Eco dos Teixos é un proxecto que estamos iniciando en Casaio, nunha aldea pequena na montaña para rehabilitar un edificio que foi a escola do pobo e convertilo en albergue turístico con actividades complementarias.
Coa posta en marcha do albergue, realizaremos actividades de:
- Educación ambiental
- Rutas de sendeirismo
- Campamentos: Infantís, xuvenís e en familia
- Obradoiros de artesanía, de danza, circo, etc.
A aldea conta con unhas 150 persoas e estáse reducindo a un nivel preocupante, o noso obxectivo é dinamizar a vida da aldea e impulsar proxectos coa comunidade local para convertilo nun lugar atractivo para rehabitar.
Proporemos actividades para a xente da aldea como obradoiros de ximnasia, memoria, baile... ademáis de actividades para as crianzas do pobo, como excursións, educación ambiental, cursos de formación, cineforum, obradoiros de lectura e outros.
Por outro lado, queremos que Eco dos Teixos actúe como un lugar de intercambio e convivencia entre a xente que nos visite e a población local.
IMPORTANTE. SOBRE O COVID-19
Sabemos que esta situación é complicada para todas, pero consideramos que a nivel psicolóxico e social é preciso seguir tendo encontros e relacións sociais (sempre cumprindo las limitacións sanitarias actualizadas), compartir momentos e vivencias, Xa que son a base dO benestar humano, seguir desenvolvéndonos como persoas, e ademáis, neste caso, nun entorno natural e saudable. Por isto propoñemos obradoiros e actividades de fin de semana a pesar de atoparnos nesta situación. Tódalas actividades e estancias adaptaránse ós protocolos vixentes no momento da súa realización, cumplindo así a máxima seguridade sanitaria.
IMPORTANTE. SOBRE AS RECOMPENSAS
As recompensas físicas serán entregadas nun período aproximado de 3 meses dende que remate esta Campaña.
Porémonos en contacto contigo para concretar detalles (cor de camiseta e talle, enderezo para o envío...)
Con respecto ós obradoiros de fin de semana, unha vez finalizada a Campaña, publicaranse con antelación suficiente as datas de realización según dispoñibilidade da persoa que o imparte, adaptándose á Normativa Sanitaria vixente nese momento. Realizaranse durante o ano 2021, previsiblemente na Primavera. Se a situación sanitaria nos obrigase a aplazalo, realizaríanse no Outono. En ningún caso se perderá a vosa recompensa.
No caso de que tiverades outro compromiso para esa data e non poiderades asistir, non habería inconvinte en que participárades noutro obradoiro do voso interese.
Protocolo COVID. En tódalas actividades respetaranse os protocolos vixentes no momento da realización da mesma.
Sorteo: Realizarase a través dun “Live” no Facebook de Eco dos Teixos cando finalice a Campaña e avisaremos sobre a data ó contacto que nos proporciones na donación. Tamén contactaremos coas persoas que tiverán sorte! :)
As estancias e as festas de aniversario poderánse aproveitar ata Decembro de 2022.
Facilitaremos o desprazamento ata o Albergue Eco dos Teixos (Casaio) dende O Barco de Valdeorras.
Eco dos Teixos é moito máis que un aloxamento común. Estamos deseñando un espazo cunha estética tradicional ben coidada, con espazos abertos, zonas de actividades, un comedor na planta baixa que asemella unha cova!
A parte de coidar os detalles e o trato cercano, Eco dos Texios ofrecerá unha gran variedade de actividades relacionadas co ocio, a natureza e a vida rural.
Entre os obxectivos máis destacados:
- Promover a calidade experiencial: crear itinerarios integrales que aporten interelación co entorno e coa la población local.
- Diversificar a oferta turística local.
- Dinamizar actividades de ocio e tempo libre educativo.
- Implementar programas, cursos, saídas pedagóxicas e lúdicas, obradoiros ou campamentos, orientados en gran medida á educación ambiental e ó contacto coa natureza.
- Potenciar o valor dos recursos naturais e culturais do territorio.
- Traballar a educación ambiental de maneira transversal en cada actividade
- Dar exemplo con feitos, aplicando os catro "erres" na nosa actividade: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Reflexionar (Reflexionar é o erre máis importante porque, a pouco que reflexionemos, darémonos de conta enseguida de que non é rendible, razonable nin responsable seguir a desbotar sen medida).
- Traballar con profesionais cunha alta formación e experiencia.
- Realizar unha avaliación continuada de cada actividade.
- Ofrecer a máxima seguridade en cada unha das actividades.
- Posicionar Eco dos Teixos como un espazo de desenvolvemento local referente na zona.
- Traballar de maneira continuada as relacións coa comunidade local.
Redescubrimos un territorio cun potencial altísimo: bosques, fervenzas, montaña, historia... Este lugar chamounos para que comenzáramos a soñar con este proxecto de vida.
Cada día sentíamonos máis pechadas na ciudade, cun grado alto de estrés; por iso podemos valorar mellor este proceso de cambio: poder atopar un modo de vida diferente, máis pausado, máis achegado á terra e á xente que nos rodea.
Coa creación do Albergue e centro de actividades Eco dos Teixos queremos abrir un lugar de convivencia, onde compartir experiencias relacionadas co mundo rural, a natureza, a arte e a cultura.
Comezamos hai catro anos cunha casiña familiar de turismo rural https://www.casagelita.com/. A raíz da boa acollida que tivo esta idea, decidímonos a involucrarnos máis en Casaio con este novo proxecto.
Habitualmente traballamos no sector do Tempo Libre e ocio educativo, moitas veces en condicións laborais precarias; a nosa idea é que Eco dos Teixos nos permita crear unha opotunidade laboral sólida para o noso futuro. Ademáis, sempre tivemos en mente levar a cabo as nosas propias ideas neste ámbito e cada vez estamos máis preto de conseguilo.
A parte de toda a xente que poda involucrarse no proxecto dunha ou outra maneira, o equipo de Eco dos Teixos está formado por:
Elba, Licenciada en Bioloxía, cun Máster en profesorado e Monitora de ocio e Tempo Libre. Enamorada da natureza, ten unha grande experiencia como Guía de sendeirismo, intérprete da natureza, educación ambiental e dinamizadora en multitude de campamentos e actividades de Tempo Libre. Traballa con diferentes rangos de idade, dende infantil ata a terceira idade.
Pedro, Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística, Director e coordinador de actividades de Tempo Libre e Diplomado en Relacións Laborais. Leva dende o 2013 traballando no ámbito educativo e de Tempo Libre. Neste tempo acumula unha grande experiencia como Monitor e Director de campamentos, obradoiros e multitude de actividades no ámbito sociocultural.