Achegando € 10
Mención
Mención na web das xornadas, se a persoa así o quere.
> 03 Cofinanceiros
Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continuas navegando, considérase que das o teu consentimento para o seu uso. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies
Xornadas "RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP"
Mención na web das xornadas, se a persoa así o quere.
Cartaz das Xornadas a Cor en formato dixital.
Cartaz das Xornadas A3 a Cor a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
Chapa + Cartaz a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
Cartaz das Xornadas A3 a Cor + Camiseta a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
Cartaz das Xornadas A3 a Cor + Chapa das xornadas + Camiseta a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
Cartaz das Xornadas A3 a Cor + Chapa das xornadas + 2 Camisetas a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
Charla a colectivos, sobre activismo en xeral ou preparación de campañas.
As Xornadas terán como punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA...) sobre as persoas e a biodiversidade
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Transporte Poñentes
Voos+Taxi 4 Poñentes
|
€ 1.760 | |
Aloxamento
Aloxamento para catro poñentes.
|
€ 200 | |
Manutención
Manutención para 4 Poñentes.
|
€ 240 | |
Alquiler
Alquiler de Locais
|
€ 200 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Faldón
Faldón para as Xornadas
|
€ 100 | |
Cartazes Difusión
200 Cartazes a cor A2
|
€ 180 | |
Retornos Individuais
-Cartazes Retorno: a cor A3 90 €
-Chapas da Campaña: 30 €
-Camisetas: 300 €
|
€ 420 | |
Folletos
A5 5000 a dúas caras cor.
|
€ 120 | |
Trípticos
A4 2500 a dúas caras cor.
|
€ 130 | |
Total | € 3.100 | € 3.350 |
Xornadas que se realizarán entre os meses de marzo e abril en A Coruña, Santiago de
Compostela e Vigo, no marco da campaña global STOP TTIP. Estas xornadas terán como
punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os tratados de libre
comercio (TTIP, TISA, CETA...) sobre as persoas e a biodiversidade.
Con esta iniciativa pretendemos achegar á cidadanía, a través de diversas olladas e un
enfoque crítico e plural, que é o que vai supor a aprobación dos tratados de libre comercio.
Buscamos que a xente comprenda como lle van afectar na práctica a posta en marcha de
ditos acordos e, ao tempo, que outro tipo de alternativas poderían construírse.
“Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP” son unhas xornadas organizadas por ECOAR))) onde se analizarán polo miúdo as características, orixe, alternativas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA,...). Trátase dun encontro aberto a toda a cidadanía.
As xornadas comprenden un ciclo de 4 conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como actividades de diferente tipo (videodebate, charlas, proxeccións,...) levadas ao cabo por distintos colectivos e espazos.
“Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP” pretende, ao tempo, xerar un punto aberto onde, ademais de informarse, as persoas poidan participar e debater sobre os Tratados de Libre Comercio e todo o que os rodea, especialmente sobre o TTIP.
As xornadas ademais contarán cun espazo web aberto, onde todas aquelas persoas e colectivos que queiran poderán inscribir todos os eventos, iniciativas e accións que se vaian realizar en relación aos Tratados de Libre Comercio durante as datas que duren as xornadas (26/03/15 a 16/04/15).
Os obxectivos das Xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP” son: achegar información sobre os Tratados de Libre Comercio e as súas consecuencias ao maior número de persoas, interconectar persoas e colectivos de diversos eidos na loita contra estes tratados, xerar a percepción dunha problemática común a todas as persoas e xerar na poboación unha autopercepción de si mesma como elemento de influencia no desenvolvemento final que teñan estes tratados.
Ademais os obxectivos a acadar a longo prazo serían: xerar un autoconcepto positivo das persoas sobre si mesmas como motor de cambio, axudar a consolidar un forte tecido social na construción de alternativas e resposta social, etc.
O obxectivo da campaña de Crowfunding é financiar os gastos das Xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, que se centran de xeito central no desprazamento, manutención e hospedaxe das persoas poñentes. Ademais do aluguer de locais e gastos para a difusión.
O programa provisorio ten a seguinte estrutura:
Xoves 26 de Marzo de 2015 ás 19:30, Auditorio Centro Cívico de Teis (Vigo)
Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica sociopolítica e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI))
Martes 31 de Marzo de 2015 ás 19:00, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Compostela), Salón de Graos da Facultade de Socioloxía (A Coruña), Café de Catro a Catro (Vigo).
Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO) + Tom Kucharz (periodista,investigador social, activista ecoloxista e membro de Ecoloxistas en Acción)
Sábado 4 de Abril de 2015 ás 20:00, Salón de Actos IES Santa Irene (Vigo). Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)
Xoves 9 de Abril de 2015 ás 19:00, Salón de Actos Facultade de Económicas (Compostela). Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)
Lunes 13 de Abril de 2015 ás 19:00 Aula Magna da Facultade de Socioloxía (A Coruña). Conferencia: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).
Máis info en: http://recuperarsoberania.besaba.com/
Ademais haberá diferentes eventos (videodebate, charlas, proxeccións,...) en diversas localizacións. O resto de recursos necesarios para a realización do proxecto achegarase por parte dxs organizadorxs e todas aquelas persoas, colectivos e espazos que colaboran nas mesmas (material funible, mesas, cadeiras, infraestrutura de son,ordenadores, proxectores,...).
ECOAR))) é un espazo de coordinación e construción de alternativas e resposta social onde se integran activistas de moi diversa procedencia e perfil. A pesar do seu breve percorrido ECOAR))) tense coordinado, organizado e participado en diverso tipo de actividades, accións e mobilizacións que van dende o eido local ao internacional. Entre as súas actividades destacan:
Creación de medios e espazos públicos e abertos onde se constrúa discurso e contradiscurso.
Iniciación, apoio e defensa de proxectos, plataformas e colectivos de dinamización e crítica social.
Dinamización do entorno través de accións e iniciativas participativoreflexivas e críticas.
Seguimento e creación de iniciativas e redes que repercutan nas diferentes mobilizacións e impulsos sociais locais, nacionais e internacionais.
Colaboración e coordinación coas diferentes plataformas, espazos, colectivos e persoas que constrúan alternativas e resposta social ao sistema actual vixente.
Mención
Mención na web das xornadas, se a persoa así o quere.
> 03 Cofinanceiros
Cartaz Dixital
Cartaz das Xornadas a Cor en formato dixital.
> 03 Cofinanceiros
Cartaz
Cartaz das Xornadas A3 a Cor a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
> 07 Cofinanceiros
Chapa+ Cartaz
Chapa + Cartaz a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
> 01 Cofinanceiros
Cartaz + Camiseta
Cartaz das Xornadas A3 a Cor + Camiseta a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
> 03 Cofinanceiros
Cartaz + chapa + camiseta
Cartaz das Xornadas A3 a Cor + Chapa das xornadas + Camiseta a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
> 01 Cofinanceiros
Cartaz + chapa + 2 camisetas
Cartaz das Xornadas A3 a Cor + Chapa das xornadas + 2 Camisetas a recoller nos actos (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) + Mención na web
> 01 Cofinanceiros
Charla
Charla a colectivos, sobre activismo en xeral ou preparación de campañas.
> 01 Cofinanceiros
Colabora con ECOAR))): Buscamos, persoas que queiran integrarse como colaboradorxs ou activistas, para poder seguir facendo xornadas coma estas e outr
Axudanos a difundir as xornadas.
Se es traductor/a e queres apoiarnos traducindo materias das xornadas, fáinolo saber.
Se es periodista, ou tes contacto con algún medio e queres axudarnos a difundir as xornadas, non dubides en contactar connosco.