Acerca deste Proxecto
Amosar listado de necesidades
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Funcionamento
Mantemento web, servizo aloxamento, tráfico, dominios, telefonía, comunicacións, gastos oficina…
|
€ 750 | |
Gastos da campaña de crowdfunding
Custos de adquisición e produción das recompensas, envíos e porcentaxe destinada á Fundación Goteo.
|
€ 500 | |
Gastos da campaña de crowdfunding
Custos de adquisición e produción das recompensas, envíos e porcentaxe destinada á Fundación Goteo.
|
€ 500 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Articulación coa rede internacional Clean Clothes Campaign
Participación da responsable da Campaña Roupa Limpa nos espazos de coordinación da rede internacional da Clean Clothes Campaign: viaxes, estancias e cota (contribución da CRL estatal ao sostemento da Clean Clothes Campaign)
|
€ 750 | |
Coordinación da Campaña Roupa Limpa no Estado español
Custos laborais necesarios para xestionar a Campaña Roupa Limpa no Estado español para a súa coordinación coa rede internacional da Clean Clothes Campaign
|
€ 3.000 | |
Accións urxentes
Custos laborais para coordinar o sistema de accións urxentes da Campaña Roupa Limpa, un mecanismo moi efectivo que mobiliza a consumidores e consumidoras para presionar ás marcas de moda cando se producen vulneracións dos dereitos de traballadoras. Con este sistema, recibimos, comprobamos, divulgamos e realizamos un seguimento en casos de peticións de apoio. As peticións ás que damos difusión e seguimento son as que proveñen das propias traballadoras, quen se expoñen a perder o seu traballo e arriscan a súa seguridade.
|
€ 3.000 | |
Investigación, sensibilización e comunicación
Custos laborais para: por unha banda, investigar a situación das persoas traballadoras do téxtil co apoio da rede de organizacións de traballadoras dos países produtores de roupa; por outro, concienciar e mobilizar ás persoas consumidoras.
|
€ 3.000 | |
Interlolución coas empresas
Custos laborais para manter un diálogo permanente coas principais empresas de moda españolas para que se responsabilicen e asegúrense de que os seus produtos se fabrican en condicións laborais dignas.
|
€ 1.000 | |
Coordinación da Campaña Roupa Limpa no Estado español
Aumentar a xornada laboral da coordinadora da Campaña Roupa Limpa no Estado español para poder xestionar máis accións urxentes, exercer máis seguimento e presión sobre as grandes marcas, realizar máis accións de difusión, sensibilización e mobilización.
|
€ 10.500 | |
Traducións
Tradución profesional das investigacións realizadas pola Clean Clothes Campaign relativa a marcas españolas e/ou con presenza no mercado español para que poidan ser empregadas nas accións de presión, sensibilización e mobilización da Campaña Roupa Limpa.
|
€ 1.500 | |
Total | € 12.000 | € 24.500 |
Información xeral
Non é un segredo que a maior parte da roupa que levamos cósese a miles de quilómetros do lugar onde a compramos. Pero, sabemos quen confecciona a roupa que levamos? En que condicións traballan e viven esas traballadoras? A roupa que vestimos está limpa de escravitude?
Miles de traballadoras sofren condicións laborais intolerables a cambio de salarios miserables.
Desde Campaña Roupa Limpa levamos máis de 30 anos apoiando a loita das traballadoras da industria da confección. Denunciamos as súas condicións de explotación e as prácticas comerciais e laborais das grandes marcas para lograr unhas condicións laborais dignas na industria téxtil e do calzado.
Agora precisamos apoio económico para poder seguir adiante.
Características básicas
Sabes que é a Roupa Sucia? Sabes de onde vén a roupa que levamos?
Ao tirar do fío descubrimos que a meirande parte da roupa que vestimos confecciónase alén do mundo. Detrás de cada costura agóchanse dúas realidades cosidas polo mesmo fío: a explotación laboral das traballadoras do téxtil e o consumo da roupa.
Roupa barata... á conta de quen?
- Salarios de miseria.
- Xornadas interminables: até 18 horas ao día e 7 días á semana.
- Inseguridade nas fábricas: no 2013 o edificio Ra Praza en Bangladesh derrubouse e acabou coa vida de 1.138 persoas. Non foi o primeiro desastre nin foi o derradeiro.
- Insalubridade no traballo: os químicos empregados en tinguiduras e lavados de roupa, e os espazos mal ventilados pon en perigo a saúde das traballadoras e do medioambiente.
- Represión sindical: en moitos países produtores, os gobernos prohiben os sindicatos independentes, así como a negociación colectiva. Quen se afilian a sindicatos sofren intimidación, despedimentos e, a miúdo, violencia física.
Todo polas esixencias de produción dun mercado consumista e capitalista. Rápido, bonito e barato.
Como podemos limpar a roupa de inxustizas?
As traballadoras da industria da confección, que suman case o 80% da man de obra dos países produtores, loitan polos seus dereitos uníndose en sindicatos ou organizacións de dereitos laborais para lograr mellores salarios e condicións de traballo. E está nas nosas mans apoiar esta loita como consumidoras da roupa que cosen.
Co apoio de moitas persoas a rede internacional Campaña Roupa Limpa, xunto ás traballadoras das fábricas, conseguimos durante estes últimos 30 anos grandes logros para mellorar a vida das persoas que cosen a nosa roupa:
- Acordo de Bangladesh sobre seguridade contra incendios e edificios: tras o derrube do edificio Rana Praza e a presión internacional ás marcas de moda, 220 empresas de roupa asinaron este acordo de seguridade, legalmente vinculante, que inclúe inspeccións rigorosas das fábricas. A posta en marcha deste acordo fixo que se deixasen de producir mortes por incendio ou colapso estrutural nas fábricas onde se completou a inspección e iniciáronse as renovacións.
- No 2017 o Parlamento Europeo aprobou o informe sobre a “Iniciativa Emblemática da Unión no sector da Confección” para lexislar e vixiar o respecto dos dereitos humanos en toda a cadea de subministración das industrias de roupa e calzado.
Anímaste a limpala nosa roupa?
Desde hai 30 anos, SETEM impulsou a Campaña Roupa Limpa no Estado español, coa complicidade e implicación de decenas de organizacións e miles de consumidores e consumidoras. A día de hoxe temos serias dificultades para manter a estrutura mínima que necesita unha campaña semellante para ser efectiva. É necesaria unha persoa cunha dedicación mínima que lle permita:
- Estar presente nos espazos de coordinación internacional onde se toman as decisións e organízanse as accións.
- Coordinar as actividades de sensibilización, mobilización e denuncia no Estado español.
- Manter a interlocución coas principais empresas de moda españolas.
- Soster o sistema de accións urxentes.
Aínda queda moito por facer e necesitamos o teu apoio para continuar co noso traballo e seguir presionando a grandes marcas como Zara, Mango, Desigual, Armani, D&G e moitas máis, para que paguen salarios dignos e cumpran os dereitos laborais das persoas traballadoras.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
Inditex, Mango, Desigual, O Corte Inglés, Adolfo Dominguez... son algúns dos maiores grupos de distribución téxtil do mundo e están situados no Estado español. Estas grandes multinacionais teñen un gran poder de negociación e poden controlar cales son as condicións laborais das súas traballadoras, as persoas que cosen a nosa roupa. Elas merecen ter unha vida digna e temos que seguir loitando por iso.
É vital continuar co labor de investigación, interlocución e presión ás marcas de moda españolas a través da Campaña Roupa Limpa a nivel estatal e internacional. Para iso necesitamos o teu apoio. Este proxecto non interesa ás grandes multinacionais e ten moitas dificultades para seguir adiante. Por iso, pedímosche que nos axudes difundindo e/ou facendo achegas nesta campaña de crowfunding. Calquera achega será máis que benvida! Grazas :)
Por unha roupa que non estea manchada de escravitude
Por unha roupa limpa!
NecesitoRopaLimpia

Experiencia previa e equipo
A Campaña Roupa Limpa é unha rede internacional de ONG, sindicatos, organizacións feministas e persoas consumidoras, que traballa desde hai máis de 30 anos para mellorar as condicións de vida e laborais das persoas que traballan na industria global da confección.
Presente en 17 países europeos, Clean Clothes Campaign, é unha rede de máis de 250 entidades que presiona e chama á acción ás persoas consumidoras para reivindicar os dereitos laborais das traballadoras da industria téxtil.
A nivel estatal, a Campaña Roupa Limpa está coordinada pola Federación SETEM co apoio da Fundación Isabel Martín.
QUE FACEMOS?
- Realizar investigacións para evidenciar ás empresas que vulneran os dereitos humanos.
- Presión ás empresas e gobernos para que se responsabilicen e asegúrense de que os seus produtos se fabrican en condicións laborais dignas.
- Denunciamos as violacións de dereitos laborais das que nos informan as propias traballadoras e traballadores da industria téxtil.
- Concienciar e mobilizar ás persoas consumidoras aproveitando noso poder na cadea de consumo.

Compromiso social

Solidario
A Campaña Roupa Limpa utiliza o poder que temos á nosa disposición consumidores e consumidoras para cambiar as regras do xogo. Grazas ás accións de presión, conseguimos que se respecten os dereitos das traballadoras do téxtil. Día a día demostramos que podemos transformar a realidade e lograr un mundo no que ninguén vexa vulnerados os seus dereitos fundamentais.