Noites Teimudas: "Relatos de fracaso para chegar ao éxito"
É en poucas palabras un evento que conxuga palabra, humor e cultura.
Palabra xa que desde un formato "stand up comedy" distintos relatores do eido cultural e artístico cóntannos as súas historias persoais/profesionais. Humor xa que o contan desde un lugar distendido e desde a crúa realidade, e cultura; pois todos os convidados son creadores de diferentes disciplinas artísticas.
É ademais un evento que pon o foco nun tema "tabú" para a nosa sociedade consumista e superficial como é o fracaso e que mira ademais á periferia cultural tantas veces fagocitada polo centro e o mainstream.
Tras recibir a axuda Iniciativa Xove da Xunta de Galicia no ano 2019, e despois dunha longa pausa por cousa do Covid e outros mesteres da vida adulta (afianzar un emprego estable na cultura) quero relanzar estas veladas que tanto gustaron xa na súa primeira edición. É por esa razón pola que decidín realizar este crowfunding , pois a miña idea e desexo é conseguir o financiamento necesario para poder realizar outras tres edicións: Unha en Santiago, outra en Coruña e unha terceira noutra das principais cidades galegas aínda por determinar.
Relatores do prestixio de Lucia Aldao, Abraham Cupeiro ou Diana López Varela xa pasaron polas veladas, e para esta nova edición os invitados non vos deixasen indiferentes.
Ademais, para esta ocasión, vou ser eu mesma a que poña a nota musical xunto ao músico e intérprete Narci Rodríguez. Unha faceta miña que moitos non coñezades, pero que levo un tempo preparándome para poder compartir convosco e faime especial ilusión.
Para aqueles que non coñezades este evento, alén de recomendar ver o vídeo que comparto convosco ao principio de todo; explicar que trata de 3 a 4 intervencións a modo "stand-up" duns 20minutos de duración cada unha onde os relatores en base á súa personalidade e disciplina contan a súa historia, e nas pausas; tócanse un par de cancións a modo concerto íntimo. A atmosfera é familiar e distendida e cando rematar; farase algún tipo de dinámica opcional para que os asistentes coñézanse e póidanse crear sinerxías.
Características básicas
NOITE DE RISA: Unha velada para naturalizar o fracaso e rirnos de nós mesmos e dos reveses vitais e profesionais a través dos testemuños dos relatores invitados.
NOITE DE TEIMA:Unha velada onde nos conectaremos co poder da teima e da acción. Existe algo mais galego que isto?
Perseverar e non renderse sempre trae os seus froitos
NOITE DE CULTURA Unha velada para poñer en valor as iniciativas e as persoas que traballan no sector cultural e artístico deste noso pais. A cultura é un dereito e un piar fundamental para crear un mundo mellor, mais xusto e humano.
Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
Vai dirixido a todas as persoas inquietas que gocen de escoitar historias, de aprender cousas novas e de escoitar música nun formato intimo e familiar. Ademais se colaborades con este bonito evento que tanta ilusión faime relanzar despois de tanto tempo; poderedes conseguir as seguintes recompensas que se explican mellor no seu correspondente no seu apartado
Experiencia previa e equipo
Son Sofia Arangüena, comisaria e coordinadora destas veladas culturais desde 2018. A primeira velada fíxena sen un centavo na Unitaria (Santiago de Compostela) espazo e persoas que o xestionan ás que lles estou inmensamente agradecida e a cal xa tivo bastante poder de convocatoria para unha recen chegada á cidade e a Galicia.
Din que son xestora cultural pero en realidade o que fago é coordinar procesos dentro do cinema e dentro de proxectos Erasmus + de mocidade e participación. Basicamente fago que as cousas vaian sucedendo e apago moitos lumes.
O que mais adoro neste mundo é cantar, bailar e facer teatro. O meu soño converterme en mocatriz :P así que se esta edición faise realidade; estarei cada vez mais preto diso. ¡¡Axudádeme a conseguilo!!
Aquí unha pequena mostra do meu primeiro atrevemento cantareiro fai uns poucos meses atrás
https://www.facebook.com/sofia.lopezaranguena/videos/622972023300027/