EIRO - Open Source Robot Kit

Financiado o 28 / 07 / 2016
Cofinanciado!
Obtido
$ 10,068
Mínimo
$ 7,392
Óptimo
$ 11,669
79 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando $ 5

    Agradecemento Web

    O teu nome aparecerá na lista pública de agradecementos da web de EIRO.

    > 12 Cofinanceiros
  • Achegando $ 11

    Agradecemento Vídeo

    O teu nome aparecerá nos créditos do vídeo final de presentación de EIRO + Agradecemento Web

    > 08 Cofinanceiros
  • Achegando $ 22

    Chapa EIRO

    Exclusiva chapa con deseño EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 11 Cofinanceiros
  • Achegando $ 33

    Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D

    Guía de instrucións en pdf e ficheiros para a impresión 3D das pezas que compoñen EIRO + Chapa EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando $ 43

    Maqueta 3D

    Maqueta a escala do robot EIRO impresa en 3D + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Chapa EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 06 Cofinanceiros
  • Achegando $ 65

    Pezas 3D

    Todas as pezas 3D que utiliza EIRO + Maqueta 3D + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Chapa EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 03 Cofinanceiros
  • Achegando $ 109

    Electrónica

    Todos os compoñentes electrónicos que utiliza EIRO + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Chapa EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando $ 163

    Compoñentes EIRO

    Toda a electrónica e todas as pezas 3D que utiliza EIRO + Maqueta 3D + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Chapa EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 01 Cofinanceiros
  • Achegando $ 190

    Kit EIRO

    Un kit EIRO (inclúe toda a electrónica, todas as pezas 3D, guía impresa e packaging) + Maqueta 3D + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Chapa EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 21 Cofinanceiros
  • Achegando $ 326

    Dous Kits EIRO

    Dous kits EIRO (inclúe toda a electrónica, todas as pezas 3D, guía impresa e packaging) + Dúas Maquetas 3D + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Dúas Chapas EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando $ 706

    Cinco Kits EIRO

    Pensado para formadores e centros educativos ou cívicos: Cinco kits EIRO (inclúe toda a electrónica, todas as pezas 3D, guía impresa e packaging) + Cinco Maquetas 3D + Guía de desenvolvemento e ficheiros 3D + Cinco Chapas EIRO + Agradecemento Vídeo + Agradecemento Web

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando $ 2,171

    Sponsor Kit EIRO

    Queres que o teu logo apareza impreso nas caixas de EIRO? Se queres ser o noso Patrocinador e levarche ademais cinco kits EIRO, esta é a túa opción. O teu logo aparecerá impreso en todas as caixas de produto que fabriquemos ata un máximo de 300 unidades.

    > 00 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Kit de robótica educativa para a montaxe dun robot humanoide programable de código aberto

Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
PROGRAMACIÓN
Desenvolvemento do programa interno do robot
$ 271
DESENVOLVEMENTO APP de control
Desenvolvemento da aplicación Android para a monitoraxe e control do robot.
$ 488
MODELADO 3D
Redeseño das pezas que compoñen o robot para a súa impresión 3D.
$ 380
DESEÑO PACKAGING
Deseño da caixa de produto.
$ 109
DESEÑO GUÍA MONTAXE
Edición e maquetación da guía de instrucións de montaxe do robot.
$ 326
PRODUCIÓN E CALIDADE
Impresión 3D, procesado de pezas, probas e control de calidade.
$ 109
VIDEO
Gravación de presentacións e animacións.
$ 271
VIDEOTUTORIAIS
Gravación de videotutoriais.
$ 163
DESEÑO GUÍA EDUCATIVA
Edición e maquetación da guía educativa para aula tecnolóxica.
$ 326
DESENVOLVEMENTO APP AVANZADA
Incorporación á aplicación Android de xogos educativos de interacción co robot.
$ 1,086
Necesidades Material Mínimo Óptimo
ELECTRÓNICA
Compoñentes electrónicos e módulos necesarios.
$ 3,257
ESTRUCTURA
Material para impresión 3D das pezas que compoñen a estrutura do robot.
$ 543
IMPRENTA
Impresión de caixas de produto e guía de instrucións.
$ 651
ELECTRÓNICA ADICIONAL
Compoñentes e módulos adicionais para funcións máis avanzadas do robot.
$ 1,520
IMPRENTA GUÍA EDUCATIVA
Impresión da guía educativa.
$ 543
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
IMPRESORA 3D
Impresora para imprimir as pezas que compoñen a estrutura do robot.
$ 543
CUSTO GOTEO SOBRE MÍNIMO
Sobre o mínimo: 4% por mantemento da plataforma e 2% da pasarela de pago
$ 445
CUSTO GOTEO SOBRE ÓPTIMO
Sobre o óptimo: 4% por mantemento da plataforma e 2% da pasarela de pago.
$ 261
IMPRESORA 3D DE MAIOR CALIDADE
Impresora 3D para imprimir as pezas que compoñen a estrutura do robot cun acabado de maior calidade.
$ 380
Total $ 7,392 $ 11,669
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Queres construír o teu propio robot humanoide?

E queres aprender como funcionan os robots, como se programan e divertirche á vez?

Queres ademais que o deseño sexa orixinal, flexible e de código aberto?

Non lle deas máis voltas! O que necesitas é EIRO.

EIRO é un Kit de Robótica co que poderás construír o teu propio robot humanoide de código aberto baseado na plataforma Arduino e cuxas pezas están fabricadas mediante impresión 3D.

O robot EIRO posúe mobilidade nas pernas, os brazos e a cabeza, sendo capaz de camiñar, bailar, sortear obstáculos, xogar, emitir sons e ser controlado cun smartphone conectándose por bluetooth.

Ante todo EIRO é un kit educativo, e como tal, este centra o seu esforzo non só en instruír na montaxe e funcionamento do mesmo, se non en ensinar, entre outras cousas, a historia da robótica, que é un robot, conceptos necesarios para entender como funciona, tipos de robots, iniciación á programación, exercicios didácticos para acometer competencias educativas básicas dos cursos de infantil e primaria,... todo iso grazas a que incorpora unha completa guía ilustrada e unha sorprendente aplicación para Smartphone.

Ademais non hai que esquecerse de que EIRO permite salvar as limitacións impostas polos fabricantes de robots convencionais, dado que a súa esencia Open source posibilita modificalo con total liberdade. Dando a posibilidade ao usuario de que modifique tanto o seu deseño estrutural, a súa arquitectura hardware, como o seu código interno e o da súa aplicación de control para smartphone.

Características básicas

★ ESTÉTICA

O deseño de EIRO está baseado no traxe tradicional de baile galego, por iso é polo que as pezas do robot fan uso das cores negro, vermello e branco, a incorporación dunha peza de cinto vermello a modo de faja e a estética da súa cabeza que lembra o estilo de caperuza utilizado neste baile.

★ CARACTERÍSTICAS

As dimensións do robot EIRO unha vez montado son sobre 140x150x93 mm e o seu peso duns 880 *gr.

O material das pezas que compoñen a súa estrutura é plástico PLA fabricado mediante impresión 3D.

Ten como unidade central unha placa compatible con Arduino, dispón de sensor de ultrasons, un zumbador, sete servos, un LED RGB, ranura micro-USB e conexión Bluetooth.

E dispón dunha App de control compatible coa plataforma Android.

★ KIT DE MONTAXE

EIRO preséntase como un kit de montaxe educativa dado que a construción dun robot constitúe un estímulo tanto para nenos como adultos, fomentando o interese polas ciencias e motivando unha actividade sa. A utilización deste recurso tecnolóxico, permite a través do xogo, desenvolver competencias como a autonomía, iniciativa, responsabilidade e traballo en equipo. Desenvolvendo tamén a autoestima e o interese pola investigación, á vez que se adquiren coñecementos de electrónica, mecánica, matemáticas, física e programación.

