¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Odina, sempre adiante!

Financiado o 30 / 03 / 2026
Cofinanciado!
Obtido
€ 15.020
Mínimo
€ 12.500
Óptimo
€ 20.000
165 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 20

    ESTROPO

    Coa túa doazón farás posible a compra dos materiais necesarios (madeira, cravos, pinturas e aceites...) para axudar aos traballos de recuperación do Odina. Terás como agasallo unha lámina coa imaxe do Odina (que che enviaremos en PDF) e estarás incluída na listaxe de colaboracións do proxecto con recoñecemento e agradecemento pola túa achega. Faremos unha celebración para todas as persoas colaboradoras e convidarémoste o día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Como persoa física, aportando 20€ o teu gasto real será de 4€. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 31 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    TOLETE

    Coa túa doazón farás posible a compra dos materiais necesarios e axudarás aos traballos de recuperación do Odina. A recompensa inclúe unha lámina impresa coa imaxe do Odina e estarás incluída na listaxe de colaboracións con recoñecemento e agradecemento pola achega ao proxecto. Tamén faremos unha celebración para todas as persoas colaboradoras e convidarémoste o día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 22 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    VELA

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha saída a navegar no Odina nas saídas que se programarán unha vez recuperado. O mesmo día poderás recoller o agasallo dunha lámina impresa coa imaxe do Odina e estarás incluída na listaxe de colaboracións. Tamén te convidaremos á celebración e ao día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 59 Cofinanceiros
  • Achegando € 120

    MOTÓN

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha sesión inicial de vela latina nunha xornada matinal de formación básica e unha saída de navegación a vela. Tamén inclúe unha praza nas saídas que se programarán unha vez recuperado e unha lámina especial personalizada. Convidarémoste á celebración e ao día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 250

    AMIZADE

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha navegación en grupo coas túas amizades (ata 6 persoas). E unha lámina especial coa imaxe do Odina personalizada. Tamén estarás convidada á celebración para todas as persoas colaboradoras.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 350

    CONFRARÍA

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha saída ao mar de mañá ou tarde (2h) con un grupo pechado no Odina (ou no Margaret Alison, ata 10 persoas) co agasallo dun pica-pica e unha cata de viños da adega Talcomraja. Inclúe tamén a lámina especial personalizada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Cofinanceiros
  • Achegando € 600

    ARDORA

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha saída exclusiva cunha xornada completa de navegación ao mar no Odina (ou no Margaret Alison) cunha cata de viños da adega Talcomraja. Recibirás unha lámina especial personalizada co agradecemento pola túa achega ao proxecto.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Cofinanceiros

Seguimos adiante! A toda vela!

16 | 02 | 2026
Seguimos adiante! A toda vela!

Moitísimas grazas polas achegas da trintena longa de persoas que xa se sumaron á campaña! O voso apoio é o impulso que precisamos para seguir adiante!

Temos un nivel de achega media superior ao que calcularamos pero, en cambio, non estamos conseguindo chegar ao número de colaboracións que preveramos mobilizar (e de seguro que quedan moitas achegas por materializar, porque nos dixestes que o fariades). O proceso de pago con Goteo non é nada complicado (pero pedide axuda en caso de que teñades calquera problema).

A nosa preocupación é que imos moi xustos no número de colaboracións para garantir o éxito da campaña e, por iso, estamos dando un novo pulo, con novas actividades, para achegarnos ao obxectivo final. Estamos preparando un peche da primeira parte da campaña para a fin de semana do 7-8 de marzo, pero deberiamos chegar a esa data sen sufrimento.

Se xa fixestes a vosa achega, pedímosvos que nos axudedes a facer difusión entre os vosos contactos, cunha invitación persoal para explicarlles o proxecto e animalos a colaborar; farédesnos un favor inmenso.

Seguimos en contacto e vémonos moi pronto! Sempre adiante!

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario