Apoia a continuidade do Delas Fest!

Santiago de Compostela, España
1ª rolda Restan 23 días
Obtido
€ 7.727
Mínimo
€ 8.900
Óptimo
€ 42.405
199 Cofinanceiros
Achegando € 10
TAG: deixa a túa pegada

Moitas grazas!
Para agradecer a túa colaboración, publicaremos o teu nome no vídeo-resume do festival, que difundiremos tanto nas nosas redes sociais coma na nosa páxina web. Se prefires que a túa achega sexa anónima, escríbenos a 7hcoop@7hcoop.gal.

> 33 Cofinanceiros
Achegando € 18
STICKER ART: adhírete á loita

Para agradecer a túa colaboración, publicaremos o teu nome no vídeo-resume do festival e enviarémosche unha colección de adhesivos, feministas e combativos, expresamente deseñados para a ocasión. Se prefires que a túa achega sexa anónima, escríbenos a 7hcoop@7hcoop.gal.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 23 Cofinanceiros
Achegando € 25
GRAFFITI: espalla a mensaxe (opción A)

Cunca de latón, realizada en colaboración con Retropot para a edición limitada Somos As Donas dos Saberes da Terra.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 20 Cofinanceiros
Achegando € 25
GRAFFITI: espalla a mensaxe (opción B)

Bolsa de algodón orgánico da edición limitada Somos As Donas dos Saberes da Terra. Serigrafiada artesanalmente en Do Paraná cun lettering en degradado de tintas á auga, conta con certificado de comercio xusto.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 20 Cofinanceiros
Achegando € 25
GRAFFITI: espalla a mensaxe (opción C)

Cunca de latón, realizada en colaboración con Retropot, con deseño orixinal do II Delas Fest.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 26 Cofinanceiros
Achegando € 25
GRAFFITI: espalla a mensaxe (opción D)

Máscara hixiénica ecosostible (talle adulto e infantil) realizada con tintas libres de substancias nocivas. Producida en colaboración con maskaeco, este deseño exclusivo e orixinal para o Delas Fest, é lavable e reutilizable, contando no seu interior cun espazo para filtros dun só uso. Cada unidade vén acompañada dun pack de filtros para 30 días, certificados por laboratorio en eficacia de filtración bacteriana dun 90%, e dispón de protección de dobre capa 1+1 de tecido malla interlock de 150gr. RPET 100% poliéster reciclado.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 07 Cofinanceiros
Achegando € 38
ADBUSTING: hackea o discurso (opción A)

Camisola de algodón orgánico de comercio xusto. Edición limitada con deseño orixinal para o II Delas Fest e serigrafía artesanal de Do Paraná. Diferentes talles e corte axustado ou solto.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 15 Cofinanceiros
Achegando € 38
ADBUSTING: hackea o discurso (opción B)

Camisola de algodón orgánico de comercio xusto. Edición limitada con deseño orixinal para o II Delas Fest e serigrafía artesanal de Do Paraná. Diferentes talles e corte axustado ou solto.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 22 Cofinanceiros
Achegando € 60
ADBUSTING: hackea o discurso (opción C)

Art Toy de edición limitada , creado en exclusiva para o crowdfunding e asinada polo autor, da colección Fat Craps. Cada peza será realizada en resina de poliuretano con pigmentos especiais. As súas cores poden variar respecto ás da foto xa que cada peza será creada manualmente de forma artesanal. (Tamaño: 7cm de alto, aproximadamente).

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 03 Cofinanceiros
Achegando € 100
POSTER ART: (en)marca o teu apoio

Fotografía dixital dunha das obras resultantes das intervencións do II Delas Fest en tamaño A4 e enmarcada artesanalmente por Casal de Creación. Poderás escoller a que máis che guste na galería de imaxes que che facilitaremos.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 07 Cofinanceiros
Achegando € 130
POST-GRAFFITI: axita conciencias

Bote de spray customizado coma escultura Art-Toy. Cada peza, única e orixinal, estará ilustrada por unha artista diferente.

Para recoller a túa recompensa, a mellor opción para evitar a pegada de carbono é que nos visites na nosa oficina. Contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal e organizamos a entrega! Se vives lonxe ou non te podes achegar, facemos o envío por correo, gastos incluídos se é para un destino da Península. Para outras localizacións, escríbenos e falamos!

> 01 Cofinanceiros
Achegando € 800
MURALISMO: amplía o contexto

Mural de deseño sinxelo en espazo interior de, coma máximo, 2 x 3 metros de dimensión. Para outros formatos, contáctanos en 7hcoop@7hcoop.gal. O espazo a intervir debe localizarse dentro do territorio de Galicia.

> 00 Cofinanceiros
Achegando € 1.400
STREET ART: faite mecenas da igualdade

Mencionarémosche coma colaboradora en todas as publicacións e informacións relacionadas coa actividade e incorporaremos o logotipo da túa empresa ou entidade, de ser o caso, en todo o material gráfico e de comunicación do proxecto, ao que quedarás vinculada coma mecenas da igualdade.

> 01 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

O primeiro festival feminista de arte urbana e contextual de Europa precísate. Axúdanos a organizar a II edición!
Tarefa Mínimo Óptimo
Honorarios para a realización de catro intervencións artísticas
Esta cantidade abrangue o total de honorarios a pagar polo traballo de realización de catro intervencións artísticas. Cada concello participante no proxecto acollerá un mural ou instalación, realizado por unha artista ao longo dunha semana.
€ 6.800
Desenvolvemento de catro obradoiros de creación
Queremos que cada municipio do festival acolla un obradoiro de creación dirixido por unha creadora ou colectivo artístico. Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios das persoas encargadas de impartilos.
€ 2.300
Honorarios por labores de comisariado
Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios da persoa responsable do comisariado do festival. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 3.045
Honorarios por labores de coordinación e mediación
Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios da persoa encargada de desempeñar tarefas de coordinación e mediación. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 2.030
Honorarios por labores de apoio técnico
Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios da persoa encargada de desempeñar tarefas de apoio técnico durante a realización do festival. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 1.557
Honorarios por labores de comunicación
Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios da persoa encargada de desempeñar tarefas de comunicación e difusión do festival. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 2.030
Honorarios por labores de deseño gráfico
Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios da persoa encargada de desempeñar tarefas de deseño gráfico. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 914
Honorarios por labores de documentación fotográfica
Esta cantidade correspóndese co pagamento dos honorarios da persoa encargada de desempeñar tarefas de documentación fotográfica. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 1.246
Honorarios por labores de documentación videográfica
Esta cantidade corrspóndese co pagamento dos honorarios da persoa encargada de desempeñar tarefas de documentación videográfica. Este labor será realizado por unha integrante de 7H Cooperativa Cultural.
€ 1.523
Material Mínimo Óptimo
Materiais para a realización das pezas artísticas
Botes de pintura, pinceis, brochas, roletes, cubetas...Todo o preciso para poder realizar intervencións artísticas en muros e superficies pequenas. A realización de murais de maior formato requiriría do uso de grúas elevadoras e dun maior investimento en materiais, polo que non o incluímos neste orzamento de mínimos.
€ 1.200
Custos derivados da xestión e produción das recompensas na primeira fase de financiamento
Esta cantidade abrangue os custos derivados da xestión e produción das recompensas na primeira fase de financiamento. Tanto as achegas realizadas a través de pagamentos bancarios como mediante os métodos de pago TPV ou PayPal xeran custos. No caso das transaccións bancarias, a comisión é dun 0’8% mentres que nas achegas feitas a través de PayPal é do 3,4% + 0,35 € por transacción. Ademais, deberemos asumir os custos de enviar as recompensas a distintas localizacións. Cabe sinalar que este é un custo estimativo, pois resulta complicado establecer, a priori, o número de envíos que precisaremos realizar, xa que dependerá do éxito que teña a campaña e do tipo de mecenados que sexan máis escollidos.
