Achegando € 10
Agradecemento, postal e invitación
Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración
> 37 Cofinanceiros
Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?
Debes principiar sesión para ver esta páxina
Escoliña De Vilar

Min.
Opt.
Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + enviámosche dous fancines dos temas que ti escollas (saúde, natureza, elaboración de pan, agricultura, sementes, pedagoxías alternativas, sexualidade...)
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + plantamos unha árbore na túa honra para repoboar o entorno da escola
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + unha camiseta co logo do proxecto serigrafiado
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta pequena de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente.
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta grande de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente
Recuperación da antigua escola de Vilar para uso comunitario
Material
|
Mínimo | Óptimo |
|---|---|---|
|
Material para habitabilidade mínima da escola
Chan do primeiro andar: 4200€
Teito: 800€
Chan do baixo: 600€
8 fiestras (madeira, cristais, ferrollos): 1400€
Cociña de leña:1500€
TOTAL con I.V.E.(21%): 10285€
|
€ 10.285 | |
|
Instalación fotovoltaica
Placas 2.050€
Regulador 800€
Batería 3.800€
Inversor 2.300 €
TOTAL 8.950€
|
€ 8.950 | |
|
Segunda fonte de calor
Estufa de leña: 500€
|
€ 500 |
Infraestrutura
|
Mínimo | Óptimo |
|---|---|---|
|
Instalación do baño e fontanería
Sanitarios, grifería e instalación: 500€
|
€ 500 |
Tarefa
|
Mínimo | Óptimo |
|---|---|---|
|
Comisión de goteo
Comisión de goteo para o mínimo
4% de 10785
|
€ 431 | |
|
Man de obra para a habitabilidade mínima da escola
Construcción e colocación de fiestras 1500€
Chan planta baixa 1000€
|
€ 2.500 | |
|
comisión goteo
Comisión de goteo para o óptimo
4% de 11950
|
€ 478 | |
| Total | € 11.216 | € 23.644 |
A intención é poder contar cun espazo para fins educativos e sociocomunitarios que preste servizo a estas aldeas. Pretendemos levar a cabo a rehabilitación da antiga escola de Vilar, respectando a súa estrutura orixinal e con materiais tradicionais do lugar.
Neste espazo queremos acoller, por unha parte e respondendo ás necesidades concretas da poboación infantil, un espazo educativo para o desenvolvemento nun entorno natural, fomentando e promovendo a autonomía e a participación crítica, nunha relación directa ca natureza, propia e a do entorno. E por outra banda, un espazo para o encontro e o desenvolvemento comunitario no que promover actividades culturais e formativas para as que xa somos adultas pero queremos seguir medrando.
Embarcámonos neste proxecto, en especial, ante a dificultade que supón acceder desde as nosas aldeas a servizos deste tipo, que poderían ser brindados polas institucións: estamos a unha hora promedio de calquera centro educativo, de saúde, biblioteca, etc. Por iso, e ante as nosas necesidades como veciñas, decidimos dar unha resposta a esta carencia.
Por outra banda, o feito de ser este un proxecto comunitario e autoxestionado motívanos a buscar fórmulas de recadación, como a presente, que non xeneren dependencia. Para sacar adiante este proxecto non nos basta cas mans e a motivación das que traballamos nisto, necesitamos a colaboración doutras que nos queiran axudar.
A escola de Vilar é un edificio de case un século, de valor patrimonial e histórico. Nestes momentos, e embora a xente que a habitou foi manténdoa en pé con pequenas melloras, é necesario realizar unha rehabilitación que permita o seu uso.
As reformas a realizar son as seguintes:
O proxecto vai dirixido a aquelas persoas que comparten as nosas mesmas inquedanzas e problemáticas. Aquelas que coñecen a realidade do rural (en especial en Galicia), aquelas que comparten interese por unha educación baseada no respecto ás persoas e ós seus ritmos, confiando e aprendendo xuntas. Dirixímonos tamén ás que cren no empoderamento das comunidades, como elemento transformador da realidade social.
En fin, dirixímonos a todas as persoas que, por estas ou outras razóns, se senten atraidas a colaborar para que poidamos chegar a inaugurar despois de case un século esta escola.
O obxectivo é poder reunir o diñeiro necesario para levar a cabo a rehabilitación do edificio, que de outra maneira dificilmente poderíamos chegar a conseguir.
As economías das que habitamos estas aldeas son bastante precarias, entre outras razóns polo grado de illamento. Por outro lado, as características comunitarias e autoxestionadas do proxecto lévanos a buscar fórmulas de recadación, como a presente, que non xeneren dependencia.
O diñeiro pedímolo, en primeiro lugar, para a compra de materiais, e se acadásemos a cantidade óptima, para o pago de man de obra especializada e para levar a cabo tarefas máis complexas, como poden ser as instalacións.
O obxectivo inicial é conseguir 11.216€, cos que poderíamos comprar o material para crear un espazo habitable. Se conseguísemos chegar aos 23.644€, poderíamos ter un espazo confortable.
A man de obra porémola as veciñas que estamos vinculadas ó proxecto de forma voluntaria, ademais de todas aquelas que se acheguen a colaborar con nós.
O grupo de persoas que están detrás deste proxecto e conviven no val, parte dunha experiencia comunitaria cunha traxectoria de 40 años, que hoxe se materializa en realidades como a asociación de veciñas, a xestión de montes veciñais en man común ou os traballos comunais. Tamén organizamos encontros en relación coa agroecoloxía, a vida no mundo rural e a educación, ademais de actividades e obradoiros nesta liña.
Un proxecto de características similares ás da Escoliña de Vilar foi o da recuperación da antiga escola de Ernes para uso das veciñas. Supuxo unha aprendizaxe no que ten que ver ca organización grupal, posto que a actividade a desenvolvemos as propias veciñas. Un primeiro equipo con coñecementos de bioconstrución organizaba o traballo e outro equipo máis amplo poñía a forza de traballo. Hoxe en día este edificio está en marcha e ofrece un servizo de gran valor para a comunidade (internet, biblioteca, botiquín, actividades lúdicas e culturais...).
No ámbito concreto deste proxecto, hai grupos de traballo que desenvolven actividades acordadas por todas na asemblea xeral: dirección de obra, traballos de preparación e desescombro, procura de financiamento e difusión.
Agradecemento, postal e invitación
Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración
> 37 Cofinanceiros
Dous fancines
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + enviámosche dous fancines dos temas que ti escollas (saúde, natureza, elaboración de pan, agricultura, sementes, pedagoxías alternativas, sexualidade...)
> 42 Cofinanceiros
Plantamos unha árbore na túa honra
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + plantamos unha árbore na túa honra para repoboar o entorno da escola
> 56 Cofinanceiros
Camiseta con logo
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + unha camiseta co logo do proxecto serigrafiado
> 50 Cofinanceiros
Cesta pequena de produtos locais
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta pequena de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente.
> 30 Cofinanceiros
Cesta grande de produtos locais
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta grande de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente
> 10 Cofinanceiros
Calquera axuda na difusión do proxecto durante a campaña será benvida, sempre que se respecte a mensaxe orixinal.
Se sabes sobre o tema e che apetece botarnos unha man durante a obra, contacta connosco e quedamos.
Acolleremos voluntarios nos momentos da obra nos que fagan falta máis brazos. Se te apuntas, poñémonos de acordo e ves