Acerca deste Proxecto
Amosar listado de necesidades
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Edición
Edición do vídeo
|
€ 250 | |
Rodaxe
Rodaxe
|
€ 250 | |
Traducións e/ou dobraxes éuscaro
Traducións e/ou dobraxes éuscaro
|
€ 250 | |
Traducións e/ou dobraxes Galego
Traducións e/ou dobraxes Galego
|
€ 250 | |
Traducións e/ou dobraxes Catalán
Traducións e/ou dobraxes Catalán
|
€ 250 | |
Traducións e/ou dobraxes Inglés
Traducións e/ou dobraxes Inglés
|
€ 250 | |
Edición
Edición do vídeo
|
€ 500 | |
Rodaxe
Rodaxe
|
€ 500 | |
Traducións e/ou dobraxes éuscaro
Traducións e/ou dobraxes éuscaro
|
€ 500 | |
Traducións e/ou dobraxes Galego
Traducións e/ou dobraxes Galego
|
€ 500 | |
Traducións e/ou dobraxes Catalán
Traducións e/ou dobraxes Catalán
|
€ 500 | |
Traducións e/ou dobraxes Inglés
Traducións e/ou dobraxes Inglés
|
€ 500 | |
Sala Golem
Sala Golem
|
€ 500 | |
Recompensas e envíos
Recompensas e envíos
|
€ 500 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Mantemento eeb - 5 anos (aloxamento + dominio)
Mantemento eeb - 5 anos (aloxamento + dominio)
|
€ 225 | |
Transporte
Transporte
|
€ 2.000 | |
Aloxamento
Aloxamento
|
€ 1.000 | |
Comidas
Comidas
|
€ 200 | |
Comisión Goteo
Comisión Goteo
|
€ 386 | |
Transporte
Transporte
|
€ 500 | |
Aloxamento
Aloxamento
|
€ 500 | |
Comidas
Comidas
|
€ 200 | |
Comisión Goteo
Comisión Goteo
|
€ 465 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Materiais (cámara, tarxeta de memoria, foco, micrófono, gravadora)
Materiais (cámara, tarxeta de memoria, foco, micrófono, gravadora)
|
€ 1.000 | |
Recompensas e envíos
Recompensas e envíos
|
€ 500 | |
Total | € 6.811 | € 12.476 |
Información xeral
O proxecto quere dar voz a diferentes alternativas sobre residuos, mobilidade sostible, enerxía renovable e vivenda para poder vivir nun mundo mais ético, social e respectuoso co medio ambiente.
Segundo o Acordo de París en 2015, os países do mundo acordaron manter as temperaturas globais por debaixo dos 2 graos Celsius, mentres que os estados insulares baixos, entre outros, presionaron por unha temperatura moi inferior, co obxectivo de que as consecuencias non sexan tan devastadoras.
O último informe do IPCC indica que temos 11 anos para evitar que os efectos do cambio climático sexa irreversibles.
Para iso viaxaremos por varias cidades e vilas para coñecer máis de cerca cada alternativa e demostrar que as temos máis cerca do que cremos.
Características básicas
O documental vai dirixido a:
- Institucións que queiran dar o paso e converter as súas respectivas localidades en cidades máis sostibles.
- Asociacións e plataformas que traballan en residuos, enerxía, mobilidade sostible e vivenda.
- Cidadáns e cidadás que queiran cambiar os seus hábitos cotiás para mitigar os efectos do cambio climático.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
O documental pretende ser motor de cambio tanto para institucións, empresas e cidadanía.
Obxectivos do documental:
- Concienciar sobre a problemática do cambio climático e as súas posibles solucións para mitigar os seus efectos.
- Promover o uso da mobilidade a pé, en bicicleta, transporte público e outros medios de transporte sostibles para cidades e vilas do século XXI.
- Animar ás institucións a ser valentes nas súas respectivas regulacións sobre residuos, enerxía, mobilidade e vivenda.

Experiencia previa e equipo
Iban Echandi
Naceu no 1990 en Pamplona/Iruñea. Graduado en Enxeñaría Informática na Universidad Pública de Navarra. Estivo traballando no desenvolvemento de varias páxinas web de diferentes plataformas como Greenpeace Pamplona/Iruñea, Acción Clima e plataforma 8-80 co obxectivo de converter o mundo nun máis verde, ético e xusto. Ao final coas nosas decisións como cidadás temos a capacidade de conseguir dito mundo.
Fernando
Natural de Monteagudo (Navarra) de 80 anos. Delineante de profesión, traballa como operador de CadCam (Deseño e fabricación asistida por ordenador) dende fai máis de 25 anos.
Afeccionado autodidacta ao vídeo realizou reportaxes de varias temáticas desde fai máis de 20 anos.
Voluntario de Greenpeace dende fai máis dunha década, colabora activamente para asegurar un medio ambiente digno para as futuras xeracións.
Maite
Nada en Pamplona no 1989. Euscalduna, mestra e filóloga inglesa. Convencida de que un mundo mellor é posible.
Mónica
Naceu no 1984 en Rianxo (A Coruña). Técnico superior en administración e finanzas. Aprendendo novos hábitos e cambiando costumes para que a súa pegada ecolóxica sexa a menor posible.
David
Naceu no 1965 en Inglaterra pero reside en Pamplona dende fai anos. Estudou Xenética na University College en Londres pero agora é profesor de inglés e axuda con traducións e compón música.
Leire
Leire Iribarren González. Naceu no 1979 en Pamplona/Iruñea. Doutora en Ciencias Xeolóxicas pola Universidad de Barcelona. Traballou durante máis de 15 anos como xeóloga, tanto en investigación no ámbito académico, como en consultaría para o sector privado.
Noutro ámbito, actualmente é propietaria dunha empresa turística, con valores de promocionar un turismo ético, non masivo e sostible. Ademais colabora na Plataforma 8-80 en defensa dunha mobilidade urbana sostible, promovendo o uso da bicicleta como transporte alternativo, co obxectivo de crear unha cidade máis saudable, máis segura e máis xusta, que contribúa ademais á loita contra o cambio climático.
Acción clima
É unha asociación navarra que nace dun grupo de cidadás e cidadáns preocupados polo cambio climático.
A misión da asociación é promover que teñan como obxectivo concienciar á sociedade sobre as consecuencias do cambio climático, en solitario ou en colaboración con outras asociacións que compartan os mesmos valores e obxectivos.
Traballou en diferentes actividades xunto a outras asociacións e plataformas como Navarra por los retornables e a Alianza por el clima de Navarra.

Compromiso social

Acción por el clima
Proxecto de comunicación e concienciación para loitar e mitigar as consecuencias do cambio climático. Recorreremos todo o Estado en busca de proxectos relacionados con enerxía, residuos, mobilidade sostible e vivenda nun mundo máis sostible.
Cremos que a loita, adaptación e mitigación do cambio climático non poderá lograse se non creamos unha sociedade máis xusta e máis ética, que teña en conta os límites do planeta e dos seus recursos.
O obxectivo é dar mecanismos ás institucións, empresas e cidadanía para loitar e mitigar as consecuencias do cambio climático. En definitiva, apoderar a cidadanía e dar a coñecer solucións, que as temos máis cerca do que nos imaxinamos e que foron pioneiras nas súas respectivas cidades e son exemplo a seguir.
Todos os materiais estarán dispoñibles gratis na web do Proxecto onde se poderán ver todas as iniciativas que saen no documental e moito máis.