MUUHLLOA, la cosmética de la naturaleza.

Cumbraos de Abaixo, España
1ª rolda Quedan 3 días
A polo óptimo
Obtido
€ 8.166
Mínimo
€ 7.065
Óptimo
€ 19.865
145 Cofinanceiros
Achegando € 10
Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"
Lembra que fas unha doazón . Por cada 10€ que achegues, Facenda devolverache ata 7.5€.
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 04 Cofinanceiros
Achegando € 15
Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago" + Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 15€ que achegues, Facenda devolverache ata 11.25€.
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 07 Cofinanceiros
Achegando € 20
Infusión ecolóxica de Milenrama e menta + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago" + Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas. Más info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

A combinación da Milenrama e a Menta, favorece unha boa dixestión e é ideal para a resaca.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 20€ que achegues, Facenda devolverache ata 15€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 04 Cofinanceiros
Achegando € 20
Infusión ecolóxica de Artemisa +Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago" + Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas.

A Artemisa é relaxante e alivia o estrés diario.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 20€ que achegues, Facenda devolverache ata 15€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 03 Cofinanceiros
Achegando € 20
Infusión ecolóxica de Melisa + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago" + Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas.

A Melisa alivia a dor de cabeza e axuda a regular a tensión arterial.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 20€ que achegues, Facenda devolverache ata 15€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 02 Cofinanceiros
Achegando € 20
Infusión ecolóxica de Ourego + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago" + Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas.

O Ourego é ideal para catarros e afeccións do sistema respiratorio.
Gastos de envío incluídos dentro da península..
Lembra que fas unha doazón. Por cada 20€ que achegues, Facenda devolverache ata 15€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 01 Cofinanceiros
Achegando € 20
Infusión ecolóxica de Salvia + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago" + Pack de sementes de plantas medicinais ecolóxicas.

A Salvia é ideal para a hipersuoración e problemas relacionados coa menopausa.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 20€ que achegues, Facenda devolverache ata 15€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 04 Cofinanceiros
Achegando € 25
Visita Milhulloa + visita Granxa Maruxa +Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Visita guiada ás nosas instalacións
Máx 15 persoas.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 25€ que achegues, Facenda devolverache ata 18,75€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 02 Cofinanceiros
Achegando € 25
Grelo deshidratado ecolóxico + Infusión ecolóxica a elixir +Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Un paquete de 60 grs de grelos deshidratados que equivale a medio kg de grelo fresco.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 25€ que achegues, Facenda devolverache ata 18.75€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 13 Cofinanceiros
Achegando € 35
1 bote de leite corporal ecolóxico Muuhlloa +Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Leite corporal elaborado con leite de vaca ecolóxico e oleato de milenrama ecolóxico.
A unión destes dous ingredientes favorece a produción de coláxeno e mantén a pel hidratada, suave e protexida todo o día.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 35€ que achegues, Facenda devolverache ata 26,25€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 15 Cofinanceiros
Achegando € 50
Obradoiro de cosmética ecolóxica natural no noso laboratorio rural + visita guiada a Granxa Maruxa. Máximo 15 persoas. Lembra que fas unha doazón . Por cada 50€ que achegues, Facenda devolverache ata 37,5€ Máis info: https://www.goteo.org/calcul

Obradoiro de cosmética ecolóxica natural no noso laboratorio rural + visita guiada a Granxa Maruxa.
Máximo 15 persoas.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 50€ que achegues, Facenda devolverache ata 37,5€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 04 Cofinanceiros
Achegando € 60
Ruta de disco tascas con Xurxo Souto ( Os Diplomáticos de Monte Alto )

Xurxo Soto, amenizaranos por 4 tabernas da Ulloa.
Inclúe transporte e a primeira consumición en cada unha das tabernas.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 60€ que achegues, Facenda devolverache ata 45€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 05 Cofinanceiros
Achegando € 60
Crema facial ecolóxica Muuhlloa +Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Crema rexeneradora facial ecolóxica, feita con ingredientes activos, procedentes na súa totalidade das terras e mares de Galicia, que achegan excelentes propiedades antioxidantes, rexeneradoras, reparadoras e hidratantes á pel.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 60€ que achegues, Facenda devolverache ata 45€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 05 Cofinanceiros
Achegando € 60
Loción capilar ecolóxica Muuhlloa + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Loción capilar que presenta unha actividade estimulante do coiro cabeludo, fortalecéndoo grazas ás propiedades que lle confire o pemento de padrón picante, ortiga, romeu, salvia e ademais a acción do buxo que desde hai séculos se vén usando no tratamento de problemas capilares.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 60€ que achegues, Facenda devolverache ata 45€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 04 Cofinanceiros
Achegando € 75
Crema facial ecolóxica Muuhlloa + Infusión ecolóxica de milenrama con menta + Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Crema rexeneradora facial ecolóxica, feita con ingredientes activos, procedentes na súa totalidade das terras e mares de Galicia, que achegan excelentes propiedades antioxidantes, rexeneradoras, reparadoras e hidratantes á pel.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 75€ que achegues, Facenda devolverache ata 56,25€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 02 Cofinanceiros
Achegando € 100
Lote de produtos da Ulloa +Libro dixital: "Recompilación de remedios do Camiño de Santiago"

Bote de especias ecolóxicas de "Herbas da Ulloa" + Paquete de grelos ecolóxicos deshidratados + Infusión ecolóxica a elixir + 1 Bote de crema corporal ecolóxica Muuhlloa + 1 Bote de crema facial de alta hidratación de Muuhlloa.
Gastos de envío incluídos dentro da península.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 100€ que achegues, Facenda devolverache ata 75€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 11 Cofinanceiros
Achegando € 200
1 noite con almorzo ecolóxico incluído na comarca da Ulloa +Obradoiro de cosmética en Milhulloa + visita Granxa Maruxa

Experiencia de unha noite na comarca da Ulloa con visita guiada á comarca.
Máx 2 persoas.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 200€ que achegues, Facenda devolverache ata 127.5€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 01 Cofinanceiros
Achegando € 300
1 noite con almorzo ecolóxico incluído na comarca da Ulloa +Obradoiro de cosmética en Milhulloa + visita Granxa Maruxa

Experiencia dunha noite na comarca da Ulloa con visita guiada á comarca.
Máx 4 persoas.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 300€ que achegues, Facenda devolverache ata 157.5€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

> 00 Cofinanceiros
Achegando € 500
2 noites con almorzo ecolóxico incluído na comarca da Ulloa + Obradoiro de cosmética en Milhulloa + visita Granxa Maruxa

Experiencia de dúas noites na comarca da Ulloa con visita guiada á comarca.
Máx 4 persoas.
Lembra que fas unha doazón . Por cada 500€ que achegues, Facenda devolverache ata 217.5€
Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal



> 01 Cofinanceiros
Achegando
> 00 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

Un novo concepto de cosmética ecolóxica transformando materias primas tradicionais en eficientes principios activos.
Tarefa Mínimo Óptimo
Ensaio de eficacia dos conservantes. (Challenge test)
A Directiva Europea de Cosméticos (76/768/ECC) require que os novos produtos cosméticos lanzados ao mercado sexan previamente avaliados mediante métodos científicos recoñecidos polos reguladores. Desde o punto de vista microbiolóxico, os estudos Challenge Test permiten determinar se se desenvolven determinados microorganismos patóxenos ou alterantes.
€ 1.500
Certificación ecolóxica.
Gastos derivados da obtención do selo BioVidaSana Ecoplus.
€ 1.250
Investigación e Desenvolvemento.
Gastos derivados da investigación e desenvolvemento dos novos produtos: Xampú, xel, auga micelar e protector labial.
€ 1.500
Formulación perfume.
Creación dun perfume ecolóxico a base de aceites esenciais.
€ 200
Deshidratado das plantas medicinais.
Gastos necesarios para o deshidratado das nosas plantas, nunha cámara de secado a temperatura óptima, para a conservación dos seus principios activos.
€ 500
Gastos de xestión.
Gastos de xestión para o pago de comisións para as doazóns que se realizan a través de tarxeta e xestión na plataforma.
€ 1.500
Fabricación dos novos produtos.
Gastos para a fabricación, etiquetaxe e envasado do xampú, auga micelar e protector labial.
€ 10.000
Material Mínimo Óptimo
Destilador.
Necesitamos un destilador de maior capacidade para a produción dos nosos hidrolatos.
€ 915
Compra de materia prima.
Inclúe a compra da materia prima ecolóxica, mel, aceites esenciais, fermento de cervexa, aceite de xirasol de primeira prensada en frío, bagazo de mazá e algas.
€ 1.700
Ampliación de cultivos.
Inclúe o material necesario para a propagación e cultivo das especies seleccionadas para os novos produtos. Malla antiherbas, equipo de rega e fertilizante ecolóxico.
€ 800
Total € 7.065 € 19.865
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Muuhlloa é unha sociedade que constituímos en 2016 cinco mulleres universitarias coa finalidade de crear a primeira liña de cosmética ecolóxica elaborada con leite de vaca recentemente muxido para a completa conservación dos seus nutrientes e daquelas plantas e produtos tradicionais de Galicia que, tras numerosos estudos analíticos, demostraron posuír inmellorables propiedades para o coidado da pel.

A nosa sociedade é o resultado da unión de dúas iniciativas nadas hai 19 anos na comarca da Ulloa (corazón de Galicia, cuxas principais fontes económicas son a gandaría e a agricultura) que, mediante a recuperación de granxas familiares en decadencia, fomos quen de demostrar as enormes posibilidades existentes dentro do mundo rural.

Estas iniciativas son:

Granxa Maruxa que decidiu continuar coa produción láctea pero reconverténdoa en ecolóxica, á vez que apostou por facer visible as posibilidades dun rural diferente mediante a simbiose do mundo gandeiro e o artístico, servindo de escenario para distintas propostas culturais: exposicións, conferencias, Monterrosón, Festival Agrocuir da Ulloa...

A Cooperativa Milhulloa reconverte unha vella granxa nun laboratorio de ideas para a recuperación, conservación e comercialización de plantas medicinais autóctonas en estreita colaboración coa Universidade de Santiago. Así mesmo foi pioneira en proxectos como a elaboración do grelo ecolóxico deshidratado.

En Muuhlloa, a nosa idea é partindo dunha materia prima idónea para o coidado corporal,- pero curiosamente infravalorada desde o punto de vista do concepto actual de mercado- , poder ofrecer ao consumidor un novo concepto de cosmética moito máis eficiente e claramente sostible.

Tras tres anos de estudo para conseguir a formulación ideal, saímos ao mercado sen ningún tipo de financiamento, esgotando os nosos recursos propios na investigación e desenvolvemento do proxecto. Por iso, a vosa colaboración é agora imprescindible para poder seguir adiante, consolidando os logros xa alcanzados e sacar ao mercado as nosas novas e prometedoras ideas.

Cremos firmemente no noso proxecto, nas posibilidades de investigación e innovación no campo da cosmética e na necesidade de construír un mundo rural máis ecolóxico e sustentable. Só nos falta a túa imprescindible colaboración.

Grazas.

Características básicas

Muuhlloa abrangue desde o cultivo das plantas medicinais ata a obtención dos extractos necesarios que, xunto co leite recentemente muxido, son a innovadora base dos nosos produtos. Actualmente están dispoñibles no mercado os seguintes artigos: leite corporal, loción capilar e crema rexeneradora facial (ver descrición e composición en apartado recompensas).

As esencias do noso proxecto son:

  • Crear cosmética ecolóxica e sustentable (certificación BioVidaSana ECOPlus), elaborada cunha alta concentración en principios activos.
  • Xerar unha economía colaborativa, Km 0, con empresas rurais e ecolóxicas da nosa contorna ( bagazo de sidra ecolóxica Ribela, alga ulva lactuca de Mar de Ardora, cera de abellas de Polemel, mel de Sovoral, fermento de cervexa de Toupiña...).
  • Defender unha economía social apoiando ao pequeno comercio e grupos de consumo.
  • Revitalizar e aproveitar o enorme potencial humano existente na nosa comarca e no rural en xeral.
  • Recompensar aos pequenos produtores cun prezo xusto na compra das súas materias primas.

Os nosos obxectivos:

  • Consolidar e expandir a rede de distribución ao pequeno comercio mediante unha política de trato directo que nos permita evitar as grandes cadeas e distribuidoras.
  • Financiar as investigacións xa en curso para a optimización cosmética de proxectos como un xel xampú sen xabón, unha auga micelar e un protector labial.
  • Recuperar a flora autóctona para o seu uso nas nosas novas formulacións.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Muuhlloa xurdiu para axuntar os esforzos que xa estabamos a realizar de forma individual co fin de dignificar o mundo rural, demostrando a posibilidade dun desenvolvemento rendible e sostible mediante a elaboración e coidado das materias primas ata a creación de produtos tan altamente tecnificados como a cosmética.
Facer chegar a un consumidor cada vez máis concienciado coa súa saúde e hábitos de consumo unha liña cosmética natural, sen ningún tipo de compoñentes tóxicos ou nocivos, á vez que altamente eficientes. A nosa intención é facer facilmente visible toda a trazabilidade do produto que acaban de adquirir; desde o seu cultivo e elaboración ata as formas de distribución, ofrecendo para iso xornadas de portas abertas na nosa empresa e todo o fluxo de información que os nosos clientes consideren necesario.

Experiencia previa e equipo

Tanto Granxa Maruxa, como a cooperativa Milhulloa, levan 19 anos traballando e innovando no medio rural.
Ambas as iniciativas foron premiadas a nivel nacional pola singularidade dos seus proxectos, o respecto aos animais e ao medio ambiente en xeral.
Somos un equipo de mulleres con formación nos campos da bioloxía, farmacia e o mundo empresarial.
Contamos cun laboratorio rural así como o apoio da Univesidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigacións Agrarias de Lourizán.

Compromiso social