Escoliña De Vilar

Imaxe de cabeceira
Ver vídeo
Financiado o 20 / 06 / 2016
Cofinanciado!
Obtido
€ 15.340
Mínimo
€ 11.216
Óptimo
€ 23.644
272 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 10

    Agradecemento, postal e invitación

    Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración

    > 37 Cofinanceiros
  • Achegando € 20

    Dous fancines

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + enviámosche dous fancines dos temas que ti escollas (saúde, natureza, elaboración de pan, agricultura, sementes, pedagoxías alternativas, sexualidade...)

    > 42 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    Plantamos unha árbore na túa honra

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + plantamos unha árbore na túa honra para repoboar o entorno da escola

    > 56 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Camiseta con logo

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + unha camiseta co logo do proxecto serigrafiado

    > 50 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Cesta pequena de produtos locais

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta pequena de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente.

    > 30 Cofinanceiros
  • Achegando € 200

    Cesta grande de produtos locais

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta grande de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente

    > 10 Cofinanceiros

Calendario de voluntarias para xuño e xullo

11 | 06 | 2016

Ola a todas!

Aquí chega o tan esperado CALENDARIO DE VOLUNTARIAS!! (pinchade e escribide)

Queredes vir axudarnos coas obras de reconstrucción da escoliña de Vilar? Somentes tedes que apuntarvos, deixar o voso correo electrónico e traer con vós ilusión e gañas de colaborar.

Temos preparadas dúas zonas de acampada, polo que precisaredes tenda, saco e esterilla. Para a comida podedes contar con hortalizas das nosas hortas e un kit de básicos (legumes, arroz, pasta e pan). Os caprichos corren pola vosa conta.

Podemos acoller a 10 persoas por fin de semán de traballo, aínda que tamén podedes apuntarvos días soltos. Tédesvos que organizar nos coidados (cociñar, limpar, buscar leña para a fogueira da noite e todo o que vos apeteza aportar para que as currelas e vós mesmas esteades a gusto).

Calqueira dúbida enviádea ao correo escolinhadevilar@riseup.net.


Aquí esperámosvos cos brazos abertos e a ferramenta preparada! Apertas dende a montaña.

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario