A "Ciudad de la Selva" é a crónica cinematográfica da derradeira fronte de batalla da Guerra Civil española a mediados dos anos 40. A historia deste grupo de refuxiados (fuxidos), que tratan de sobrevivir coa esperanza de que, ao final da Segunda Guerra Mundial, os exércitos aliados interveñan tamén en territorio español.
Tralo alzamento militar de 1936, moitos civís vense obrigados a desprazarse buscando un lugar seguro á espera do fin da guerra. A "Ciudad de la Selva" xorde como un asentamento de desprazados nos montes de Casaio (Ourense) que reúne, fundamentalmente, a galegos e asturianos opositores ao novo réxime franquista. Hoxe, grazas a un gran número de achados arqueolóxicos e ao testemuño de expertos e persoas que se relacionaron directamente con este grupo de disidentes, podemos reconstruír a historia destas persoas e saber que sucedeu nos montes de Casaio desde que formouse o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da garda civil en 1946.
Características básicas
Este é un proxecto audiovisual, xestado de xeito cooperativo, co que buscamos crear un documental que narre a última derradeira historia da Guerra Civil española. Diversos historiadores e xornalistas documentaron os sucesos acaecidos na "Ciudad de la Selva" sen saber que se trataba dun conflito desta magnitude e importancia a nivel historiográfico.
Foi nos últimos anos, co traballo arqueolóxico, historiográfico e antropolóxico de Sputnik Labrego cando descubrimos que a "Ciudad de la Selva" era un punto crave para a resistencia antifranquista no noroeste da península. Nos montes de Casaio cren que chegou a haber máis de 50 edificacións rudimentarias nas que puideron vivir ata 200 guerrilleiros e guerrilleiras. Desde alí xestionaban unha ampla rede de contrabando coa que sustentaban a súa loita contra as forzas franquistas.
Queremos crear unha obra que conte co testemuño científico, as evidencias históricas, e as paisaxes de Casaio como base obxectiva coa que expoñer os feitos que alí ocorreron. Para acompañar a estes feitos, queremos contar con entrevistas de persoas que viviron eses sucesos directa ou indirectamente, e fundilos cun metraxe animado para recrear escenarios e situacións froito das conclusións científicas de Sputnik Labrego e así dar ao público diferentes visións sobre os mesmos feitos.
O noso obxectivo principal é levar a cabo o documental, pero este á súa vez leva consigo unha proxección científica e novas oportunidades para Casaio. Que este proxecto saia adiante, pode supoñer máis financiamento para a investigación na zona, e unha posible saída laboral vinculada á cultura, ao patrimonio e ao turismo.
Motivación e a quen vai dirixido o proxecto
A principal motivación deste proxecto é narrar unha historia que, aínda que complexa e chea de matices, forma parte dunha memoria que corre o perigo de perderse para sempre. Dentro do que se veu denominando "memoria democrática", a memoria da guerrilla antifranquista e do maquis quedou relegada a un segundo lugar, o que supón un significativo esquecemento dunha das principais forzas antifranquistas e daquelas persoas que loitaron polo restablecemento dunha orde democrática. Igualmente, supón unha reivindicación da memoria local, neste caso a da aldea de Casaio, pero que é a memoria de moitos outros pobos e aldeas que tiveron que afrontar tempos moi difíciles, entre fogo cruzado.
Este proxecto vai dirixido a todas aquelas persoas que queren profundar na historia contemporánea de España e de Galicia desde un punto de vista crítico pero baseado no coñecemento científico.
Experiencia previa e equipo
Este proxecto está impulsado por unha asociación de carácter científico, Sputnik Labrego, e unha cooperativa audiovisual Metropolis.coop. Ao mesmo uníronse progresivamente outras organizacións como NERD Productions ou Catbeat.
Sputnik Labrego nace da confluencia de varias persoas vinculadas co mundo académico cuxos intereses céntranse no estudo das sociedades rurais contemporáneas. Deste interese naceu en 2017 o proxecto vinculado á "Ciudad de la Selva", cuxo obxectivo era profundar no coñecemento científico sobre a guerrilla antifranquista desde o punto de vista dos seus restos materiais. Desde entón, o equipo foi medrando, incorporando ás súas filas a expertos e expertas en Historia Contemporánea, Arqueoloxía ou Estudos de Xénero e colaborando con entidades de recoñecido prestixio internacional como o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Universidade de Santiago de Compostela ou a Universidade do País Vasco.
Metroopolis.coop é un grupo de profesionais do sector audiovisual, a publicidade e a programación informática fundado en 2018, coa determinación de crear proxectos que aporten ao desenvolvemento da economía social, sacar adiante iniciativas de carácter cultural e todo iso baixo estruturas de carácter colaborativo. O noso traballo actualmente céntrase en dar servizos de produción, gravación e edición audiovisual a outras empresas do sector en Galicia, a axencias publicitarias, produtoras e grupos mediatíceos.
Isabel Fdez Reviriego e Jose Vázquez son Catbeat, unha produtora musical multimedia situada en Vigo que traballa en todo o mundo. Este estudo creou bandas sonoras, deseñado sons personalizados e música a medida para videoxogos, películas, publicidade e proxectos experimentais. Isabel Fdez Reviriego é unha músico, produtora e compositora española actualmente a cargo de Aries, un proxecto unipersonal. Entre todos os seus proxectos publicou ao redor dunha decena de discos, entre eles oito albumes en España, Estados Unidos e Xapón. José Vázquez é músico e produtor. Durante 20 anos traballou como técnico de son en xiras de artistas do mainstream español como Manolo García ou Marea. Está a cargo dos estudos de gravación de Pastora.
NERD Productions é estudo de produción creativa que representa a unha ampla gama de directores e ilustradores coidadosamente seleccionados, elaborando estilos de acción en vivo, animación, técnica mixta e ilustración para TVC, contido en
liña, OOH / DOOH e máis. Somos defensores activos da diversidade e a inclusión, e buscamos, nutrimos e empoderamos constantemente a novos talentos, talentos femininos e talentos de orixes pouco representadas. O noso obxectivo é axudar a cambiar e remodelar a nosa industria para que sexa máis diversa e inclusiva, hoxe, mañá e para as xeracións futuras.