Escoliña De Vilar

Imaxe de cabeceira
Ver vídeo
Financiado o 20 / 06 / 2016
Cofinanciado!
Obtido
€ 15.340
Mínimo
€ 11.216
Óptimo
€ 23.644
272 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 10

    Agradecemento, postal e invitación

    Agradecémoscho na web, descargas a postal co logo e invitámoste á festa de inauguración

    > 37 Cofinanceiros
  • Achegando € 20

    Dous fancines

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + enviámosche dous fancines dos temas que ti escollas (saúde, natureza, elaboración de pan, agricultura, sementes, pedagoxías alternativas, sexualidade...)

    > 42 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    Plantamos unha árbore na túa honra

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + plantamos unha árbore na túa honra para repoboar o entorno da escola

    > 56 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Camiseta con logo

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + unha camiseta co logo do proxecto serigrafiado

    > 50 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Cesta pequena de produtos locais

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta pequena de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente.

    > 30 Cofinanceiros
  • Achegando € 200

    Cesta grande de produtos locais

    Invitación á festa de inauguración, agradecémoscho na web, descargas a postal co logo + un par de fancines + camiseta con logo + unha cesta grande de produtos ecolóxicos plantados e/ou elaborados localmente

    > 10 Cofinanceiros

O que di Fernando de Marcelín

04 | 06 | 2016

Di Raúl Zibechi que se fai comunidade con actos e traballos comunitarios. O colectivo de persoas implicadas en sacar adiante a Escoliña de Vilar está facendo xustamente iso. O seu pasar da teoría á práctica sinto que ten un potencial inmenso que ilusiona e empuxa a colaborar con el@s a moitas persoas que non vivimos no val de Negueira. Alí estanse unindo para pensar, sentir e decidir en colectivo como solventar as necesidades, neste caso educativas, mediante a cooperación da propia xente, autoxestión que nos fai un pouco máis libres fronte ó estado, porque a verdadeira liberdade só se pode construír colectivamente. Non é un camiño doado, xa que non é un lugar transitado senón un camiño que hai que construír paso a paso, tropezando, equivocándonos, aprendendo dos nosos erros, caendo e levantándonos xunt@s.

Quizáis o maior reto será o das persoas adultas socializadas como estamos nun entorno individualista que nos atravesa ata o máis fondo, ser capaces de manexar os sentimentos, potenciar a capacidade de diálogo, de comprensión da outr@, de chegar a acordos para transitar dende unha identidade baseada no EU a outra baseada no NÓS, algo natural e cotián nos pobos orixinarios (como as comunidades zapatistas) require en nós un traballo interno persoal potente que acompañe ó proceso de construcción colectiva.

Nese senso o proxecto da Escoliña de Vilar ademais de chegar a ser escola de crianzas xa está sendo escola de adult@s.

Por iso non é importante non ter definido previamente con moito detalle cal vai ser a liña pedagóxica, porque se vai ir construíndo entre tod@s, respondendo ás necesidades reais e coido que tan importante é respectar os ritmos individuais das crianzas como afacelas a colaborar entre si e asumir as súas propias decisións colectivas. O xeito de aprender a construír en colectivo é facéndoo dende nen@s, vivíndoo con naturalidade.

Un proverbio africano di que para educar a un nen@ fai falla unha tribu enteira, unha comunidade. Os que soñamos con procesos de autoxestión comunitaria das nosas necesidades percibimos con alegría que ó redor do proxecto da Escoliña de Vilar se está comezando a camiñar o camiño da comunidade.

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario