Crisis? What Crisis?

Financiado o 28 / 11 / 2014
Cofinanciado!
Obtido
€ 3.917
Mínimo
€ 3.622
Óptimo
€ 6.422
66 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 10

    O TEU NOME NOS CRÉDITOS

    O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental

    • Aparecerás na nosa páxina web como Contributor
    > 11 Cofinanceiros
  • Achegando € 20

    ADEMÁIS DESCARGAS EN HD E UN PIG

    Poderás descargar o documental en HD

    • Porquiño-peto
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental
    • Aparecerás na nosa páxina web como Contributor
    > 08 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    E PONTE A NOSA CAMISETA

    Poderás descargar o documental en HD

    • Porquiño-peto
    • Unha camiseta do documental
    • Unha foto do álbum do proxecto en máxima calidade.
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental
    • Aparecerás na nosa páxina web como Contributor
    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    SÉGUEME NA VIAXE

    Enviarémosche un link para ver o vídeo resumo de cada xornada da viaxe.

    • Porquiño-peto
    • Poderás descargar o documental en HD
    • 2 camisetas do proxecto
    • Unha foto do álbum do proxecto en máxima calidade.
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental e na nosa páxina web como CONTRIBUTOR
    > 11 Cofinanceiros
  • Achegando € 70

    COLGA NA PAREDE O NOSO CARTEL CO TEU NOME

    Cartel do documental tamaño 70 x100 cm co teu nome e a frase “eu colaborei”

    • Porquiño-peto
    • Enviarémosche un link para ver o vídeo resumo de cada xornada da viaxe.
    • 2 camisetas
    • Unha foto do álbum do proxecto en máxima calidade.
    • Poderás descargarlo en HD
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental e na nosa páxina web como CONTRIBUTOR
    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    UN BOLSO DE MATERIAL RECICLADO PARA VESTIR O NOSO LOGO

    Un bolso de tela de saco reciclado de café co logo do documental

    • Porquiño-peto
    • Poderás escoller unha foto do álbum da viaxe en máxima calidade e recibirálas dixitalmente.
    • Enviarémosche un link para ver o vídeo resumo de cada xornada da viaxe.
    • 3 camisetas
    • Poderás descargalo en HD
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental e na nosa páxina web como SPONSOR.
    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 150

    O TEU LOGO O NOME VIAXARÁ COMIGO

    O teu logo ou nome aparecerá visible nunha parte da moto

    • Porquiño-peto
    • 2 bolsos de tela de saco de café co logo do documental
    • Poderás escoller 2 fotos do álbum da viaxe en máxima calidade e recibilas dixitalmente
    • Enviarémosche un link para ver o vídeo resumo de cada xornada de viaxe
    • 3 camisetas
    • Poderás descargalo en HD
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental e na nosa páxina web como SPONSOR
    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 200

    DESCÁRGATE OS BRUTOS

    Enviarémosche un link para a descarga de todos os brutos para a súa utilización baixo licenza Creative Commons.

    • Porquiño-peto
    • O teu logo ou nome aparecerá visible na moto
    • 2 bolsos de tela de saco de café co logo do documental
    • Poderás escoller 3 fotos do álbum da viaxe en máxima calidade e recibirálas dixitalmente.
    • Enviarémosche un link para ver o vídeo resumo de cada xornada de viaxe.
    • 4 camisetas
    • Poderás descargalo en HD
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental e na nosa páxina web como SPONSOR
    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 500

    SE COPRODUTOR

    O teu nome estará visible en todos os materiais de difusión e ademais na presentación do documental como COPRODUTOR

    • Porquiño-peto
    • Enviarémosche un link para a descarga de todos os brutos para a súa utilización baixo licenza Creative Commons
    • O teu logo ou nome aparecerá visible na moto
    • 4 bolsos de tela de saco de café co logo do documental
    • Poderás escoller 4 fotos do álbum da viaxe en máxima calidad e recibirálas dixitalmente
    • Enviarémosche un link para ver o vídeo resumo de cada xornada da viaxe
    • 4 camisetas
    • Poderás descargalo en HD
    • O teu nome aparecerá nos créditos como mecenas do documental e na nosa páxina web como COPRODUTOR
    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 1.000

    VIAXA Á FIN DO CAMIÑO E SE “O PRODUTOR ASOCIADO”

    Recibirás unha invitación para 2 persoas para pasar unha semana nun apartamento do Pireo ,Atenas. (gastos da viaxe e manutención non incluídos)

    • Porquiño-peto
    • Transfer dende o aeroporto
    • Entradas para o museo da Acrópole
    • O teu nome estará visible na presentación do documental como PRODUTOR
    • Enviarémosche un link para a descarga de todos os brutos para a súa utiización baixo licenza Creative Commons
    • O teu logo ou nome aparecerá visible na moto
    • 2 bolsos de tela de saco de café co logo do documental
    • Poderás escoller 4 fotos do álbum da viaxe en máxima calidade e recibirálas dixitalmente
    • Enviarémosche un link para ver o video resumo de cada xornada da viaxe
    • 4 camisetas
    • Poderás descargalo en HD
    • O teu nome aparecerá nos créditos e na web como PRODUTOR ASOCIADO do documental.
    > 00 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Unha viaxe a través do optimismo

Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Combustible
Calculando os diferentes prezos en cada país da gasoliña e calculando un custo conservador de 17 litros cada 200 km (respetando a velocidade máxima permitida).
€ 722
Coste de Ferrys
España-Italia-Grecia
€ 200
MANUTENCIÓN E HOSPEDAXE
Aquí van os custos de comida e dormida, calculo un custo de 30€ diarios
€ 900
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
PRODUCIÓN E COMUNICACIÓN
Para conseguir levar a cabo o proxecto con éxito precisamos invertir en tempo adicado á comunicación, web, difusión antes e durante a viaxe. Apoio na loxística e os avatares propios da viaxe
€ 300
CUSTO DUNHA CÁMARA MÁIS
Aquí incluímos o custo derivado de alugar unha cámara máis con operador freelance para obter máis planos invirtindo menos tempo, o que redundará en poder rexistrar máis proxectos e persoas.
€ 1.800
Web
Complemento retributivo ao mantemento da web e xestión de materiais subidos día a día
€ 500
Necesidades Material Mínimo Óptimo
OUTROS GASTOS E COMISIÓNS
Aquí destinamos a parte para cubrir os custos das recompensas e as comisións que nos cobra Goteo, Paypal e as entidades bancarias
€ 1.500
Banda Sonora
Destiñaremos diñeiro a un compositor implicado no proxecto que decidiremos unha vez rematada a viaxe entre todos os que teñan amosado o seu apoio
€ 500
Total € 3.622 € 6.422
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Crisis What Crisis é un documental que retrata a Europa de 2014, é unha viaxe en moto a través dos países protagonistas da CRISE (PIGS.). Queremos facer visibles a persoas e proxectos que están dando unha resposta optimista e innovadora. Crisis What Crisis: a journey trough optimistics answers é unha mirada construtiva cara a crise. Unha resposta práctica e valente sobre novas formas de organización social e produción en aberto. A nosa é unha viaxe de busca compartida a través de colectivos e persoas que gozan máis da experiencia ca do diñeiro.

Rastrearemos organizacións que promovan o coñecemento en aberto, o autoconsumo e a cooperación baseándose nun modelo de negocio sostible a longo prazo e transformador.

A felicidade non é o que nos contaron, é o que nos estamos contando.

Características básicas

O documental será unha “road movie”. Unha viaxe a bordo dunha vella moto do 97, virago 1100, a través dos países protagonistas da CRISE (PIGS.). Queremos facer visibles persoas e proxectos que están dando unha resposta optimista, innovadora e transformadora.

A nosa é unha viaxe de búsqueda compartida a través de colectivos e persoas que disfrutan máis da experiencia que do diñeiro. Rastrearemos organizacións que promovan o coñecemento aberto, o autoconsumo e la cooperación baseándose nun modelo de negocio sostible a longo prazo e transformador. A felicidade non é o que nos teñen contado, é o que nos estamos a contar.

Para elo viaxarei dende o Finesterre galego ata as portas de occidente en Grecia, gravando cunha pequena cámara aos protagonistas do cambio. Ao mesmo tempo que viaxo iráse construíndo un webdocumental día a día cun resumo da xornada. Deste xeito o público poderá ir vendo un adianto do que será o documental final e ademais poderá interactuar e opinar case en directo sobre o traballo. Mesmo dirixir a ruta en función dos proxectos que vaian xordindo.

Ademais das entrevistas, irei contando en primeira persoa a miña experiencia persoal desta viaxe, as miñas opinións, as miñas dúbidas, medos, alegrías...etc construíndo un cuaderno de bitácora audiovisual.

O produto final será un documental con licenza Creative Commons, de xeito que se podan empregar as imaxes para desenvolver outros proxectos, desexando que quen aposte por este documental se involucre, participe e o faga seu axudándonos a darlle difusión.

Tamén existirá en formato web unha versión ampliada do documental final, con máis extras, e ésta tamén terá licenza CC.

b-moto-cwc.png

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Vivimos no Sur de Europa, nuns países que teñen unha tradición autoritaria da que temos saído hai pouco, cunhas clases políticas sometidas ao poder económico e que nada teñen feito para mellorar o benestar dos seus pobos. Empregaron as políticas para xerar negocio rápido apoiados pola banca e os poderes económicos.

Así nace CWC, para demostrar que existe un amplo movemiento na base que fai tremer a torre do sistema, esto entre comiñas, con novas ideas e modos de relacionarse que se basean na sostenibilidade, solidariedade, cooperación e a liberdade.

“PORCOS (PIGS): O porco doméstico adulto ten un corpo pesado e redondeado, fociño comparativamente longo e flexible, patas cortas con pezuños (catro dedos) e unha cola corta. A pel, grosa pero sensible, está cuberta en parte de ásperas cerdas e exhibe unha ampla variedade de cores e debuxos. A pesar da súa apariencia son animais áxiles, rápidos e intelixentes.”

Precisamos visualizar outras respostas, outros futuros posibles, porque se non nolos imaxinamos nunca seremos quen de facelos realidade.

Este proxecto vai dirixido, polo tanto, a tódalas persoas que buscan novas formas de vida fóra dos estándares de produción, persoas con interese en transformar dende a participación, a solidariedade, e que apostan por un mundo máis aberto e sostible.

En febreiro de 2013 nace a miña filla Helena. Este documental é tamén un regalo para ela e toda esta xeración, para que cando poda velo con capacidade de análise se fixe no mundo e o contexto no que naceu, agardando que lle serva dalgún xeito para enfrontarse á súa vida.

a-mapacwc.png

Obxectivos da campaña de crowdfunding

O proxecto non se pode realizar sen a vosa axuda.. Con esta campaña agardo cubrir os custos básicos da viaxe, como son o combustible, o material videográfico, a produción e postprodución do documental final para publicar, difundir e compartir.

f-asphalt-show.png

Experiencia previa e equipo

Xavier Belho

Traballo como freelance no ámbito do deseño gráfico e audiovisual, teño dirixido e participado na gravación e montaxe de varios videoclips (Narf, Luar na Lubre, Eliseo Parra, Aline Frazao, Banda das Crechas, ...), creado o proxecto Musicadosetimodía, gravado directos para DVDs de Eliseo Parra, Narf e Manecas Costa. Tamén participei en eventos nacionais e internacionais realizando labores de deseño, vídeo e fotografia, como Macc (Mercado Atlántico de Creación Contemporánea), Cantos na Maré, Sons, Womex, Culturgal, As nosas Músicas, Mumes, SILA, …Como deseñador gráfico traballei en Nordesía Producións e formei parte como socio da produtora Rodarte S.L.

José Doval

Desenvolvedor de software cuxa empresa é ser feliz no traballo e facer do desenvolvemento de software un oficio respetado. Involucrado en tribus como Agile Galicia ou Unutopía, comparte con Eduardo unha pequena SL onde se adica ao desenvolvemento web. Firme defensor da transparencia como motor do cambio, únese ao proxecto co afán de descubrir e contar historias que servan de inspiración a outros.

Eduardo Álvarez

Deseñador gráfico, desenvolvedor de software e modelador 3D. Compañeiro de batallas de José Doval e amigo de Xavier. Únese ao equipo coa ilusión de que a mensaxe optimista cale na sociedade.

Sonia Díaz

Licenciada en Xornalismo. Cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial.
Finalmente, en 2008, volveu a Galicia co obxectivo firme de traballar na promoción internacional da cultura galega. Tamén, desde a comunicación. Colaborou coa Xunta de Galicia e coa AGE na organización e na difusión da presenza galega nas feiras internacionais do libro, foi asesora de comunicación de Ouvirmos e de Nordesía Producións e deseñou e executou as estratexias de comunicación de varios festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas. Aínda que centrada na asesoría estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos.
Na actualidade, coordina a comunicación de diversos eventos culturais.
Entre as súas características persoais destacan a creatividade, a paixón e a súa probada capacidade de coordinación do traballo en equipo.

Andrea Villa

Licenciada en Xornalismo explorando o mundo da produción. Dende os seus primeiros pasos profesionais na Televisión de Galicia, sempre ten estado vinculada á comunicación de proxectos de dinamización cultural, festivais de cine ou de música (Ourense International Film Festival, Festival de Cans, Festival Reperkusión...). Dálle especial importancia á xestión de comunidades e ao Social Media. O seu vínculo co proxecto é claro: pertence a esa xeración que accedeu ao mundo laboral en plena crise, polo que para ela o traballo colaborativo ou en rede non é unha alternativa, é o modelo.

Licenciado en Historia da Arte, vivo e traballo en Roma dende hai 8 anos. Teño traballado como agricultor, obreiro, camareiro, axente comercial, entre outras cousas, para sobrevivir. Dende hai 8 anos colaboro cunha asociación, ANPPIA, que se adica a conserva-la memoria do antifascismo italiano. Como freelance traballo como guionista e autor de documentais (colaborei con MTV, Al Jazeera, Rcs e producións independentes). Estou moi feliz de poder axudar a Xavier, ao que coñecín a través de Sonia Díaz, porque penso que este proxecto pode ofrecer unha ollada diferente daquelo que os medios chaman crise económica temporal, mentres que eu a vexo como unha crise do sistema que sempre estivo transformando ás persoas en consumidores e que pon límites a quen quere elexir un xeito de vida distinto, quitando a dignidade á xente.

Gonzalo Suárez

Dirixe Oitoemedio Produccións, ex Hermano Karapatrov, cámara e realizador, con multitude de traballos ás súas costas, será en caso de conseguirmos o óptimo, o meu acompañante nal viaxe cunha segunda moto e prestará apoio en labores de obtención de recursos, cámara on board, son ...etc

Tamén contamos coa colaboración de Jorge García, ex Hermano Karapatrov, que é cámara e creador de visuals.

Compromiso social