre nós. Se a memoria se perde, coa última persoa capaz de lembrala, morte e vida desaparecerán para sempre. É grazas á transmisión, á decisión de liberar o rocordo e soltalo ao aire, cando a ferida se evidencia e comeza a sanarse.
O nos vínculo comeza na escola de cine (ESCAC), en Barcelona. Pronto démonos conta de que nos unían unhas fortes raíces que nos levaban unha e outra vez á nosa terra, Galicia. Despois de traballar xuntos en varios proxectos, precisamente explorando o noso concepto da identidade, (Morriña, A Muller Morta, Correntes, A Tola do Monte…) decidimos embarcarnos conxuntamente nun proxecto de maiores dimensións. Algo que realmente representase as nosas inquietudes cinematográficas e preocupacións sociais. Tomamos coma referencia a Serra do Courel xa que Paula naceu e criouse nunha destas aldeas, cuxa realidade queremos retratar. Ademais, ámbolos dous temos a voluntade de explorar unha metodoloxía máis documental, mediante un traballo de campo exhaustivo e a creación conxunta con actores non profesionais, que aporten a súa testemuña en primeira persoa ao noso proxecto. Coma xóvenes directores inspirados polas novas tendencias cinematográficas, tanto polo achegado Novo Cinema Galego coma polo cine portugués contemporáneo entre outros, queremos investigar novas formas de creación borrando os límites entre a ficción e o documental. Agora, no noso último ano de carreira, temos a oportunidade de achegarnos con seguridade e cun equipo profesional a un proxecto innovador, orixinal e fielmente comprometido coa realidade da que fala.
Cortometraje que trata sobre el despoblamiento, la presencia de la memoria como aquello que permanece, y que funciona como retrato etnográfico del Caurel. Por lo tanto, Corre o Vento funciona también como registro de la memoria del Caurel, de la gente que queda y de lo que es. Además, se trata de un corto de habla gallega, y comprometido con la retención y dar valor a la cultura gallega y todo lo que la rodea.
Pendella
Agradecimiento en los créditos
> 15 Cofinanceiros
Villamor
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
> 20 Cofinanceiros
Hòrreos
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
> 10 Cofinanceiros
Vidallón
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Poster digital oficial del proyecto
> 08 Cofinanceiros
Vilar
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Poster digital oficial del proyecto
Entrada para la premiere del corto en el Courel
> 06 Cofinanceiros
Taro Blanco
Agradecimiento en creditos
Link para el visionado del corto
Storyboard digital de la secuéncia del incendio
Poster digital oficial del proyecto
Entrada para la premiere del corto en el Courel
Coloquio online con el equipo
> 04 Cofinanceiros
Necesitamos ayuda para cubrir las dietas de una jornada completa (desayuno, comida y cena) durante los nueve dias de filmación para 15 personas. Cual