En definitiva este kit favorece e fortalece áreas específicas do coñecemento e o desenvolvemento de competencias no usuario a través da concepción, creación, ensamble e posta en funcionamento do robot humanoide EIRO.

O kit inclúe as seguintes partes:

  • Placa compatible con Arduino
  • Placa de expansión
  • Sensor de ultrasons
  • Zumbador
  • Sete servos
  • LED RGB
  • Módulo Bluetooth
  • Cable conexión ao PC
  • Pezas estrutura robot
  • Guía de montaxe
  • Guía educativa

★ OPEN SOURCE

A filosofía Open source está presente tanto no deseño estrutural, como do hardware e o software de EIRO.

Así mesmo a aplicación para smartphone Android, de control remoto do robot, tamén é de código libre.

O firmware é de código aberto e toda a documentación relacionada co dispositivo está publicada baixo licenzas Creative Commons.

imagen-eiro-03.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

EIRO é un kit educativo dirixido tanto a nenos como adultos, tanto para os que desexan iniciarse no apaixonante mundo da robótica, como a quen prefire profundar no desenvolvemento e programación de robots.

En NeuKos Robotics defendemos a capacidade dos usuarios para modificar os produtos e ferramentas, e adaptalos libremente como condición fundamental para impulsar a independencia tecnolóxica e fomentar a liberdade creativa.

O proxecto EIRO aspira a estender a comunidade de creadores libres que utilizan ferramentas Open source, conectando aos usuarios de EIRO con outras comunidades que tamén compartan esta forma de entender e crear proxectos de código aberto.

Fieis ao noso compromiso coa libre difusión do coñecemento, temos desenvolvido varios talleres de desenvolvemento e programación de robots en diferentes puntos do país nos que participaron todo tipo de creadores con espírito DIY.

imagen-eiro-04-v2.jpg

Obxectivos da campaña de crowdfunding

O obxectivo desta campaña é conseguir financiamento colectivo para facer fronte aos gastos asociados ao proceso de deseño, produción e documentación dun kit de robótica educativa para a construción de*EIRO, un robot humanoide de código aberto que terá a capacidade de camiñar, bailar, sortear obstáculos, emitir sons e ser controlado cun Smartphone conectándose por bluetooth.

Trátase dun kit DIY con guía explicativa de montaxe, así como documentación acerca do software e hardware que o compón, planos estruturais do robot e unha guía formativa para poder sacar o máximo partido a EIRO no sector educativo.

Ademais o robot estará deseñado de tal modo que permitirá a usuarios avanzados engadir funcionalidades e capacidades, dependendo das súas necesidades.

Así mesmo preténdese desenvolver un espazo web de referencia onde se poidan atopar todos os contidos e información útil relacionada co proxecto: esquemas, manuais, vídeo tutoriales, exemplos prácticos, ligazóns, foros de consulta, faqs, etc.

Tamén queremos xerar unha gran comunidade ao redor deste proxecto para conectala con outras comunidades de usuarios que compartan esta forma de entender e crear hardware libre, fomentando o uso de ferramentas de código aberto en todos os ámbitos.

imagen-eiro-08.jpg

Experiencia previa e equipo

NeuKos Robotics é unha iniciativa empresarial que nace en decembro de 2013 en Santiago de Compostela co obxectivo de achegar o mundo da robótica a todas as persoas.

O equipo do proxecto EIRO compono persoas con experiencia no desenvolvemento de diversos traballos no campo da robótica, electrónica, programación e deseño. Está composto polos seguintes:

• María Mercedes Monroy Cardoso - Enxeñeira Informática
• María Cristina Abad Alonso - Deseñadora de Produto
• Víctor Manuel Vigo Prieto - Videógrafo
• Marcos Alonso Martínez - Enxeñeiro Electrónico

imagen-eiro-09.jpg

Compromiso social