IV Festival Reina Loba

Financiado o 28 / 07 / 2018
Cofinanciado!
Obtido
€ 7.485
Mínimo
€ 6.000
Óptimo
€ 19.270
241 Cofinanceiros
  • Achegando € 5

    Grazas pola túa axuda!

    Os lobos e lobas dos Blancos agradecemos de corazón a túa achega!

    > 13 Cofinanceiros
  • Achegando € 10

    Entrada voluntaria

    Entrada voluntaria. Lévasche a pulseira do Festival Reina Loba e un CD recompilatorio coas cancións que soarán no festival.

    > 125 Cofinanceiros
  • Achegando € 25

    Entrada voluntaria+ Chapa + Lámina exclusiva

    Xunto coas recompensas da entrada voluntaria, lévasche ademais unha chapa do festival e unha lámina de edición limitada.

    > 41 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Entrada voluntaria + Camiseta

    Lévasche as recompensas da entrada voluntaria, pero ademais, lévasche unha camiseta do festival, de algodón ecolóxico e serigrafiada polo equipo Matrioska.

    > 34 Cofinanceiros
  • Achegando € 75

    Quero a bolsa!

    Ademais das recompensas da entrada voluntaria e a camiseta, lévasche a bolsa (totebag) do festival, tamén de algodón ecolóxico e cun novo deseño serigrafiado a man.

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Lévomo todo!

    Lévasche a pulseira exclusiva, o CD recompilatorio, a chapa, a lámina de edición limitada, a camiseta e a bolsa do festival.

    > 09 Cofinanceiros
  • Achegando € 250

    Obra de arte orixinal

    Con esta recompensa lévasche unha obra de arte orixinal, feita por un membro de Espacio Matrioska. Poderás elixir quen cha fará. (Medidas e técnica a convir).

    > 04 Cofinanceiros
  • Achegando € 3.000

    Posibilidade de patrocinio

    Se tes unha empresa e queres colaborar co festival, enviarémosche o noso dossier de patrocinios e valoraremos o patrocinio (aparición en cartelería, redes sociais e no propio festival).

    > 00 Cofinanceiros
  • Achegando € 3.000

    A caixa sorpresa!

    A caixa, a caixa!

    > 00 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Carto encontro de artes, música e ecoloxía nos Blancos (Ourense) organizado por Espacio Matrioska

Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Aluguer de equipo técnico, de luces e técnicos.
Traballamos cada ano con Odaiko Krea, empresa de son profesional que traballan en Galicia e coa que temos gran confianza.
€ 3.500
Infraestrutura
Adecuación das zonas do festival, materiais para o novo escenario secundario, barra e letrinas
€ 3.000
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Cachés de bandas musicais
Parte dos cachés das bandas musicais, para alcanzar a cifra mínima do festival.
€ 2.500
Gastos de difusión
Impresión de carteis, publicacións promocionadas...
€ 270
Barra
Gastos de barra, aluguer de extintores, bebidas...
€ 4.300
Gastos de Crowdfunding
Porcentaxe para Goteo.org y xestión eenvío das recompensas
€ 1.000
Necesidades Material Mínimo Óptimo
Gastos de adecuación e decoración
Decoración das zonas comúns e do cámping.
€ 400
Merchandising
Compra de sudaderas, camisetas e bolsos de algodón ecolóxico. A serigrafía facémola nós/ as. Compra de novos vasos reutilizables.
€ 4.300
Total € 6.000 € 19.270
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

O Festival Reina Loba é un encontro libre e aberto nun contexto rural máxico, a zona dá Baixa Limia, en Ourense. Rodeados de carballos e castiñeiros conviviremos tres días de música, artes e ecoloxía. A través de concertos en dous escenarios feitos a man gozaremos de máis de 15 bandas e artistas, que abarcarán desde mestizaxe, canción de autor a música tradicional. O cartel deste ano preséntase con algunhas bandas como LaOtra y las Locas del Co, Habelas Hainas, Pedro Pastor ou Balkumbia.
Doutra banda, a oferta extramusical do evento será igualmente completa, con obradoiros, charlas, proxeccións e exhibicións, sobre artes plásticas, desenvolvemento sustentable, feminismos, autoedición ou arte urbana. As actividades están ideadas para todos os públicos.
Todo iso traballando desde e pola contorna, coidando a infraestrutura, utilizando materiais reciclados, fomentando o consumo responsable e a correcta xestión dos residuos.

Características básicas

O Festival Reina Loba terá lugar os próximos días 9, 10 e 11 de Agosto (xoves, venres e sábado) e nel son diferenciables catro claros eixos:

  • Música: Mais de 20 bandas danse cabida nos dous escenarios do festival. Apostamos por bandas emerxentes, onde teñen cabida estilos de fusión, reggae, mestizaxe, canción de autor, jazz... ademais de respectar un lugar á música tradicional galega. Polos escenarios do Festival Reina Loba xa pasaron artistas como Club del Rio, Swingdigentes, Alpargata, Pedro Pastor, Chotokoeu ou Habelas Hainas.

  • Obradoiros e exhibicións: A oferta extramusical é igualmente relevante e variada. Apostamos por obradoiros, totalmente abertos, levados a cabo por diversos profesionais cos que contamos en cada edición, con temáticas variadas, centradas nas artes, a ecoloxía e o respecto. Desde a primeira edición leváronse a cabo obradoiros sobre permacultura, autoedición, enerxías renovables, cosmétcia natural, pintura colaborativa, pintura mural, arquitectura téxtil ou baile tradicional. Cada edición acolle, tamén, actividades enfocadas aos/ as máis peques.

  • Ecoloxía e respecto: Traballar xerando un evento respectuoso é unha parte fundamental do mesmo. O festival constrúese empregando materiais reciclados e toda a infraestrutura está deseñada e construída pola organización. Fabricamos nosas propias letrinas secas e levamos a cabo unha ampla campaña de xestión e separación de residuos. Os vasos son reutilizables e alquilables, evitando o consumo de plásticos dun só uso. Ademais, existe o grupo de traballo "respecto", que vela polo correcto funcionamento do encontro, con sinalizacións, campañas de difusión, estratexias de respecto... Neste grupo tamén remarcamos a separación de zonas de acampada, en cámping Trono (para os/ as mais fiesteros/ as) e cámping Brisa (para familias e xente mais relaxada). Ademais, pretendemos un transporte mais ecolóxico, polo que promovemos o vehiculo compartido.

Os principais obxectivos que queremos conseguir son:

  1. Xerar un encontro alternativo no rural galego.
  2. Promover e difundir as artes en todas as súas vertentes.
  3. Propoñer unha axenda musical variada e de calidade, con representación do folk galego.
  4. Poñer de relevo o rural e as comunidades que o habitan.
  5. Desenvolver actividades e obradoiros amplos, de calidade e para todos os públicos.
  6. Traballar desde o respecto e o coidado á contorna e a comundiad.
  7. Defender e promover valores como o respecto, o coidado, a aposta pola cultura ou a igualdade de xénero.
  8. Coidar a presenza feminina tanto na sección musical como nos talleres e exhibicións.
20988311-1429015007216026-2744936809843024655-o.jp 20989181-1429018070549053-8343448630590439285-o.jp

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

A cuarta edición do Festival Reina Loba proxéctase como o afianzamento do encontro. Tras tres edicións ás costas, cada novo ano exponse desde a aprendizaxe dos anteriores, corrixindo erros e evolucionando en positivo. Seguimos vendo necesario e enriquecedor un festival de verán enfocado desde os valores do respecto, a pluralidade, a promoción das artes e a cultura que siga ocorrendo no rural galego.
Xerar proxectos por e desde o rural axudan a situar este contexto no mapa, moitas veces marxinado, especialmente desde o ámbito da cultura.
Outro ano mais, o Festival Reina Loba vai dirixido a todo tipo de público, desde mozos de todas as idades, á xente do propio pobo, anciáns, familias con nenos/ as... traballando nun evento interxeracional e plural, enfocado desde a convivencia e o respecto.

20988996-1429016033882590-549032519148378198-o.jpg 21055847-1429015537215973-170587371359269989-o.jpg

Experiencia previa e equipo

O Festival Reina Loba é un proxecto do colectivo artístico, constituído como asociación sen ánimo de lucro e como cooperativa, Espacio Matrioska. Actualmente integrado por oito colegas (Marta, Alberto, Laura, Cuco, Lucas, Ana, Jesús e Bruno) graduados/ as en Belas Artes e de diferentes puntos do territorio español (Valladolid, Madrid, Badajoz e Burgos) que formaron o proxecto fai xa case catro anos.
Espacio Matrioska desenvolve proxectos de todo tipo, centrados na produción e a xestión cultural. Ademais, de maneira paralela, cada integrante desenvolve o seu propio traballo artístico persoal.
Ao ser un equipo multidisciplinar, os nosos saberes forman un conglomerado de coñecementos que abarca desde a pintura, a ilustración, a serigrafía, a música, o traballo mural, a escultura, as prácticas audiovisuais...

foto-equipo-insta.jpg

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Ciudades y comunidades sostenibles

    Lograr que las ciudades y los asentamientos humanos sean inclusivos, seguros, resilientes y sostenibles

  • Producción y consumo responsables

    Garantizar modalidades de consumo y producción sostenibles

  • Acción por el clima

    Adoptar medidas urgentes para combatir el cambio climático y sus efectos