Financiado o 18 / 07 / 2014
Cofinanciado!
Obtido
€ 21.015
Mínimo
€ 19.950
Óptimo
€ 24.950
186 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 10

    Mención na plataforma

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv.

    > 20 Cofinanceiros
  • Achegando € 25

    Mención + bolsa de tea

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño.

    > 30 Cofinanceiros
  • Achegando € 35

    Mención + Bolsa de tea + Documental

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + un documental descargabel de Eguzki Bideoak

    > 11 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Mención + Conta de 5GB Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha conta de 5GB en Makusi para un ano.

    > 35 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    Mención + bolsa de tea + documental + libro

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + un documental descargabel de Eguzki Bideoak + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños.

    > 22 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Mención + Conta de 5GB en Makusi.tv + Conta en Nodo50

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha conta de correio en Nodo50 para un ano + unha conta de 5GB en Makusi para un ano.

    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 100

    Mención + Bolsa de tea + 2 Documentales + Libro + Conta en Nodo50

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + dous documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + unha conta de correio en Nodo50 (200MB) para un ano + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños.

    > 07 Cofinanceiros
  • Achegando € 250

    Mención + Bolsa de tea + 2 documentales + Libro + Conta en Nodo50 + Conta de Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + unha bolsa reutilizabel de tea cun bonito deseño + dous documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños + unha conta de correio en Nodo50 para un ano + unha conta de 5GB anuais en Makusi.tv.

    > 03 Cofinanceiros
  • Achegando € 500

    Mención + 2 Bolsa de Tea + 3 Documentales + Conta en Nodo50 para 2 anos + Libro + Conta en Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + dúas bolsas reutilizabeis de tea cun bonito deseño + tres documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + unha conta de correio en Nodo50 para dous anos + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños + unha conta de 15GB anuais en Makusi.tv.

    > 02 Cofinanceiros
  • Achegando € 1.000

    Mención + 2 Bolsa de Tea + 3 Documentales + Conta en Nodo50 para 2 anos + Libro + Conta en Makusi.tv

    Agradecemento personalizado na plataforma Makusi.tv + dúas bolsas reutilizabeis de tea cun bonito deseño + tres documentais descargabeis de Eguzki Bideoak + unha conta de correio en Nodo50 para dous anos + o libro "O kit da loita en internet" de Marga Padilla e editado por Traficantes de Sueños + unha conta de 25GB para un ano en Makusi.tv e ...

    > 04 Cofinanceiros

Amestu. Grabatu. Banatu / Soñar. Grabar. Compartir.

09 | 05 | 2014

makusi.tv, unha viaxe colectiva

Comeza a nosa viaxe. Decidimos percorrelo en tándem, e trocar a nosa realidade individual por unha múltiple. Un camiño poeirento transcorre baixo as cubertas das cámaras de goma, que brincan ao pasar sobre as pedras da senda e ao cruzar regatos e campos xa colleitados. Pedaleo coordinado, respiracións acompasadas, movementos en conxunto, xiros en harmonía. Unha de nós pode ser máis robusta, outra ter menor resistencia física. A primeira sabe que non pode acelerar se non ten en conta á última, a sentada ao final de todo intue que a compañeira de tres asentos máis adiante precisa beber un grolo. Téndelle a botella que refrescará o seu padal reseco.

Todas formamos un equipo, todas somos tidas en conta. Sentímonos protexidas, e sabemos que podemos contar co resto. As caídas suceden, pero erguémonos xuntas, coidámonos e respectamos. En ocasións xorden desencontros. Somos protagonistas con idiosincrasias diversas, toca un momento para descansar, dialogar e detectar os problemas para seguir adiante. Temos unha meta, a proxección e o esforzo en chegar a ela. O máis importante, a viaxe que construimos xuntas, aprender e equivocarse en grupo, gozar entre todas.

Logo dunha curva pronunciada, que aviva os nosos instintos, que nos achega aos nosos límites, decidimos afrontar un novo desafío: saímonos do camiño marcado e brincamos sen redes á Rede.

Nós queremos ser ese tándem virtual co que percorrer o labirinto de Internet, visibilizando loitas, disidencias e desobediencias. Construir unha zona cero, unha área libre do control externo na que participe a xente de “debaixo de”; onde non se roube información íntima ás que camiñan a carón nosa; onde tratemos de facer da liberdade de expresión un dereito o máis real posible, sen depender do que diga o goberno neoliberal correspondente ou o filtro moralista e reaccionario imposto pola plataforma dunha multinacional. Onde se poida compartir o coñecemento para chegar a ser máis dialogantes, xustas e conscientes.

Queremos construir makusi.tv e convertela nesa desexada ferramenta sobre rodas, unha lanzadeira para o corpo social. Para as precarias, para as loitadoras e as que saben que unha imaxe vale máis que mil palabras. Por iso dicimos: “Soñar. Gravar. Compartir”.

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario