Financiado o 18 / 07 / 2014
Cofinanciado!
Obtido
€ 21.015
Mínimo
€ 19.950
Óptimo
€ 24.950
186 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 10

    Mención na plataforma

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv.

    > 20 Cofinanceiros
  • Achegando € 25

    Mención + bolsa de tea

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño.

    > 30 Cofinanceiros
  • Achegando € 35

    Mención + Bolsa de tea + Documental

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + un documental descargabel de Eguzki Bideoak

    > 11 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Mención + Conta de 5GB Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha conta de 5GB en Makusi para un ano.

    > 35 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Mención + bolsa de tea + documental + libro

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + un documental descargabel de Eguzki Bideoak + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños.

    > 22 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Mención + Conta de 5GB en Makusi.tv + Conta en Nodo50

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha conta de correio en Nodo50 para un ano + unha conta de 5GB en Makusi para un ano.

    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Mención + Bolsa de tea + 2 Documentales + Libro + Conta en Nodo50

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + dous documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + unha conta de correio en Nodo50 (200MB) para un ano + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños.

    > 07 Cofinanceiros
  • Achegando € 250

    Mención + Bolsa de tea + 2 documentales + Libro + Conta en Nodo50 + Conta de Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + dous documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños + unha conta de correio en Nodo50 para un ano + unha conta de 5GB anuais en Makusi.tv.

    > 03 Cofinanceiros
  • Achegando € 500

    Mención + 2 Bolsa de Tea + 3 Documentales + Conta en Nodo50 para 2 anos + Libro + Conta en Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + dúas bolsas reutilizabeis de tea cun bonito deseño + tres documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + unha conta de correio en Nodo50 para dous anos + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños + unha conta de 15GB anuais en Makusi.tv.

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 1.000

    Mención + 2 Bolsa de Tea + 3 Documentales + Conta en Nodo50 para 2 anos + Libro + Conta en Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + dúas bolsas reutilizabeis de tea cun bonito deseño + tres documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + unha conta de correio en Nodo50 para dous anos + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños + unha conta de 25GB para un ano en Makusi.tv e ...

    > 04 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Plataforma de alojamiento y visionado de vídeo en la red dirigido a colectivos, productoras independientes y creadoras y creadores.

Necesidades Material Mínimo Óptimo
Discos externos
2 discos duros externos de 2 TB cada un para copias de seguridade dos computadores de oficina.
€ 350
Dispositivo de almacenamento
Dispositivo NAS (Network Attached Storage) que irá conectado ao servidor para almacenamento dos vídeos. Con 4 discos SATA de 3 TB.
€ 1.500
Servidor
Servidor dedicado coas seguintes características: Dobre procesador Xeon E5, 64 GB de RAM, discos duros SAS en RAID 10
€ 4.500
Computadores
2 computadores potentes que permitan traballar con fluidez editando e convertendo ficheiros de vídeo.
€ 2.000
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Programación
Deseño gráfico, creación de deseños de marcos, creación dun persoal de wordpress, testeo de plugins existentes, desenvolvemento de plugins de wordpress, creación dun programa de procesamento de colas de conversión de vídeos, crear un código de inserción do vídeo noutras páxinas, deseño adaptabel a móbil e tablet, creación dun espazo para a interacción entre usuari@s, foros de discusión etc...
€ 8.500
Programación optimizada
Preparacion dun paquete e instrucións do código fonte da plataforma de makusi.tv. Estudo e desenvolvemento dunha ferramenta para a edición conxunta dos subtítulos entre varios usuarios. Optimización das ferramentas para a mellora da interacción entre os membros da comunidade de usuarios. Streaming p2p, pagos con bitcoin...
€ 3.000
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Sistema de copias de seguridade
Espazo para copias de seguridade dos videos nun segundo centro de datos. Prezo do primeiro ano.
€ 500
Aloxamento nun centro de datos
Aloxamento do servidor e o NAS nun centro de datos, con ancho de banda garantido. Prezo do primeiro ano.
€ 4.600
Total € 19.950 € 24.950
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Makusi.tv será un gran contenedor de produción audiovisual con todo tipo de contidos. Un ecosistema no que se atopen tódolos axentes da produción que polo tipo de actividade que desenvolven teñan necesidades similares.

Partimos dun traballo feito e queremos continuar nese xeito de entender o mundo: a nosa intención é conectar a tódalas usuarias e usuarios, creando sinerxias, facilitando o intercambio.
En makusi.tv cremos na autoxestión, a creación e o empoderamento desde a base, evitando o monopolio da información. Cremos na coherencia continente (plataforma web aberta) e contido (video libre). Por iso construimos unha ferramenta autónoma creada desde os mesmos principios que inspiran as nosas obras, que son o traballo en cooperación cos movementos sociais e as autoras e autores independentes. Apostamos polo coñecemento aberto, a través do software libre e as licenzas tipo copyleft, e polo respecto ao traballo “de autor" sen someternos a condicionamentos externos á hora de censurar un produto.

A plataforma web será desenvolvida exclusivamente con código e software copyleft, o servidor será Linux e a libraría de procesamento de vídeo tamén será de código aberto producido baixo a licenza GPL.

Utilizaremos un xestor de contidos (CMS) como plataforma baseado na linguaxe php e
a base de dados mysql ámbalas dúas producidas con licenza aberta e prové alta fiabilidade técnica ao ser unha das opcións maioritarias hoxe en día para a elaboración de sitios web
profesionais. Os servidores de Nodo50 funcionan con software igualmente libre.

Características básicas

Queremos lanzar unha iniciativa que se sosteña noutros xeitos de facer:
• con autonomía: sen apoio de partidos, empresas privadas ou administracións públicas.
• sen publicidade: sen anuncios, banners, malware nen xanelas emerxentes.
• sen censura: sen retirada de contidos por presións políticas, empresariais ou policiais.
• con privacidade: sen comercio cos dados e informacións que se teñan subido.
• en código aberto: con programas non propietarios para a programación e o deseño.
• con licenzas libres: protección do acceso aos contidos aloxados con Creative Commons.
• facendo comunidade: non só un ecosistema, pero para os contidos audiovisuais críticos.
• con visibilidade: apertura á realidade e conexión coa actualidade.

Podemos resumir o seu funcionamento nos seguintes apartados:
a. Cada colectivo ou persoa usuaria terá un espazo para subir os seus traballos e compartilos co público, contando con ferramentas de promoción dos contidos.
b. Facendo uso da rede construída en Makusi.tv, animarase á participación e á mellora da plataforma.
c. Facendo uso do espazo ofrecido atópase en servidores
especializados e técnicamente adaptados para a xestión de video.
d. A través do pago dunha cota que se axustará ás distintas necesidades e, en tódolos casos, o servizo incluirá flexibilidade de pago (mensual, trimestral, semestral ou anual), servizo técnico telefónico e gratuito (asesoramento e seguimento) e xestión online
(facturas e domiciliacións).

home-hosting-2.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Este espazo web permitirá aos creadores subir as súas creacións, e se o desexan, monetizar o seu produto ofrecendo a posibilidade de facer descargable o seu produto. Evidentemente incluiranse tódalas ferramentas de promoción de vídeos nas redes sociais así como un código de inclusión para amosar os vídeos en páxinas web de terceiros.

Queremos que Makusi sexa tamén un espazo de comunicación e intercambio de coñecementos arredor da creación de documentais sociais, disporá dun espazo de forum e dun espazo de recursos onde produtores e usuarios poderán obter e intercambiar recursos de vídeo como o son, subtítulos, ou arquivos fonte de títulos, efectos de imaxe e son, cortinillas, clips de vídeo curtas e fotografías.

A páxina será multilingüe, nun principio en castelán, éuscaro, catalán, portugués, galego e máis adiante en inglés e francés tamén.

Obxectivos da campaña de crowdfunding

Os portais de video-hosting comerciais son propiedade de multinacionais que ofrecen servizos de balde ou tarifas moi baratas porque:

1.- Basean a súa viabilidade económica na publicidade que outras multinacionais lles pagan para anunciarse na túa pantalla.
2.- Pola súa natureza transnacional e inmaterial (xa que os seus produtos son un material dixital e intanxible) pódense aproveitar fácilmente das vantaxes ofrecidas por paraísos fiscais. Asemade están asociadas a outros emporios económicos que polo seu tamaño poden obter reducións fiscais. http://es.wikipedia.org/wiki/Para%C3%ADso_fiscal
3.- Almacenan, procesan e venden a outras multinacionais a información que o teu ordenador xenera cando navegas pola rede. http://mashable.com/2012/03/01/google-privacy-data-policy/#_

A creación dun portal desta natureza, vén dado pola necesidade de ter unha ferramenta que proceda desde o mundo do documental social e que poida adecuarse ás necesidades que vaian xurdindo a través da comunidade de usuarios, que o alimentan e que poderían participar no proceso de evolución dos servizos que ofrece makusi.tv.

Así mesmo, para posibilitar a disposición dunha ferramenta que dea visibilidade aos traballos que xa se realizaron desde Eguzki bideoak, e que ata a presente data necesitaban dun portal de compartición de vídeo para dar a coñecer os seus traballos.

Doutra banda Nodo50, provedor de servizos de internet, desexa dar un paso máis aló na súa prestación de servizos nun momento de forte irrupción dos contidos multimedia.

servidores.jpg

Experiencia previa e equipo

A distribuidora de documentais de Eguzki Bideoak é un proxecto que naceu hai 8 anos desde o colectivo do mesmo nome. É unha área de traballo independente e asemblearia que xurdiu ante a demanda de materiais audiovisuais antagónicos, críticos e visibilizadores de diferentes realidades, sempre co compromiso de dar vida ás linguas minorizadas e garantindo un acceso universal á cultura, a través das licenzas libres.

Nodo50 é un provedor de servizos de Internet sen ánimo de lucro orientado aos movementos sociais. O proxecto xorde en 1994 no contexto das mobilizacións contra o FMI para dotar de ferramentas de comunicación aos movementos sociais. Na actualidade aloxa webs, correos e outros sevizos na rede para máis dun milleiro de colectivos.

foto-equipo_1.jpg

Compromiso social