Achegando £ 9
Agradecemento, postal e invitación
Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración
> 37 Cofinanceiros
Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?
Debes iniciar sesión para interactuar coa comunidade de Goteo
Escoliña De Vilar

Min.
Opt.
Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + enviámosche dous fancines dos temas que ti escollas (saúde, natureza, elaboración de pan, agricultura, sementes, pedagoxías alternativas, sexualidade...)
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + plantamos unha árbore na túa honra para repoboar o entorno da escola
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + unha camiseta co logo do proxecto serigrafiado
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta pequena de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente.
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta grande de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente
Naquel Setembro de 1998 desembarco eu, voluntariamente, no meu destino interino, nunha escola de “difícil desempeño”: Negueira de Muñiz. Sentira eu falar , ou escuitara, ou ambas as opcions, dun concello remoto, ignoto, onde algúns nenos e nenas do cole cruzaban en barca o embalse de Salime e vivían nunha “comuna hippi”; os paisanos falaban un galego mui peculiar, era (e é) o concello mais despoboado de Galicia, e os ursos e as pitas do monte merodeaban próximos ou incluso entraban …. E alá fun !!
En estreita colaboración con Marisa, pouco tardei en facerme con aquela ducia e media de guajes, deste, “e mais do outro lado do embalse”. Como non podía ser doutra maneira, contactamos coas familias para un mellor entendemento educativo, e foi neste proceso que corroborei as miñas inquedanzas. Efectivamente, na realidade, as aldeas de Ernes, Vilar, Foxo, Castelo, Rozadas ou Vilauxín, tendían a funcionar con sentido de agrupamento autoxestionado, comunitario, e con muitas ganas de avanzar nesta dirección.
En canto lles ofertamos ás familias, dende o “colexio estándar” (así nos chamaban, cariñosamente, “os do outro lado”), a posibilidade de implicárense en actividades complementarias e extraescolares, non o dubidaron, e das aldeas e pueblius, de ambas as ourelas, chegou colaboración, en forma de obradoiros, tradicións, apoio, charlas ou dinámicas diversas.
Tres anos botei dando escola naqueles recunchos alternativos de solidariedade e san diferencia …
Nos últimos 15 anos dende aquela, non perdin o contacto e fun sabendo da positiva evolución e afianzamento da ampla comunidade alternativa, entre Barcela e Escanlar, que nunca deixou de promover e crear redes e espazos, virtuais e físicos, ó servizo deles mesmos (e de quen se puidera integrar) coa finalidade de vivir, aprender, e enriquecerse de xeito autónomo e á marxen do modelo unidireccional establecido.
Seguin descubrindo, con ledicia, que parte daquela poboación infantil de canda eu por alí andaba, retornara feita moza, xa formada e coñecedora de distintos modelos; outr@s non chegaron a marchar; “A Comuña” consolidárase en sentido amplo; núcleos familiares en aberto incorporáronse, e aquelas ideas, soños (permítaseme), aquel anhelado xeito de vida, foi construindose conxuntamente… A cousa foi enredándose e enredando e ós pouquiños foi callando, extendéndose, enraizando con nomes propios: Montes en Man Común; Cooperativa de Produtos auténticosRibeiregas; Local Colectivo Sociocultural de Ernes … sempre mediante metodoloxias baseadas na economía social integrada, coñecementos innovadores ou intercambios de experiencias (Mataveneiro, sen ir mais lonxe)
Actualmente xa chegou a necesidade dun espazo educativo propio, non dependente, próximo, sito na súa propia realidade xeográfica e socio- cultural que é galega, interxeneracional, por eles e elas ideado, bioconstruído, executado e xestionado, para que máis unha nova fornada de neníus pequeníus poidan ser educad@s no modelo no que cren; o do respeto, o do ritmo de cada quen, o da creatividade, o do novo enfoque social sen aillamento da realidade…; o modelo dos que cremos no Pensa global, actúa local.
A Educación en Transicion ferve agora mesmo nesas montañas, neses Montes de Negueira de Muñiz. Chegue o noso apoio e colaboración dende os Montes de Fornelos, e muitos outros lugares do alén, aquí conectados, e en rede, coma alÍ.
MestrePipo.
Fornelos de Montes, abril de 2016.
Iniciar sesión para deixar un comentario
Agradecemento, postal e invitación
Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración
> 37 Cofinanceiros
Dous fancines
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + enviámosche dous fancines dos temas que ti escollas (saúde, natureza, elaboración de pan, agricultura, sementes, pedagoxías alternativas, sexualidade...)
> 42 Cofinanceiros
Plantamos unha árbore na túa honra
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + plantamos unha árbore na túa honra para repoboar o entorno da escola
> 56 Cofinanceiros
Camiseta con logo
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + unha camiseta co logo do proxecto serigrafiado
> 50 Cofinanceiros
Cesta pequena de produtos locais
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta pequena de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente.
> 30 Cofinanceiros
Cesta grande de produtos locais
Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta grande de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente
> 10 Cofinanceiros
Calquera axuda na difusión do proxecto durante a campaña será benvida, sempre que se respecte a mensaxe orixinal.
Se sabes sobre o tema e che apetece botarnos unha man durante a obra, contacta connosco e quedamos.
Acolleremos voluntarios nos momentos da obra nos que fagan falta máis brazos. Se te apuntas, poñémonos de acordo e ves