€ 500
Cartelería e difusión
Esta cantidade correspóndese cos gastos de impresión da cartelería do festival, parte da estratexia de difusión do mesmo.
€ 1.000
Custos derivados da xestión e produción das recompensas na segunda fase de financiamento
Esta cantidade abrangue os custos derivados da xestión e produción das recompensas na fase de consecución do financiamento óptimo. Tanto as achegas realizadas a través de pagamentos bancarios como mediante os métodos de pago TPV ou PayPal xeran custos. No caso das transaccións bancarias, a comisión é dun 0’8% mentres que nas achegas feitas a través de Paypal é do 3,4% + 0,35 € por transacción. Ademais, deberemos asumir os custos de enviar as recompensas a distintas localizacións. Cabe sinalar que este é un custo estimativo, pois resulta complicado establecer, a priori, o número de envíos que precisaremos realizar, xa que dependerá do éxito que teña a campaña e do tipo de mecenados que sexan máis escollidos.
€ 3.500
Infraestrutura Mínimo Óptimo
Custos derivados das comisións de prestación de servizos de Goteo na primeira fase de financiamento
Goteo precisa financiarse. O 5% do total que obteñamos na campaña correspóndelle á plataforma.
€ 400
Hospedaxe das artistas convidadas
Esta cantidade abrangue o pagamento da hospedaxe das seis artistas convidadas (das catro encargadas das intervencións artísticas e de dúas das que realizarán os obradoiros), algunhas das cales non residen en Galicia.
€ 1.700
Desprazamentos e dietas
Esta cantidade abrangue tanto o pagamento das viaxes até os municipios nos que traballarán cinco das artistas convidadas, catro das cales residen fóra de Galicia, como os custos da súa estancia.
€ 1.950
Elevación e materiais para intervencións de gran formato
A realización de murais de gran formato require de infraestrutura especial e dun maior investimento en recursos. Esta cantidade refírese ao custos de alugar unha grúa elevadora e mercar pintura e demais materiais.
€ 3.000
Custos de pagamento da Seguridade Social
O pagamento dos honorarios do equipo encargado de levar adiante as tarefas de comisariado, coordinación e mediación, comunicación e deseño gráfico, documentación fotográfica e videográfica e apoio técnico serán asumidos por 7H Cooperativa Cultural. Esta cantidade inclúe o pago deses custos.
€ 5.575
Custos derivados das comisións de prestación de servizos de Goteo na segunda fase de financiamento
O 5% dos fondos que obteñamos na campaña correspóndelle a Goteo. A cantidade aquí indicada é a que lle pertencerá á plataforma en caso de que logremos recadar o total do orzamento óptimo.
€ 2.135
Total € 8.900 € 42.405
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

Unha revisión feminista da arte urbana: contra a discriminación, crítica creativa

Malia a súa crecente expansión e aceptación, a arte urbana continúa a ser un territorio masculinizado no que a presenza de mulleres artistas, tanto en festivais coma nas grandes citas do sector, é aínda minoritaria. En resposta a esta sistemática invisibilización e aos discursos que a xustifican baixo a escusa da suposta inexistencia de mulleres artistas na disciplina ou da igualmente falsa “menor calidade” das súas obras, en 7H Cooperativa Cultural iniciamos hai anos un proceso de investigación orientado a impugnar este relato, tan dominante nas instancias académicas dedicadas ao estudo da arte urbana coma arraigado entre profesionais do sector.

Baixo o convencemento de que existen mulleres que se interesan e crean desde a arte de rúa, con traballos da mesma valía e merecedores do mesmo respecto e recoñecemento que os asinados por homes, os nosos labores de estudo e pescuda desembocaron en 2017 na creación do programa artístico-educativo Elas tamén Pintan, un laboratorio de arte urbana en clave feminista orientado a concienciar á mocidade sobre as desigualdades de xénero neste eido creativo e a dotar ás mulleres máis novas dun espazo formativo e de creación libre e seguro.

Tralo éxito da iniciativa, recoñecida no 2018 co Premio Begoña Caamaño á Acción Cultural pola Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña, quixemos afondar na aposta pola reescritura da historia da disciplina de forma colectiva e desde unha perspectiva feminista a través da organización da I edición do Delas Fest.

Nado grazas ao apoio de diversas administracións públicas e patrocinadores privados, este festival feminista de arte urbana e contextual celebrouse en decembro de 2019 nos concellos de Ames, Teo e Santiago cun programa de actividades que combinou intervencións artísticas con obradoiros formativo-experimentais e faladoiros de análise e debate e no que se involucraron preto dun cento de participantes.

A estupenda acollida da programación, tanto por parte das oito artistas convidadas coma da veciñanza, asociacións e colectivos de toda a comarca implicados, dannos azos para tentar organizar unha segunda edición do festival que permita fortalecer as redes de traballo e ampliar os espazos de encontro construídos a raíz do Elas tamén Pintan e a primeira edición do Delas Fest. A celebración dunha nova cita resulta, ademais, fundamental para lograr que o proxecto se consolide na axenda cultural galega e, por tanto, para evitar que se perda todo o acadado previamente, tanto a nivel de construción de redes e contactos coma de interese público suscitado.

O mecenado do II Delas Fest: protagonismo colectivo fronte á crise

Ante este reto, contamos con enormes vantaxes no aspecto organizativo debido ás aprendizaxes adquiridas e a experiencia acumulada ao longo dos nosos cinco anos de traxectoria na xestión cultural, especialmente coa planificación e realización do I Delas Fest. Porén, enfrontamos dificultades importantes para dispoñer dos recursos necesarios para poder materializar o festival.

Por unha banda, aínda que agardamos lograr financiamento a través do apoio dos concellos implicados e de empresas patrocinadoras, sabemos que os custos totais do proxecto son superiores aos posibles fondos que poidamos reunir a través destas vías de colaboración. Pola outra, a nosa capacidade de manobra vese limitada e subordinda a un horizonte incerto e complexo. A crise provocada polo coronavirus, causante da declaración do estado de alarma e a consecuente cancelación e/ou adiamento de proxectos e actividades, afectou fortemente a nosa planificación e previsión anual, tanto no aspecto financeiro coma no referente á organización deste festival. En consecuencia, a ampliación de redes de apoio e cooperación, de difusión e construción de vínculos, coma a que permite este crowdfunding, resulta imprescindible para as posibilidades de existencia do II Delas Fest.

A través desta campaña procuramos conseguir, cando menos, os fondos mínimos (8.900 euros), para poder organizar o festival na súa versión máis reducida: a que se basea na realización, unicamente, de catro intervencións artísticas. Respecto do custo que suporía desenvolver o proxecto con toda a súa programación, esta cantidade só representa o 21% do total. Para poder cubrir todos os custos de material, infraestrutura e salarios do II Delas Fest, desenvolvendo todas as actividades previstas, precisariamos obter a cantidade definida coma óptima, é dicir, 42.405 euros. Cómpre sinalar que ambos os dous orzamentos foron definidos con anterioridade á pandemia da covid-19, polo que o seu incerto impacto nos próximos meses podería provocar desaxustes na nosa planificación. En todo caso, estamos a traballar para que todas as actividades propostas se realicen baixo o cumprimento dos protocolos hixiénico-sanitarios de seguridade que as autoridades competentes establezan.

Características básicas

Concibido coa vontade de situar a Galicia na vangarda da arte urbana diversa e con perspectiva de xénero, o proxecto aspira a renovar a súa aposta cunha segunda edición máis longa, extensa e diversificada mediante a ampliación do número de concellos implicados (pasando de tres a catro), a prolongación da duración do festival (de unha a catro semanas); e o incremento do número de persoas involucradas e de potenciais destinatarias das actividades.

Para acadar estes fins, queremos celebrar o festival nos contextos rurais dos concellos de Ames, Teo e Brión e en Santiago de Compostela entre o 24 de agosto e o 20 de setembro de 2020. Coma na súa primeira edición, a programación basearase na diversidade, a cooperación e a concepción da arte urbana coma unha arte contextual, é dicir, coma aquela na que as intervencións procuran relacionarse coa historia dos lugares nos que se realizan, co momento no que se fan, coa situación ou conflito que as motivan, coas persoas que colaboran nos procesos e, por suposto, co propio espazo físico que acollerá a obra final e formará parte dela.

Consecuentemente, o festival estará integrado polas seguintes actividades:

  • Intervencións artísticas. O traballo das participantes no festival encargadas de realizar as intervencións artísticas terá lugar en catro localizacións, de forma que cada un dos concellos involucrados no proxecto acolla un mural ou instalación.
  • Xornadas de convivencia. Antes de comezar as súas obras, as artistas convidadas reuniranse con, cando menos, unha asociación ou colectivo do concello no que vaian traballar co obxectivo de se achegar á historia e idiosincrasia do contexto nos que se insiren os espazos a intervir. A partir desta toma de contacto, espérase axudar ás creadoras a contribuír coas súas experiencias ás vilas de acolllida, establecendo así un diálogo creativo co territorio e as súas xentes.
  • Obradoiros de creación. Coordinados polas artistas convidadas, os obradoiros desenvolveranse nos catro concellos participantes e en paralelo ás intervencións do festival. Co propósito de ofrecer propostas a públicos con perfís diferentes, dous dos talleres orientaranse a persoas sen coñecementos previos que se queiran iniciar nas técnicas do grafiti e o muralismo. Os outros dous talleres destinaránse a quen estea interesada en perfeccionar os seus coñecementos e destrezas coas ferramentas propias das intervencións murais e contextuais.
  • Sesións de conversa e debate. A fin de reforzar a construción de espazos seguros de diálogo e discusión, celebraremos unha xornada de análise colectiva conformada por dous faladoiros individuais (un deles a cargo dunha das artistas participantes no festival e outro protagonizado por unha comisaria de arte urbana) e un diálogo-debate entre varias artistas procedentes de Galicia e de fóra do noso país.
  • Encontro de improvisación creativa. Coma colofón da xornada de debate, queremos celebrar unha jam ou encontro informal de improvisación pictórica aberto á participación de todo tipo de artistas. O obxectivo é crear un espazo de convivencia e creación nun ambiente seguro, distendido e horizontal. En todo caso, tanto este encontro coma a xornada de faladoiros só serán posibles en caso de lograrmos algún dos acordos de colaboración nos que estamos a traballar e/ou a totalidade dos fondos precisos para desenvolver o proxecto na súa versión completa.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

A necesidade desta proposta susténtase nunha confluencia de factores. A primeira e fundamental é que o mantemento das condicións de discriminación e desiguadade que sofren as mulleres da arte urbana, tanto no nivel simbólico coma no material, obriga a continuar artellando respostas críticas e transformadoras. O obxectivo prioritario do II Delas Fest é continuar a afondar na reescritura colectiva da arte urbana a partir da combinación de accións que, tanto desde un enfoque teórico e deliberativo coma desde unha perspectiva práctica, participativa e experimental, aborden e afronten os condicionantes, case sempre traducidos en obstáculos, que impón o xénero no traballo artístico no espazo público.

Esta aspiración concrétase nos seguintes obxectivos:

  • Combater os estereotipos e a discriminación de xénero cara ás mulleres artistas mediante a visibilización e reivindicación, a través da experiencia na rúa, da súa contribución á arte urbana.
  • Xerar espazos de análise, diálogo e intercambio de experiencias orientados ao establecemento de redes de colaboración e apoderamento entre as participantes que contribúan ao combate das desigualdades de xénero presentes no sector.
  • Facilitar referentes, ferramentas e técnicas creativas á mocidade e, especialmente, ás mulleres máis novas ou non profesionais que lles resulten de utilidade para o seu desenvolvemento persoal ou enriquezan o seu perfil profesional.
  • Promover a democratización da expresión no espazo público e descentralizar recursos e propostas culturais habitualmente destinadas ao contexto urbano cara ao rural, facilitando que a súa poboación poida participar da arte contemporánea.
  • Transformar as vilas e espazos rurais do noso país dun modo igualitario, apoiando que as mulleres ocupen o espazo público coas súas experiencias e creacións.
  • Converter ao noso territorio nun referente internacional da arte urbana feminista e contextual, potenciando a imaxe de Galicia coma destino cultural asociado á igualdade.

Formulado para desenvolverse cunha dimensión colectiva, o festival estruturase arredor dunha programación que garante a pluralidade de perfís das potenciais beneficiarias en canto a idades, ocupacións e intereses. Entre as destinatarias que agardamos involucrar coma suxeitos activos no festival están:

  • Colectivos e asociacións locais, concibidos coma axentes fundamentais na transformación artística dos espazos públicos en tanto que anfitrións das artistas.
  • Profesionais do sector, coma muralistas, ilustradoras e grafiteiras, e persoas afeccionadas á arte urbana que queiran tanto aproximarse ás técnicas deste campo coma perfeccionar as súas destrezas prácticas.
  • Programadoras de festivais de arte urbana e persoal técnico con competencias en materia de cultura, tanto de institucións públicas coma de entidades privadas.
  • Estudantado de carreiras artísticas, itinerarios formativos afíns ou alumnado con interese na arte de rúa.
  • Activistas feministas interesadas en obter recursos teóricos e técnicas para intervir a rúa coma soporte de expresión artística e política.
  • Persoas con inquedanzas artísticas e/ou interese en realizar un achegamento á arte urbana desde unha perspectiva de xénero.

Experiencia previa e equipo

7H Cooperativa Cultural, cun consello reitor integrado na súa totalidade por mulleres, está conformada por unha equipa multidisciplinar de traballadoras con formación e traxectoria nas áreas de xestión cultural, comunicación, educación e arte. A diversidade de perfís artísticos e profesionais presentes no grupo impulsor do proxecto, no que conviven persoas con estudos e/ou experiencia en historia da arte e comisariado artístico, ilustración, deseño gráfico, realización audiovisual, fotografía, comunicación, etc. garanten a convivencia enriquecedora de enfoques en todas as fases do proxecto.

A nosa experiencia coma empresa cooperativa especializada na realización integral de proxectos, actividades, exposicións e eventos artístico-culturais desde a súa formulación inicial até a súa execución final sustenta a nosa capacidade técnica na xestión de iniciativas da dimensión do Delas Fest.

Os nosos principios, aspiracións e dinámicas de traballo están fortemente arraigadas no noso territorio e na idiosincrasia de quen o habita. Así, ningún dos nosos proxectos é alleo á realidade sociohistórica na que nos atopamos. Máis ben, cada un eles responde e se relaciona coas historias e experiencias, conflitos e necesidades das persoas e lugares nos que traballamos. É por iso que, ao longo destes cincos anos de andaina no ámbito da xestión cultural, en 7H Cooperativa Cultural traballamos a prol da transformación social desde o diálogo, recoñecemento e a visibilización da diversidade, desde a loita pola inclusión e a igualdade, mediante dinámicas de creación colectivas baseadas na participación activa e inclusiva de todas as persoas, ás que consideramos suxeitos con capacidade de expresión artística e non simples públicos pasivos.

Compromiso social